Provincia de Xirona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia de Xirona
Província de Girona
Flag of Girona province (unofficial).svg Escut de la provincia de Girona.svg
Provincia Girona.png
Capital Xirona
Área 5.910 km²
Poboación 752.026 hab. (2010)
Densidade 126,53 hab./km²
Concellos 221
Xentilicio Xeronés/a ou xerundense

Xirona[1][2][3] (en catalán: Girona, pronunciado [ʒiˈɾonə]) é unha provincia española situada na zona nordés de Cataluña. Limita coas provincias de Barcelona polo sur e oeste; Lleida polo oeste; con Francia e Andorra polo norte e co mar Mediterráneo polo leste.

Un concello da provincia, Llívia, é un enclave separado do resto da provincia, estando rodeado por territorio administrativamente francés.

A provincia contaba con 687.331 habitantes (INE 2006). A súa capital é a cidade de Xirona (en catalán Girona), onde vive algo máis da oitava parte da poboación total.

Comarcas[editar | editar a fonte]

As comarcas da provincia de Xirona son as seguintes:

Ademais, tamén se inclúen nesta provincia os concellos de Viladrau, Espinelves e Vidrà, que pertencen á comarca de Osona.

Concellos máis poboados[editar | editar a fonte]

Os municipios máis populosos son:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xerundense.
  2. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1296. ISBN 9788482887524. 
  3. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1446. ISBN 9788482893419. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]