Estatuto de Autonomía de Castela e León
O Estatuto de Autonomía de Castela e León é a norma institucional básica da comunidade autónoma de Castela e León, España.
A Lei Orgánica 4/1983 de 25 de febreiro do Estatuto de Autonomía de Castela e León foi aprobada polas Cortes Xerais o 25 de febreiro de 1983.
Contexto histórico
[editar | editar a fonte]Apelando á identidade histórica dos antigos reinos de León e de Castela, e fiel a esa historia, Castela e León instituíu co Estatuto o seu máximo órgano representativo as Cortes, e institucionalizou á Xunta como órgano de goberno e administración, á fronte da cal sitúase o Presidente da Xunta de Castela e León, que é elixido polas Cortes de Castela e León e nomeado polo Rei. O Estatuto tamén dotou a Castela e León dun órgano de xustiza propio, o Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León.
Reformas
[editar | editar a fonte]foi reformado en catro ocasións: 1988, 1994, 1999 e 2007 para aumentar as competencias autonómicas e as atribucións do Presidente da Xunta. O actual comprende 91 artigos (organizados nun preámbulo,un título preliminar e sete títulos máis), tres disposicións adicionais, tres disposicións transitorias, unha disposición derogatoria e unha disposición final.
Na VIIIª lexislatura española, Castela e León manifestou, do mesmo xeito que outras Comunidades Autónomas, a intención de reformar o seu Estatuto. Unha das principais reclamacións foi a xestión da conca do río Douro que ocupa na súa práctica totalidade parte do territorio da Comunidade Autónoma, reclamación que foi atendida entre outras na reforma do 21 de novembro de 2007, unha vez aprobada a Lei orgánica no Senado. O artigo 75.1 do novo estatuto, polo que a Comunidade outorgábase competencias na xestión da conca do Douro, foi con todo declarado inconstitucional por sentenza unánime do Tribunal Constitucional.[1]
O Estatuto de Autonomía de Castela e León menciona no seu artículado aos Cartularios de Valpuesta, considerándoos como a colección de textos máis antigos en lingua castelá (século IX), situando así a Berce do Castelán na localidade de Valpuesta.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Estatuto de Autonomía de Castela e León (en pdf) (en castelán)