Provincia de Badaxoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia de Badaxoz
Provincia de Badajoz
Provincia de Badajoz - Bandera.svg Provincia de Badajoz - Escudo.svg
Provincia Badajoz.png
Capital Badaxoz
Área 21.766 km²
Poboación 692.137 hab. (2010)
Densidade 31,8 hab./km²
Concellos 164
Xentilicio Badaxocense ou pacense

Badaxoz (en castelán: Badajoz) é unha das dúas provincias da Comunidade Autónoma de Estremadura, España. Pola súa área, 21.657 km2, é a provincia máis estensa de España. Polo norte limita coa outra provicia extremeña, Cáceres, con Cidade Real (enclave de Rincón de Anchuras) e con Toledo; polo leste confina con Cidade Real e Córdoba; polo sur con Sevilla e Huelva; e polo oeste linda coa antiga provincia do Alto Alentexo (Portugal). A súa capital é a cidade homónima.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O centro e centro-norte da provincia é un territorio chairo, con declive suave do terreo de leste (Monte Matilla, 914 m) a oeste (Badaxoz, 195 m; Monte Alar, 610 m). O centro-sur (Sierra Vieja, 812 m), e sobre todo o sur, son máis elevados. Na parte meridional, o relevo adquire maior potencia, nas proximidades da linde con a provincia de Huelva, onde se erguen cordais occidentais da Serra Morena: Serra de Tudia, con o Pico de Tentudia (1.104 m) .

O río Guadiana atravesa a parte norte da provincia de leste a oeste, e á altura de Badaxoz, pasa a incurvarse para o sur, conformando en boa medida a fronteira con Portugal . Os maiores ríos badaxocenses pertencen á súa conca; os máis importantes verten nel as súa augas pola marxe esquerda, seguindo, en xeral, unha dirección de corrente sur-norte: Zújar, Guadamez, Matachel, Ardila. Os afluentes da marxe dereita son máis curtos, limitados polos cordais occidentais da prolongación dos Montes de Toledo nos límites provinciais con Cáceres.

Clima[editar | editar a fonte]

A carencia de grandes serras no oeste fan que as borrascas atlánticas non atopen obstáculos de consideración; con todo Badaxoz está comprendido na zona de influencia do clima mediterráneo. As precipitacións son maiores que no interior e franxa oriental da península, cunha media de entre 500 e 600 mm anuais de media (Badaxoz capital: 506 mm), mentres a temperatura media anual é superior aos 15 °C[1]. Pódese falar dun clima seco e suave.

Demografía[editar | editar a fonte]

No ano 1998, na provincia de Badaxoz habitaban 663.803 habitantes (un total de 678.103 habitantes para o ano 2005 ). O crecemento vexetativo anual era positivo, cun 0,1 por cada 1000 habitantes. As taxas de natalidade e mortalidade eran de 9,6 e 9,66 respectivamente. Badaxoz capital ten unha poboación de 134.710 habitantes no padrón do ano 1998.

Comarcas[editar | editar a fonte]

Ao norte do Guadiana, fican: no centro as Vegas del Guadiana, e a oeste os denominados Baldíos de Alburquerque.

Núcleos urbanos[editar | editar a fonte]

Os municipios máis poboados da provincia de Badaxoz (INE 2007) son:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. J. Vilá Valentí, La Península Ibérica. Barcelona. Ariel. 1968, páxs. 88-69
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Badaxoz Modificar a ligazón no Wikidata