Biscaia
| Bizkaia (eu) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | País Vasco | ||||
| Capital | Bilbao | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.160.133 (2024) | ||||
| Lingua usada | lingua éuscara | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 2.217 km² | ||||
| Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
| Punto máis alto | Gorbeia (1.481 m) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | Deputación Foral de Biscaia | ||||
| • Deputado Xeral | Unai Rementeria (2015–2023) Elixabete Etxanobe (2023–) | ||||
| Órgano lexislativo | Xuntas Xerais de Biscaia , | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 48 | ||||
| ISO 3166-2 | ES-BI | ||||
| Código NUTS | ES213 | ||||
| Código INE | 48 | ||||
| Sitio web | bizkaia.net | ||||
Biscaia[1][2] (en éuscaro e oficialmente: Bizkaia; en castelán: Vizcaya) é unha provincia de Euskadi, ademais de ser unha das sete provincias do histórico País Vasco. Dá nome ao golfo de Biscaia e sitúase ao norte da Península Ibérica, limitando ao norte co mar Cantábrico, ao sueste coa provincia de Burgos, ao sur con Áraba, ao leste coa provincia de Guipúscoa e ao oeste con Cantabria. A súa capital é Bilbao.
A provincia esténdese por unha superficie de 2217 km², e no ano 2006 contaba cunha poboación de 1 139 863 habitantes, polo que ofrecía unha elevada densidade de cerca de 514 hab/km².
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo Biscaia ten unha etimoloxía discutida. Para algúns significa cima, e sería un sinónimo da actual palabra vasca bizkar 'touticeira'.[3] No ano 1141 en referencia á cima do monte Igeldo de Donostia, aparece inscrito o seguinte topónimo: Iheldo Bizchaya (cima de Igeldo); tamén en Navarra, hai unha comarca denominada "A Biscaia", que pode significar "A cima". Propuxéronse tamén outras etimoloxías, como bits-kaia (porto de espuma), menos probables.
Poboación
[editar | editar a fonte]Segundo o censo INE 2007, Biscaia conta con 1 141 457 habitantes (denominados "biscaíños") e a súa densidade de poboación é de 514,1 hab/km;, só superada por Madrid e Barcelona. Quinta provincia española por poboación en 1981, a pesar da crise demográfica que vén sufrindo desde a Transición é aínda a novena provincia española en número de habitantes. Debido a que desde principios dos 80 presentou un forte saldo migratorio negativo cara a outras rexións de España, contaba no 2005 tan só cun 3,19% de estranxeiros, cinco puntos e medio menos que a media nacional.
| Concellos máis poboados (2010)[4] | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Posición | Concello | Poboación | |||||
| 1ª | Bilbao | 353.187 | |||||
| 2ª | Barakaldo | 99.321 | |||||
| 3ª | Getxo | 80.277 | |||||
| 4ª | Portugalete | 47.856 | |||||
| 5ª | Santurtzi | 47.004 | |||||
| 6ª | Basauri | 42.452 | |||||
| 7ª | Leioa | 29.217 | |||||
| 8ª | Sestao | 29.224 | |||||
| 9ª | Galdakao | 29.254 | |||||
| 10ª | Durango | 28.261 | |||||
| 11ª | Erandio | 24.294 | |||||
| 12ª | Amorebieta-Etxano | 17.969 | |||||
| 13ª | Bermeo | 17.026 | |||||
| 14ª | Mungia | 16.527 | |||||
| 15ª | Gernika-Lumo | 16.295 | |||||

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para biscaíño.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419.
- ↑ Auñamendi Eusko Entziklopedia - Etimoloxía
- ↑ Fonte: INE Instituto Nacional de Estadística (01-01-2010). Real Decreto 2124/2008, do 26 de decembro [1] Arquivado 01 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biscaia |
