Porto de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°14′19″N 8°43′52″O / 42.23861, -8.73111

Porto de Vigo
Centro e porto de Vigo.jpg
Localización
País Galicia Galicia
Cidade Vigo
Detalles
Dirixido por Autoridade Portuaria de Vigo
Propietario Portos do Estado
Tipo Marítimo
Estatísticas
http://www.apvigo.com
Flag maritime vigo.svg Porto de Vigo
Contrasinal da provincia marítima da Vigo á que pertence.
Autoridade Portuaria de Vigo, Praza da Estrela.JPG
Autoridade portuaria de Vigo.

O porto de Vigo está situado na ría de Vigo e é un dos maiores porto de pesca do mundo.[1][2] É ademais a sede da compañía pesqueira Pescanova. No 2014 descargáronse 865.275 toneladas de peixe (un 4,89% máis ca no 2013), batendo a súa mellor marca histórica[3]. Pertence á provincia marítima de Vigo.

Vigo é a base das compañías pesqueiras con gran presenza en países como Namibia, Suráfrica, Mozambique, Australia, Arxentina, as Illas Malvinas, Chile ou Perú. O peixe é enviado a toda España e expedido a países como Portugal, Italia, Francia e outros mercados máis distantes, mesmo de Asia.

En Vigo teñen lugar importantes feiras mercantís, como Conxemar, un evento anual dedicado os produtos pesqueiros conxelados. A World Fishing Exhibition ten lugar periodicamente.

O porto de Vigo foi, durante anos, punto de partida da emigración galega.

Historia[editar | editar a fonte]

A tradición da construción de buques comezou co século XX, coa aparición dos primeiros botes de pesca a vapor. Un destes modernos modelos, coñecidos como Vigo type steamer, foi moi popular en toda a costa da Península Ibérica e do norte de África, sendo construídos centos de exemplares.

Outro momento decisivo do desenvolvemento foi nos anos 60, cando os novos buques conxeladores, que revolucionaron a industria pesqueira, se comezaron a construír. Os estaleiros de Vigo sempre foron líderes na construción de buques pesqueiros e un constante punto de referencia.

Tráfico do porto de Vigo no 2004
en toneladas
Conservas 36.359
Froitas e hortaliza 51.346
Granito bruto 571.821
Granito elaborado e mármores 46.793
Madeira 267.273
Metais e manufacturas 213.077
Papel e pasta 26.917
Mercadorías de colectores +-2.000.000
Total de mercadorías 4.235.331
Total 4.730.399

Estrutura[editar | editar a fonte]

Estación Marítima, no peirao de cruceiros.

Está dividido do seguinte xeito:

  • Terminal de Bouzas: divídese en dúas zonas: a destinada ó tráfico ro-ro, e o peirao de reparacións.
  • Peiraos de Beiramar e O Berbés, destinados ó atraque de barcos pesqueiros de altura e baixura.
  • Peirao de Cruceiros Alberto Durán Núñez.[4]
  • Peirao deportivo.
  • Peiraos do Areal: comercial e transversal. Suman máis de 1.500 metros de lonxitude, destinados a carga xeral e fluídos. Teñen conexión ferroviaria.
  • Terminal de Guixar: Peirao de 769 metros de lonxitude destinado ó tráfico de contedores, con conexión ferroviaria.

Gobernación[editar | editar a fonte]

O porto de Vigo está gobernado pola Autoridade Portuaria de Vigo, independente do ente Portos de Galicia. O seu presidente, designado directamente polo goberno da Xunta de Galicia, é Ignacio López-Chaves desde 2011.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Terminal de Bouzas
Peiraos do Areal e terminal de Guixar (Teis). 

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]