Saltar ao contido

Muralla de Ávila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMuralla de Ávila
Vista nocturna
Imaxe
Tipomurallas da cidade Editar o valor en Wikidata
Parte deCasco antigo de Ávila e igrexas extramuros Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaÁvila, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°39′27″N 4°42′26″O / 40.657472, -4.707294
Características
Elemento da Lista Vermella do Patrimonio
Data22 de maio de 2008
Data de remate6 de outubro de 2009
Identificadorentorno-de-las-murallas-de-avila
Ben de interese cultural
IdentificadorRI-51-0000036-00000

A Muralla de Ávila é unha cerca militar románica que rodea o casco antigo da cidade de Ávila, na comunidade autónoma de Castela e León, en España. Na actualidade, o casco antigo, a muralla e as igrexas situadas extramuros foron declaradas Patrimonio da Humanidade.

As murallas son un factor activo moi importante na conformación do urbanismo da cidade e historicamente participaron na distribución do espazo urbano entre os diversos grupos sociais que habitaron Ávila. A muralla representaba a separación entre o «espazo salvaxe» e o «civilizado». O campo, a terra chaira, vivían os campesiños que era a clase social máis baixa que mantiñan á cidade. Sobre o campesiñado recaía o 80% dos custos das infraestruturas urbanas, incluída a muralla cuxo mantemento reciba o nome de reparo dos muros. Segundo a tradición a dirección da construción da muralla recaeu nos dous maestres de xeometría, o romano Casandro e o francés Florín de Piruenga. O estudo da estrutura defensiva sinala que se trata dunha construción similar, na súa morfoloxía e poliorcética (arte de construción de murallas e castelos) ás murallas do ámbito andalusí.

O carácter militar da muralla é eminentemente defensivo e mantívose aínda coas reformas realizadas no século XIV que a reforzaron.

É propiedade do Estado Español e está xestionada polo concello de Ávila. Algúns tramos, os que coinciden con algúns edificios como palacios e igrexas (entre elas a catedral) son privados.

Vista xeral da muralla.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]