Estado Islámico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bandeira do Estado Islámico.
Territorio controlado por EI (21 de outubro de 2015).

O Estado Islámico de Iraq e Levante (árabe: الدولة الإسلامية في العراق والشام), tamén coñecido como Estado Islámico de Iraq e Siria (ISIS en inglés, ou o Estado Islámico de Iraq e ash-Sham, Estado Islámico (EI),[1] ou Daesh (داعش,[2] é un grupo militar extremista wahhabí/xihadista salafí e autoproclamado califato, e antigo protoestado non recoñecido que seguía unha doutrina fundamentalista, salafí do sunnismo.[3][4] Estados Islámico conseguiu a atención global a comezos de 2014 cando desprazou ás forzas do goberno iraquí fóra de cidades estratéxicas na ofensiva iraquí occidental,[5] seguida da captura de Mosul[6] e o masacre de Sinjar.[7]

O grupo foi descrito como unha organización terrorista polas Nacións Unidas e por moitos países de xeito individual. Estado Islámico é coñecido polos seus vídeos propagandísticos de decapitacións e outro tipo de execucións[8] a soldados e civís, incluíndo xornalistas e axuda humanitaria, así como pola destrución de lugares considerados patrimonio cultural.[9] As Nacións Unidas consideran a Estados Islámico responsables de violar os dereitos humanos e de crimes de guerra. EI tamén realizou limpeza étnica a grande escala no norte de Iraq.[10]

Historia[editar | editar a fonte]

Estado Islmáico naceu como Jama'at al-Tawhid wal-Jihad en 1999, prometendo lealdade a al-Qaeda e participaron na insurxencia iraquí despois da invasión do país de 2003 por forzas occidentais e principalmente polos Estados Unidos. O grupo proclamouse a si mesmo califato mundial[11][12] e comezou a referirse a si mesmo como Estados Islámico (en árabe: الدولة الإسلامية ad-Dawlah al-Islāmiyah) ou IS[13] en xuño de 2014. Como califato, reclamou autoridade relixiosa, política e militar sobre tódolos musulmáns do mundo.[14] A adopción do nome de Estado Islámico e a idea dun califato foron amplamente criticados, polo cal as Nacións Unidas, varios gobernos e representantes mundiais musulmáns rexeitaron a súa calidade de estado.[15]

En Siria, o grupo levou a cabo ataques contra as forzas do goberno e ás forzas da oposición, e en decembro de 2015 controlaban unha grande área do oeste de Iraq e o leste de Siria, cunha poboación estimada de 2,8 a 8 millóns de persoas,[16][17][18] onde cumprían a súa propia interpretación da xaria. Crese que EI está operativo en 18 países en todo o mundo, incluíndo Afganistán e Paquistán, con "pólas aspirantes" en Malí, Exipto, Somalia, Bangladesh, Indonesia e Filipinas.[19][20][21][22] En 2015, estimouse o orzamento anual de EI en máis de $1 billón de dólares estadounidenses e unha forza de máis de 30 000 soldados.[23]

En xullo de 2017, o grupo perdeu o control da súa meirande cidade, Mosul, en prol do exército iraquí.[24] Despois da súa meirande derrota, EI continuou a perder territorio en varios estados e fronte a forzas aliadas, chegando a non controlar ningún territorio significativo en novembro de 2017.[25] Os oficiais militares dos Estados Unidos e outras análises militares reportaron en decembro de 2017 que o grupo só mantiña o 2% do territorio que tiña anteriormente.[26] O 10 de decembro de 2017, o Primeiro Ministro iraquí Haider al-Abadi dixo que as forzas iraquí eliminaron os últimos restos do Estado Islámico no país, tres anos despois de que o grupo militante capturase preto dun terzo do territorio iraquí.[27]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BBC News, ed. (26 de setembro de 2014). "What is Islamic State?". Consultado o 9 de marzo de 2015. 
  2. Guthrie, Alice (19 de febreiro de 2015). Free Word Centre, ed. "Decoding Daesh: Why is the new name for ISIS so hard to understand?". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 15 de novembro de 2015. 
  3. Fouad al-Ibrahim (22 de agosto de 2014). Al Akhbar English, ed. "Why ISIS is a threat to Saudi Arabia: Wahhabism's deferred promise". Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2014. 
  4. Dolgov, Boris (23 de setembro de 2014). Oriental Review, ed. "Islamic State and the policy of the West". 

    Wilson, Rodney (2015). Islam and Economic Policy. Edinburgh University Press. p. 178. ISBN 978-0-7486-8389-5. 

    Cockburn, Patrick (3 de marzo de 2016). "End Times for the Caliphate?". London Review of Books 38 (5): 29–30. 

    Pastukhov, Dmitry; Greenwold, Nathaniel. "Does Islamic State have the economic and political institutions for future development?" (PDF). 

    Pedler, John (2015). A Word Before Leaving: A Former Diplomat's Weltanschauung. Troubador. p. 99. ISBN 978-1-78462-223-7. 

    Kerr, Michael; Larkin, Craig (2015). The Alawis of Syria: War, Faith and Politics in the Levant. Oxford University Press. p. 21. ISBN 978-0-19-045811-9. 

  5. "John Kerry holds talks in Iraq as more cities fall to ISIS militants". CNN. 23 de xuño de 2014. 
  6. Al-Salhy, Suadad; Arango, Tim (10 de xuño de 2014). The New York Times, ed. "Sunni Militants Drive Iraqi Army Out of Mosul". 
  7. Arango, Tim (3 de agosto de 2014). "Sunni Extremists in Iraq Seize 3 Towns From Kurds and Threaten Major Dam". The New York Times. 
  8. "A Short History Of ISIS Propaganda Videos". The World Post. 11 de marzo de 2015. 
  9. al-Taie, Khalid (13 de febreiro de 2015). "Iraq churches, mosques under ISIL attack". Al-Shorfa. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2015. 
  10. "Ethnic cleansing on a historic scale: The Islamic State's systematic targeting of minorities in northern Iraq" (PDF). Amnesty International. 2 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de marzo de 2015. 
  11. Roggio, Bill (29 de xuño de 2014). "ISIS announces formation of Caliphate, rebrands as 'Islamic State'". Long War Journal. 
  12. Withnall, Adam (29 de xuño de 2014). "Iraq crisis: Isis changes name and declares its territories a new Islamic state with 'restoration of caliphate' in Middle East". The Independent (Londres). 
  13. "What is Islamic State?". BBC News. 26 de setembro de 2014. 
  14. "What does ISIS' declaration of a caliphate mean?". Al Akhbar English. 30 de xuño de 2014. 
  15. Akyol, Mustafa (21 de decembro de 2015). "A Medieval Antidote to ISIS". The New York Times. 
  16. "Why ISIL Will Fail on Its Own". Politico. 29 de novembro de 2015. Consultado o 29 de novembro de 2015. 
  17. "How ISIS Rules". The New York Review of Books. Consultado o 9 de decembro de 2015. 
  18. Birke, Sarah (5 de febreiro de 2017). "How ISIS Rules". The New York Review of Books. 
  19. "Islamic State and the crisis in Iraq and Syria in maps". BBC News. 18 de outubro de 2016. 
  20. "Exclusive: In turf war with Afghan Taliban, Islamic State loyalists gain ground". Reuters. 29 de xuño de 2015. 
  21. "Pakistan Taliban splinter group vows allegiance to Islamic State". Reuters. 18 de novembro de 2014. 
  22. Zavadski, Katie (23 de novembro de 2014). "ISIS Now Has a Network of Military Affiliates in 11 Countries Around the World". New York. Consultado o 25 de novembro de 2014. 
  23. Gerges, Fawaz A. (2016). A History of ISIS. Princeton, New Jersey, USA: Princeton University Press. pp. 21–22. ISBN 9780691170008. 
  24. "PressTV-'US created, allowed regional funding of Daesh'". 11 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2017. 
  25. Russia's Syria Mirage Institute for Study of War website. By Matti Suomenaro, et al. 13 de agosto de 2017. Consultado o 3 de marzo de 2018.
  26. FOX. "ISIS has lost 98 percent of its territory, officials say". 
  27. "Islamic State completely 'evicted' from Iraq, Iraqi PM says". The Age. 9 de decembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]