Antitauromaquia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acto antitaurino en Murcia en 2009.

Coñécese como antitauromaquia ao rexeitamento á tauromaquia, é dicir, ao acto de facer corridas de touros ou outros espectáculos ou festexos utilizando a estes animais.

As corridas de touros, no seu sentido moderno, nacen en España no século XVIII e desde entón espertaron críticas e desatado polémicas[Cómpre referencia], incluíndo prohibicións esporádicas, desde os mesmos comezos ata a actualidade. Os argumentos dos seus detractores cambiaron ao longo do tempo, segundo o momento histórico, e tivo xustificacións moi variadas: relixiosas, morais, económicas, estéticas, políticas e culturais entre outras.[Cómpre referencia]

En Galicia[editar | editar a fonte]

Manifestación antitaurina en Pontevedra.

En Galicia existe unha plataforma antitaurina, fundada en 2008, chamada Galicia, Mellor Sen Touradas, cuxo obxectivo é eliminar as escasas corridas de touros que se realizan nunha Comunidade con pouca afección á "festa nacional".[Cómpre referencia] Pontevedra é a única capital de provincia que ten unha praza de touros en activo, aínda que se realizan corridas noutras poboacións como A Coruña ou Padrón, ambas con subvención municipal.[Cómpre referencia]

Corridas de Touros en España:      Corridas de touros prohibidas.[1]      Corridas prohibidas,[Cómpre referencia] pero outras actividades donde hai touros protexidas por lei.[2]      Corridas legáis, pero prohibidas nalgúns lugares.[3]      Corridas legáis.      Corridas legáis e declaradas Ben de Interese Cultural ou Patrimonio Cultural Inmaterial.[4][5]

Segundo Gallup, o 86% dos galegos rexeitarían ou aborrecerían os festexos taurinos,[Cómpre referencia] unha das maiores oposicións á tauromaquia en España.

En 2010 Galicia, Mellor Sen Touradas iniciou unha campaña para declarar o maior número de municipios abolicionistas, baixo o nome "Queres declarar a túa cidade abolicionista?". De xaneiro a xullo, foron cinco as localidades galegas contrarias aos festexos taurinos: Cangas, Vedra, Dodro, A Pobra do Brollón e Teo.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Canarias fue la primera comunidad en prohibir los toros en 1991 rtve, 27.07.2010 [1]
  2. "El Parlament blinda los 'correbous' dos meses después de prohibir los toros", El Mundo, 23/09/2010 [2]
  3. Rede de Municipios Galegos pola Abolición [3]
  4. "Madrid culmina la declaración como bien de interés cultural de la fiesta de los toros", El País, 7 de abril de 2011 [4]
  5. "La Tauromaquia ya es oficialmente Bien de Interés Cultural en Castilla y León" [5] Salamanca24horas, 3 de abril de 2014 [6]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antitauromaquia

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]