Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Os Cinco Aneis, son o principal símbolo dos Xogos Olímpicos modernos, un dos emblemas máis recoñecidos no mundo e un símbolo da paz.[1]
Para os Xogos Olímpicos na Antigüidade véxase este artigo.
Para os Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro 2016 véxase este artigo.

Os Xogos Olímpicos (XX. OO.)[2] (Jeux Olympiques en francés, e Olympic Games en inglés),[3][4] ou Olimpíadas[5] son o maior evento deportivo internacional multidisciplinario no que participan atletas de diversas partes do mundo. Os Xogos Olímpicos son considerados a principal competición do mundo deportivo, con máis de duascentas nacións participantes.[6] Existen dous tipos: os Xogos Olímpicos de Verán e os Xogos Olímpicos de Inverno, que se realizan cun intervalo de dous anos, segundo a Carta Olímpica: «Os Xogos da Olimpíada celébranse durante o primeiro ano dunha Olimpíada, e os Xogos Olímpicos de Inverno durante o seu terceiro ano».[4]

Os Xogos Olímpicos modernos inspiráronse nos do século VIII a. C. organizados polos antigos gregos na cidade de Olimpia, entre os anos 776 a. C. e o 393 d. C. No século XIX, xurdiu a idea de realizar uns eventos similares aos organizados na antigüidade, os que se concretarían principalmente grazas ás xestións do nobre francés Pierre Frèdy, barón de Coubertin. O barón de Coubertin fundou o Comité Olímpico Internacional (COI) en 1894. Desde entón, o COI converteuse no órgano coordinador do Movemento Olímpico, coa Carta Olímpica que define a súa estrutura e autoridade.

A primeira edición dos chamados Xogos Olímpicos da era moderna levaronse a cabo en Atenas, capital de Grecia, a partir do 6 de abril de 1896. Desde aquela oportunidade, foron realizados cada catro anos en diversas cidades do mundo, sendo as únicas excepcións as edicións de 1916, 1940 e 1944, debido ao estalido da primeira e segunda guerra mundial.

A evolución do movemento olímpico durante os séculos XX e XXI deu lugar a varias modificacións nos Xogos Olímpicos. Algúns destes axustes inclúen a creación dos xogos de inverno para deportes invernais, os Xogos Paralímpicos para atletas con algún tipo de discapacidade e os Xogos Olímpicos da Mocidade para atletas adolescentes. Os Xogos Olímpicos de inverno realizáronse por primeira vez en 1924, na localidade francesa de Chamonix. Orixinalmente realizados como parte do evento de verán, o COI considerounos como un evento separado retroactivamente, e desde esa data comezaron a realizarse no mesmo ano que os xogos orixinais. Posteriormente, co fin de potenciar o desenvolvemento dos eventos invernais, o COI decidiu desfasar a realización dos Xogos invernais a partir de Lillehammer 1994. Desde esa data, os Xogos Olímpicos de Inverno realízanse nos anos pares entre dous Xogos de Verán. Os primeiros Xogos Olímpicos da Mocidade de Verán celebráronse en Singapur en 2010, mentres que os Xogos Olímpicos da Mocidade de Inverno celebráronse en Innsbruck en 2012.

O COI tivo que adaptarse a unha variedade de avances económicos, políticos e tecnolóxicos. Como resultado, os Xogos Olímpicos afastáronse do amateurismo puro, segundo o previsto por Coubertin, para permitir a participación dos atletas profesionais. A crecente importancia dos medios de comunicación de masas iniciou o tema de patrocinio das empresas e a comercialización dos Xogos. Grandes boicots realizáronse durante a Guerra fría nos Xogos de 1980 e 1984.

O Movemento Olímpico consta de Federacións Internacionais de cada deporte, Comités Olímpicos Nacionais e Comités Organizadores de cada edición. O COI é responsable da elección da cidade sede. Segundo a Carta Olímpica, a cidade anfitrioa é responsable da organización e o financiamiento dos Xogos. O programa olímpico, composto polos deportes disputados nos Xogos, tamén está determinado polo COI. Existen diversos símbolos e cerimonias olímpicas, como a bandeira e a facho olímpico, así como as cerimonias de apertura e clausura. Preto de 13 000 atletas compiten nos Xogos Olímpicos de Verán e Inverno en 33 deportes diferentes e en aproximadamente 400 eventos. Os gañadores do primeiro, segundo e terceiro lugar en cada evento reciben medallas olímpicas: ouro, prata e bronce, respectivamente.

Na actualidade case todos os países están representados nos Xogos Olímpicos. Isto provocou diversos problemas: dopaxe, subornos e actos de terrorismo. Cada dous anos, os Xogos Olímpicos e a súa exposición aos medios, proporcionan aos atletas descoñecidos a oportunidade de alcanzar a fama nacional e internacional. Ademais constitúen unha oportunidade para o país e a cidade sede de darse a coñecer ao mundo.[Cómpre referencia]

Historia e características[editar | editar a fonte]

Os Xogos Olímpicos (chamados así por celebrarse na cidade de Olimpia na antigüidade) son a celebración deportiva internacional que ten lugar cada catro anos nunha cidade distinta e na que participan deportistas, na súa maioría, non profesionais[7].

Na súa orixe, os Xogos Olímpicos da Antigüidade foron festas relixiosas, culturais e deportivas celebradas na Grecia Antiga (776 a.C. - 392 d.C.) en honra aos Deuses maiores (Zeus, Apolo etc). Neles participaban os atletas, que debían ser cidadáns (soamente homes), os cales se adestraban durante anos nos ximnasios.

Moitas veces o termo Olimpíadas[8] (período de catro anos que media entre distintos Xogos Olímpicos, que na Grecia Antiga constituía unha unidade de medida do tempo, que servía para situar historicamente os feitos) faise sinónimo de Xogos Olímpicos, esta definición é tamén empregada con frecuencia na linguaxe xornalística, porén fan referencia a conceptos distintos e, en certa medida, opostos, xa que de forma xeral a olimpíada é xusto o tempo que non é xogo olímpico. Existe, polo tanto, a nivel lingüístico, certa polémica e aínda que a denominación institucional aposta por definir olimpíada como período entre xogos, na práctica en portugués, castelán, francés, inglés ou galego, Olimpíada pasou tamén a designar a celebración deportiva[9].

En 2016 atopábamonos na 31ª Olimpíada da era moderna, e os Xogos Olímpicos de 2016 de Río de Xaneiro foron conseguintemente os Xogos Olímpicos da XXXI Olimpíada. A partir do momento da súa finalización comezou a trixésimo segunda olimpíada, cuxos Xogos Olímpicos terán lugar en Toquio (Xapón) no ano 2020. Porén, non houbo ata a data 30 Xogos Olímpicos de verán, senón unicamente 27. Os Xogos da sexta olimpíada (Berlín 1916), da duodécima (Helsinqui 1940) e da décimo terceira (Londres 1944) non se chegaron a realizar por mor das guerras mundiais, pero o calendario de olimpíadas seguiu correndo.

Orixe e nome[editar | editar a fonte]

O termo olímpico ou olimpíada vén do nome da cidade de Olimpia, en Grecia, onde por volta do ano 776 a.C., comezáronse a celebrar polo verán na honra de Zeus, un certame de xogos deportivos cada catro anos, até que o emperador romano Teodosio I decidiu suprimilo, no final do século IV d.C. Polo tanto a cidade de Olimpia (Olumpía, na forma grega orixinaria, en relación co Olimpo (Ólumpos, ‘o alto entre o máis alto’), a morada dos deuses–, empregando para iso o xenitivo olumpiádos, que pasa ao latín como olympiadis) é o eixo vertebrador de todo o léxico asociado ás Olimpíadas (do adxectivo olímpico -a, o adverbio olimpicamente ou o substantivo olimpismo, “o conxunto de valores e ideais propios dos xogos olímpicos”) e tamén o piar de boa parte da simboloxía propia do certame, como o rito de inauguración que consiste en prender a flama olímpica no estadio desta cidade para logo levala acesa nun facho deica o país de acollida dos xogos que corresponda en cada edición[10].

Época clásica[editar | editar a fonte]

Na Antigüidade existían diversas disciplinas, tendo cada unha un adestramento especial, e que se practicaban co corpo totalmente espido. As primeiras disciplinas foron: Pankration (loita a morte), Loita (practicamente tal como a coñecemos actualmente), Boxeo (moito máis cruel có actual, sen apenas normas), Carreiras de Carros, Carreiras a pé, Péntatlon, (consistente en lanzamento de disco, lanzamento de xavelina, salto de lonxitude, loita e carreira a pé) e Música (considerada unha competición máis).

En Olimpia chegáronse a celebrar 293 Xogos Olímpicos. Segundo a tradición estes empezaron no ano -776, continuaron mesmo baixo dominación romana, e só pararon coa chegada do cristianismo ao poder en Roma. O emperador Teodosio I aboliunos no ano 393, e como excusa dixo que eran pagáns. Foron reestablecidos no seu aspecto deportivo en 1894 polo barón de Coubertin, e ata a actualidade seguen practicándose.

Unha curiosa diferenza con respecto á actualidade é que na antiga Grecia tódolos conflitos armados eran suspendidos durante os Xogos, estes eran unha especie de tregua para tódolos participantes.

Século XIX[editar | editar a fonte]

No século XIX o francés Pierre Frèdy, barón de Coubertin, decide volver a organizar uns xogos semellantes aos da antigüidade, fundando o Comité Olímpico Internacional. O 6 de abril de 1896, celébrase en Atenas a primeira olimpíada da era moderna, que durou unicamente dous anos, e non catro, dende a fundación do Comité Olímpico Internacional en 1894 até os primeiros Xogos de 1896.

Actualidade[editar | editar a fonte]

Os deportistas modernos están suxeitos a múltiples presións, as cales os teñen levado a utilizar produtos para mellorar os seus logros, moitas veces poñendo en perigo a súa saúde. O Comité Olímpico Internacional estableceu dende 1968 os chamados controis anti-dopaxe que poden ser realizados en calquera momento a petición do COI e que poden desencadear a descualificación inmendiata do atleta que dea positivo nese control.

Xogos Olímpicos da era moderna[editar | editar a fonte]

Ano Evento Sede  
Xogos Olímpicos de Verán
1896 I Xogos Olímpicos Atenas Reino de Grecia Grecia
1900 II Xogos Olímpicos París Flag of France.svg Francia
1904 III Xogos Olímpicos Saint Louis Flag of the United States (1896-1908).svg Estados Unidos
1906 Edición extraordinaria Atenas Reino de Grecia Grecia
1908 IV Xogos Olímpicos Londres Reino Unido Reino Unido
1912 V Xogos Olímpicos Estocolmo Suecia Suecia
1916 VI Xogos Olímpicos Berlín Imperio Alemán Imperio Alemán
Suspendidos por mor da Primeira Guerra Mundial Ano Evento Sede 3by2white.svg
1920 VII Xogos Olímpicos Antuerpen Bélxica Bélxica Xogos Olímpicos de Inverno
1924 VIII Xogos Olímpicos París Flag of France.svg Francia 1924 I Xogos Olímpicos Chamonix Flag of France.svg Francia
1928 IX Xogos Olímpicos Ámsterdan Países Baixos Países Baixos 1928 II Xogos Olímpicos Sankt Moritz Suíza Suíza
1932 X Xogos Olímpicos Os Ánxeles Flag of the United States (1912-1959).svg Estados Unidos 1932 III Xogos Olímpicos Lake Placid Flag of the United States (1912-1959).svg Estados Unidos
1936 XI Xogos Olímpicos Berlín Alemaña nazi Alemaña 1936 IV Xogos Olímpicos Garmisch-Partenkirchen Alemaña nazi Alemaña
1940 XII Xogos Olímpicos Helsinqui Finlandia Finlandia 1940 V Xogos Olímpicos Garmisch-Partenkirchen Alemaña nazi Alemaña
Suspendidos por mor da Segunda Guerra Mundial
1944 XIII Xogos Olímpicos Londres Reino Unido Reino Unido 1944 VI Xogos Olímpicos Cortina d'Ampezzo Reino de Italia Italia
Suspendidos por mor da Segunda Guerra Mundial
1948 XIV Xogos Olímpicos Londres Reino Unido Reino Unido 1948 V Xogos Olímpicos Sankt Moritz Suíza Suíza
1952 XV Xogos Olímpicos Helsinqui Finlandia Finlandia 1952 VI Xogos Olímpicos Oslo Noruega Noruega
1956 XVI Xogos Olímpicos Melbourne Australia Australia 1956 VII Xogos Olímpicos Cortina d'Ampezzo Italia Italia
1960 XVII Xogos Olímpicos Roma Italia Italia 1960 VIII Xogos Olímpicos Squaw Valley Estados Unidos de América Estados Unidos
1964 XVIII Xogos Olímpicos Toquio Flag of Japan.svg Xapón 1964 IX Xogos Olímpicos Innsbruck Austria Austria
1968 XIX Xogos Olímpicos Cidade de México Flag of Mexico.svg México 1968 X Xogos Olímpicos Grenoble Flag of France.svg Francia
1972 XX Xogos Olímpicos Múnic República Federal de Alemaña República Federal Alemá 1972 XI Xogos Olímpicos Sapporo Flag of Japan.svg Xapón
1976 XXI Xogos Olímpicos Montreal Flag of Canada.svg Canadá 1976 XII Xogos Olímpicos Innsbruck Austria Austria
1980 XXII Xogos Olímpicos Moscova Unión Soviética Unión Soviética 1980 XIII Xogos Olímpicos Lake Placid Estados Unidos de América Estados Unidos
1984 XXIII Xogos Olímpicos Os Ánxeles Estados Unidos de América Estados Unidos 1984 XIV Xogos Olímpicos Saraxevo Iugoslavia Iugoslavia
1988 XXIV Xogos Olímpicos Seúl Flag of South Korea.svg Corea do Sur 1988 XV Xogos Olímpicos Calgary Flag of Canada.svg Canadá
1992 XXV Xogos Olímpicos Barcelona España España 1992 XVI Xogos Olímpicos Albertville Flag of France.svg Francia
1996 XXVI Xogos Olímpicos Atlanta Estados Unidos de América Estados Unidos 1994 XVII Xogos Olímpicos Lillehammer Noruega Noruega
2000 XXVII Xogos Olímpicos Sidney Australia Australia 1998 XVIII Xogos Olímpicos Nagano Flag of Japan.svg Xapón
2004 XXVIII Xogos Olímpicos Atenas Grecia Grecia 2002 XIX Xogos Olímpicos Salt Lake City Estados Unidos de América Estados Unidos
2008 XXIX Xogos Olímpicos Pequín Flag of the People's Republic of China.svg China 2006 XX Xogos Olímpicos Turín Italia Italia
2012 XXX Xogos Olímpicos Londres Reino Unido Reino Unido 2010 XXI Xogos Olímpicos Vancouver Flag of Canada.svg Canadá
2016 XXXI Xogos Olímpicos Río de Xaneiro Flag of Brazil.svg Brasil 2014 XXII Xogos Olímpicos Sochi Rusia Rusia
2020 XXXII Xogos Olímpicos Toquio Flag of Japan.svg Xapón 2018 XXIII Xogos Olímpicos Pyeongchang Flag of South Korea.svg Corea do Sur

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Who Made the Olympic Rings?". The New York Times. Consultado o 31 de marzo de 2018. 
  2. Juegos Olímpicos, claves de redacción
  3. O inglés e o francés son os dous idiomas oficiais do Movemento Olímpico.
  4. 4,0 4,1 Comité Olímpico Internacional (ed.). "Olympic Charter" (PDF) (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2013. 
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para olimpíada.
  6. "Olympic Games". Encyclopædia Britannica (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2013. 
  7. Definición no Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña, RAG, 2012
  8. Olimpíadas, escrito normalmente en plural e letras maiúsculas.
  9. Servizo de Normalización Lingüística da USC.
  10. Artigo sobre as Olimpíadas no Porta das Palabras

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]