Porco
Porco | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Porca co seu leitón | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Domesticado | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||
Sus scrofa domesticus Erxleben, 1777 | |||||||||||||||||
Sinonimia[1] | |||||||||||||||||
|
O porco[2] (tamén coñecido como cocho,[3] marrán,[4] chino[5] ou quino[6]) é un mamífero tipicamente doméstico, de nome científico Sus scrofa, aínda que algúns autores danlle o nome de Sus domesticus (ou Sus scrofa domesticus) para o diferenciar do porco bravo ou xabarín, ao cal se lle atribúe o nome de Sus scrofa.
Historia[editar | editar a fonte]
O porco domesticouse hai uns 5.000 anos. Chegou a Europa dende Turquía, e hai probas da súa domesticación no sitio arqueolóxico de Çayönü. Aínda que hoxe neste país este animal non aparece na gastronomía tradicional debido a ser agora un país islámico e esa relixión prohibe o consumo deste mamífero. Non existe en estado salvaxe na natureza.
En Galicia, a crianza do porco goza de gran tradición. Isto demóstrase na popular matanza do porco de San Martiño ou a fama de xamóns coma o de Lalín ou o da Cañiza.[7]
Utilidade[editar | editar a fonte]
O porco críase sobre todo pola súa carne, ben para ser consumida fresca, en salazón ou transformada en embutidos ou outros produtos cárnicos. Entre outros, do porco saen o lacón, o xamón, o touciño ou o chourizo. Este é o seu uso principal sobre todo na cría tradicional doméstica. Pero o porco fai bo o que se di del e ten outros moitos usos:
- Manufacturas:
- Medicina:
- Órganos internos: pola súa similitude cos humanos poden usarse para o estudo e a experimentación[10]
- Corazón: próteses valvulares cardiacas.[11]
- Ollos: concretamente as córneas, que se usan como base para crear córneas bioartificiais que poidan ser transplantadas a humanos.[12]
- Intestino:
- Heparina. O intestino de porco é unha das fontes deste anticoagulante[13].
- Sutura reabsorbible usada en cirurxía[14].
- Industria alimentaria:
- Pel, tendóns e outros restos: xelatina de uso alimentario, tamén coñecida como aditivo E-441. Neste caso aproveitase o coláxeno presente nos seus tecidos.
- Graxa: convertida por cocción en manteiga, esta pode ser usada como remedio tradicional, lubricante artesán ou como líquido de fritir ou materia prima doutras preparacións. O seu subproduto, o roxón, úsase para comer directamente ou como ingrediente doutras comidas.
Amais diso, tradicionalmente, sobre todo en Italia, usábase o porco para buscar trufas. O seu olfacto permítelle detectalas e co fociño e as patas foza ata atopalas.
Terminoloxía[editar | editar a fonte]
Entre outros nomes para porco en galego están o de cocho ou marrán. As crías do porco reciben os seguintes nomes (especialmente cando son moi novos e aínda maman): bácoro[15] ou bacoriño,[16] leitón,[17] marrancho,[18] rancho,[19] reco,[20] rello,[21] relo,[22] rengo,[23] zacote[24] ou marrote.[25] O porco macho adulto denomínase verrón,[26] cacheiro,[27] cachaceiro[28] ou cachazo.[29] Se se dedica a cubri-las femias, porco da semente, porco colludo, porco pai e castal,[30] castizal[31] ou castizo[32] (de aí o alcume de O Castizo que leva Cibrán, o protagonista da novela A esmorga de Eduardo Blanco Amor).
Produción[editar | editar a fonte]

Os porcos críanse en numerosos países, aínda que os maiores consumidores de porco a nivel mundial están en Asia. Existe un importante comercio internacional e mesmo intercontinental de porcos e de carne de porco. Aínda que a China ten a meirande produción en termos absolutos, precisa importar grandes cantidades para satisfacer a demanda, que se ten incrementado notabelmente ao longo do seu desenvolvemento como potencia económica. Os principais exportadores de porco son os Estados Unidos, a Unión Europea e o Canadá. Por exemplo, a produción canadense foi de 22,8 millóns de porcos no ano 2008 e máis da metade foi exportada a 143 países.[33]
Listaxe dos 10 principais criadores de porcos (2014) | ||||
---|---|---|---|---|
País | Produción (millóns) | |||
![]() |
474,1 | |||
![]() |
67,7 | |||
![]() |
37,9 | |||
![]() |
28,3 | |||
![]() |
26,8 | |||
![]() |
26,6 | |||
![]() |
19,1 | |||
![]() |
16,1 | |||
![]() |
13,9 | |||
![]() |
13,3 | |||
En todo o mundo | 986,6 | |||
Fonte: Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura FAO Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. |
Razas de porco doméstico[editar | editar a fonte]
- Véxase tamén: Lista de razas de porcos.
Porco celta[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Porco celta.

A raza de porco celta é unha variedade que até comezos do século XX era a maioritaria en Galiza. Despois de estar a piques de desaparecer durante os anos oitenta, en 1999 púxose en marcha a Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta. O apoio público coa creación dun rexistro da raza e a difusión das cualidades deste animal está a favorecer o rexurdimento da cabana maioritaria en Galiza, antes de se ver desprazada por novas razas que ofrecían un maior crecemento.
Outras razas: Berkshire, porco ibérico, porco tamworth, porco vietnamita e porco galés.
O porco na cultura popular[editar | editar a fonte]
Miss Piggy, Babe e Porky Pig son personaxes moi coñecidos no mundo audiovisual. Os tres porquiños, Piglet de A. A. Milne, Wilbur da novela Charlotte's Web, The Sheep-Pig, Zhu Bajie ou Napoleón do libro A revolta dos animais, son exemplos de porcos famosos na literatura.
En Galicia[editar | editar a fonte]
- Véxase tamén: O porco na cultura popular galega.
O porco e os seus produtos constitúen un importante elemento na gastronomía galega. Así, non pode estrañar que estea presente en numerosas festas gastronómicas repartidas por toda Galicia:
- Festa do Lacón: a mediados do mes de xullo, en Silleda (Pontevedra).
- Festa do Porquiño á Brasa: último domingo de agosto, en Amil (Pontevedra).
- Festa do Porquiño á Brasa: 16 de novembro, en Vilaxoán (Vilagarcía, Pontevedra).
- Festa do Cocido: celébrase, en Lalín, o domingo anterior ó domingo de Carnaval, desde 1969.
- Festa do Petote: celébrase en febreiro, en Carballedo, no concello de Cerdedo-Cotobade. O petote, tamén chamado bolo de pote ou petelo, é un bolo feito de fariña milla e fariña triga, cocido na auga do cocido.
- Cocido do Porco Celta: celébrase en Sarria, en febreiro.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Colin P. Groves (1995). "On the nomenclature of domestic animals" (PDF). Bulletin of Zoological Nomenclature 52 (2): 137–141. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de abril de 2011. Consultado o 18 de maio de 2013. Biodiversity Heritage Library
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para porco.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cocho.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para marrán.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chino.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para quino.
- ↑ Refraneiro popular: Para porcos, na Cañiza.
- ↑ http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/recursos_jcyl/am/5_34pielycuero/html/la_piel.htm
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2016. Consultado o 05 de febreiro de 2016.
- ↑ "Estudio experimental en el cerdo para la disección y sutura de prótesis aórtica por laparoscopia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de maio de 2016. Consultado o 29 de abril de 2016.
- ↑ http://www.fundaciondelcorazon.com/informacion-para-pacientes/tratamientos/protesis-valvulares.html
- ↑ http://elpais.com/diario/2010/11/22/necrologicas/1290380403_850215.html
- ↑ https://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/druginfo/meds/a682826-es.html
- ↑ http://scielo.sld.cu/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1025-02552009000500011
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bácoro.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bacoriño.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para leitón.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para marrancho.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rancho.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para reco.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rello.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para relo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rengo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zacote.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para marrote.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para verrón.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cacheiro.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cachaceiro.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cachazo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para castal.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para castizal.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para castizo.
- ↑ www.canadapork.com (ed.). "Canadian pork exports". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2017. Consultado o 6 de febreiro de 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Porco ![]() |
![]() |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Porco |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Guía de estudo dos porcos, da Universidade de California, Davis. (en inglés)