Batalla de Covadonga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua de Paio en Covadonga.

A batalla de Covadonga é un episodio mítico[1] da historia de España que tería lugar en 722 en Covadonga, unha paraxe próxima a Cangas de Onís (Asturias), entre o exército de Paio e tropas musulmás, que resultaron derrotadas. Da tal eventual acción bélica non existen relatos contemporáneos, e as primeiras referencias aparecen século e medio despois, na Crónica Albeldense.

A narración da batalla é unha copia do asalto ao santuario de Delfos polos gálatas no ano 279 a.C.[2] De aí saen a maior parte dos detalles do episodio bélico: as pedras que rebotarían e matarían os musulmáns que as lanzan previamente, a montaña que se derruba sobre eles, ou a igualdade perfecta no número de participantes: 180 000 en ambas as batallas[3]. Son estes algúns dos trazos considerados inverosímiles. Nesa mesma liña, está en tea de xuízo que os  árabes, que cun exercito estimado nuns cinco ou dez mil homes "destruíron case até o exterminio"[4] "a todos os exércitos dos godos" "en 714"[4] (Rodrigo reinou só entre 710 e 711), decidisen enviar desde Córdoba até Cangas de Onís, só sete anos despois, coa organización e custos asociados, un exército de "187 000 homes de guerra"[4] para combater contra as tres ducias de guerrilleiros que poderían caber na Cova de Onga[5]

A historiografía nacionalista española ten en Covadonga un dos seus mitos fundacionais[6]. Así pois, desde esa óptica, "fronte á catastrófica invasión musulmá[7], un reducido grupo de heroes salvou na batalla a "esencia" da patria española[8] e conseguiu iniciar un proceso de Reconquista que rematará coa conquista do Reino de Granada[9] e na construción definitiva da "nación española, católica e unitaria".[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barrau-Dihigo, Lucien (1989). Historia política del reino asturiano (718-910). Gran Enciclopedia Asturiana Silverio Cañada. ISBN 8472862739. 
  2. "¿"Tunearon" unos monjes la batalla de Covadonga?". www.vavel.com (en Castelán). Consultado o 21/02/2018. 
  3. Murado, Miguel-Anxo (2013). La invención del pasado. debate. pp. 38–44. ISBN 978-84-8306-853-3. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Crónica Rotense". Consultado o 20/02/2018. 
  5. Garcia Pérez, Guillermo (1994). "Covadonga, un mito nacionalista católico de origen griego" (PDF). El Basilisco (17): 81–94. 
  6. Goytisolo, Juan. "Los mitos fundadores de la nación". www.elpais.com (en Castelán). Consultado o 21/02/2018. 
  7. Menendez Pidal, Ramón (1929). La España del Cid. pp. 65–66. crisis gravísima de la invasión árabe" "nación (...) invadida pasajeramente por los sarracenos 
  8. Simonet, Francisco Javier (1867). Historia de los mozarabes de España. pp. VII. aquellos españoles(...) subyugados por la morisma(...) conservaron (...) la religión, el espíritu nacional(...) lustre para nuestra nación 
  9. Lafuente, Modesto (1850). Historia general de españa. pp. t.1 p.XV p. XXI. era destino de España tener que combatir siglos y siglos (...) por fin, en Granada llego a su desenlace el drama heroico de ochocientos años 
  10. Lafuente, Modesto (1850). Historia General de España. pp. t.1, p.1. Si alguna (...) porción del globo parece hecha (...) para ser habitada por un pueblo reunido en cuerpo de nación (...) este país es la España 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]