Pico Cilindro
| Tipo | montaña | |||
|---|---|---|---|---|
| Situado na entidade xeográfica | Monte Perdido Massif (en) | |||
| Localizado na área protexida | Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Fanlo, España e Bielsa, España | |||
| ||||
| Cordilleira | Pireneos | |||
| Características | ||||
| Altitude | 3.328 m | |||
| Prominencia topográfica | 251 m | |||
| Illamento topográfico | 1,345 km | |||
| Material ou ingrediente | arenita | |||
| Historia | ||||
| Cronoloxía | ||||
| primeira ascensión | ||||
| 1864 | punto no tempo | |||
O pico Cilindro, tamén chamado Marboré ou Cilindro de Marboré, é un pico de 3.328 m de altura do macizo de Monte Perdido, dentro da cordilleira dos Pireneos e que se sitúa integramente en España (Val de Ordesa), pero moi preto da fronteira con Francia (Circo de Gavarnie) coa que limita o pico Marboré, estando incluído no español Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido e próximo ao Parque Nacional dos Pireneos. Dentro do macizo de Monte Perdido, os tres cumes maiores coñécense como as Tres Sorores ou Treserols, das que o Pico Cilindro (3.328 m) é a máis noroccidental e seguen o propio Monte Perdido (3.355 m) e o pico Soum de Ramond (3.263 m).
O seu nome débese á impresionante cara Norte, unha parede vertical redondeada cunha forma que recorda a un cilindro xeométrico e o seu sobrenome débese a que a mesma cara Norte domina o circo glaciar de Marboré, onde se acha o Ibón de Marboré.
| A Galipedia ten un portal sobre: Aragón |

