Circunscricións e repartición de escanos nas eleccións a Cortes Xerais[editar | editar a fonte]
Cada unha das 50 provincias e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla considéranse circunscricións independentes. A cada provincia correspóndenlle por lei 2 escanos e 1 a cada unha das cidades autónomas, o que fan un total de 102. Os 248 escanos restantes, que sumados aos outros fan un total de 350, repártense proporcionalmente segundo a poboación de cada provincia. Así, Soria é a que menos ten xa que conta con só 2, mentres que Madrid é a que máis ten ao contar con 36 (2 34).
Os escanos repártense polo método d'Hondt aplicado independentemente a cada circunscrición, cun limiar do 3% por circunscrición.
Mellor resultado do primeiro partido da oposición: 154 escanos, Mariano Rajoy (PP) en 2008.
Peor resultado do primeiro partido da oposición: 105 escanos, Manuel Fraga (AP) en 1986.
Mellor resultado do primeiro partido minoritario: 23 escanos (10.77% de votos), Santiago Carrillo (PCE) en 1979
Peor resultado do primeiro partido minoritario: 2 escanos (3.77% de votos), Gaspar Llamazares (IU-ICV) en 2008.
Congreso resultante
Parlamento máis plural: 13 formacións, 1979, 1989 e 2011.
Parlamento menos plural: 10 formacións, 1982 e 2008.
Maior bipartidismo: 323 deputados, PSOE e PP en 2008.
Menor bipartidismo: 282 deputados, PSOE e PP en 1989.
Mellor resultado conxunto da esquerda parlamentaria: 210 deputados e 54,27% dos votos:Só se inclúen os votos aos partidos que conseguiron representación no Congreso dos Deputados. PSOE, PCE, Herri Batasuna, ERC e Euskadiko Ezkerra en 1982.
Mellor resultado conxunto do centro-dereita parlamentario: 210 deputados e 51,10% dos votos: PP, CiU, PNV, Coalición Canaria e Foro Asturias en 2011. Alcanzarían 215 escanos
Parlamento con máis igualdade esquerda-dereita: 177-173 para as esquerdas en 2008.