Saltar ao contido

Porto de Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Porto de Barcelona
Barcelona Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Instalacións
Implicados
 Operador/a
 Presidente/a
Cifras e dimensións
 Superficie
   828,9 ha Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
VIAF131651427 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000090191234 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09jh7g Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Teléfono
932982100 Editar o valor en Wikidata
Twitter: PortdeBarcelona Instagram: portdebarcelona Youtube: UC6mv9uXBorD3XNt1dfb0mQw Flickr: portdebarcelona BNE: XX5085053 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O porto de Barcelona é o porto marítimo, industrial, comercial e pesqueiro da cidade de Barcelona, situado entre a nova desembocadura do río Llobregat e o barrio da Barceloneta, no mar Mediterráneo.

O Porto de Barcelona pódese dividir no porto comercial (principalmente carga en contedores), o porto cidadán (cruceiros, ferris, zonas de lecer, o Port Vell), o porto enerxético e o porto loxístico. Cada unha destas actividades dispón dun espazo propio e separado das outras, con instalacións e persoal especializado. É o maior porto do Mediterráneo en tráfico de cruceiros e o cuarto do mundo só detrás dos portos do Caribe.

Port Vell.
Gravado do porto de Barcelona. Século XVIII.

O porto de Barcelona naceu á vez que a cidade de Barcelona como un porto natural situado nunha praia que estaba entre unha pequena península que formaba a montaña de Montjuïc, e a antiga desembocadura do río Llobregat. Este era o único punto minimamente resgardado que podían utilizar os antigos navegantes en moitos quilómetros de costa.

Co paso dos séculos, a cidade e o seu porto foron gañando importancia, ata converterse na capital marítima dos reis de Aragón. A pesar diso o porto mantívose ao sur da montaña de Montjuïc ata que no ano 1378 as autoridades da cidade pediron ao Pedro IV de Aragón que continuase as obras portuarias que empezou o Pedro III de Aragón, o cal ordenara a edificación das Atarazanas Reais de Barcelona, que aínda hoxe en día seguen en pé formando en Museo Marítimo de Barcelona, e a construción dun porto ao norte da montaña de Montjuïc, debido a que a antiga localización perdera calado pola acumulación de areas.

O permiso para construír o novo porto artificial enfronte da cidade chegou o 8 de decembro de 1438, por orde de Afonso V o Magnánimo. Desgraciadamente unha década despois os temporais esnaquizaran todos os traballos realizados, e non foi ata o 1477, baixo reinado de Xoán II de Aragón, que se colocou o que seria a primeira pedra do porto definitivo.

Uniuse a antiga illa de Maians con terra firme mediante un espigón. Coas sucesivas ampliacións do porto, e a acumulación de area, a illa quedou unida a terra formando os terreos onde hoxe se asenta o barrio da Barceloneta.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

É o maior porto do Mediterráneo en cruceiros e o quinto do mundo (tan só por detrás dos portos do Caribe), debido á grande industria turística da rexión. Grazas á forza industrial da rexión é tamén un dos maiores portos de mercancías do Mediterráneo, xa que ten a Zona de Actividades Loxísticas (ZAL), ten acceso directo ó centro de Barcelona e conexións cos principais portos do mundo.

O porto divídese en porto comercial, porto cidadán (Port Vell), porto enerxético e porto loxístico. Cada unha destas actividades dispoñen dun espazo propio e separado das outras, con instalacións e persoal especializado. Conta en total cunha superficie terrestre de 829,9 ha[Cómpre referencia], e ten máis de 20 quilómetros de peirao.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]