Saltar ao contido

Wikipedia:Replacer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Usuario:Benjavalero/Replacer»)

Replacer é unha ferramenta en liña, cuxo obxectivo é proporcionar unha interface simple para revisar e corrixir os erros ortográficos ou de estilo máis comúns na Wikipedia.

A ferramenta foi desenvolvida (e é mantida) por benjavalero. Está despregada nos servidores de Wikimedia Toolforge, e dispoñible en:

https://replacer.toolforge.org

Para utilizar a ferramenta, basta iniciar sesión cun usuario da Wikipedia dando permiso con OAuth, e logo para traballar na Galipedia hai que escoller esa wiki na parte superior dereita.

As edicións que se realicen serán rexistradas nas contribucións do usuario.

O código fonte da ferramenta está dispoñible en GitHub.

Polo momento a visualización da páxina e das mensaxes é en castelán, pero todas as modificacións fanse na Wikipedia en galego.

Revisión manual

[editar a fonte]

A ferramenta facilita a revisión manual das substitucións suxeridas para certos erros ortográficos típicos. Este tipo de substitucións non poden corrixirse de maneira automatizada debido a que moitos son falsos positivos.

Exemplo: a palabra geografia é incorrecta en galego pero é correcta en catalán ou portugués.

Ao editar un artigo, a ferramenta permite corrixir cada unha das substitucións de maneira independente, proporcionando ademais un botón ao final para gardar sen cambios, no caso de que ningunha das substitucións deba ser corrixida (todas son falsos positivos).

En caso de dúbida, recoméndase usar o botón de «Gardar sen cambios» e pasar á seguinte revisión.

Tipos de substitucións

[editar a fonte]
  • Compostos
    • Os subtipos son as distintas expresións (dúas ou máis palabras) a corrixir: aínda así. Estas expresións extráense dunha lista de erros compostos.
  • Datas
    • Día con cero: datas completas cuxo día comeza por cero: 07 de agosto de 2018
    • Mes en maiúscula: datas completas co mes en maiúscula: 7 de Agosto de 2018
    • Mes en maiúscula sen día: datas sen día co mes en maiúscula: Desde Agosto de 2018
  • Ortografía
    • Os subtipos son as palabras (unha soa) a corrixir: habia. Estes termos extráense da listaxe da Wikipedia.

Falsos positivos

[editar a fonte]

Hai certas partes dun texto que queremos ignorar pois adoitan detectarse moitos falsos positivos, por exemplo unha cita en galego antigo ou un parámetro propio da Wikipedia que non acepta diacríticos. Entre outros:

  • Comentarios HTML: <!-- españa -->
  • Nomes de ficheiros: [[File:españa.png|España]]
  • Etiquetas XML completas, e. x. para citas ou código fonte: <math>LaTeX</math>
  • Persoais completos, e. x. para citas ou coordenadas: {{Cita|Texto}}
  • Textos entre comiñas: «In Paris»
  • Textos en cursiva: ''online''
  • Valores dalgúns parámetros: {{... | índice = españa | ...}}
  • Categorías: [[Categoría:Jennifer Lopez]]
  • Etiquetas XML: <span style="color:green;"> ou <br />
  • Nomes de persoais: {{*Album|...}}
  • Parámetros de modelos: {{...| pais = España | ...}}
  • URL: http://www.monografias.com
  • Ligazóns internas sufixadas: [[brasil]]eño
  • Ligazóns internas con alias: [[Taiwan|Taiwán]]

Tamén se teñen en conta falsos positivos moi comúns, e. x. Los Angeles Lakers, que se extraen dunha lista de falsos positivos.

Indexación

[editar a fonte]

A ferramenta indexa periodicamente o contido da Wikipedia para buscar substitucións nas novas edicións. Baséase nuns dumps xerados mensualmente, polo que os contadores de substitucións poden non estar actualizados.

Para cada páxina atopada:

  • Só se indexan as páxinas de tipo «Artigo»
  • Ignóranse as páxinas que redirixen a outras
  • Ignóranse as páxinas marcadas para ser borradas (modelo Lixo) e aquelas con moitos defectos (modelo Ortografía).

Se unha páxina é modificada despois da súa última revisión na ferramenta, esta volverá a indexarse, polo que é posible que algúns falsos positivos xa revisados volvan aparecer na listaxe, no caso en que a súa localización no texto cambiase e por tanto a ferramenta non teña forma de saber se é unha substitución nova ou non.

Nome da ferramenta

[editar a fonte]

Pode resultar rechamante que o nome da ferramenta estea en inglés. Debe entenderse que inicialmente a ferramenta expúxose para usarse con distintos idiomas, e de feito segue manténdose con ese propósito (non sería moi complicada adaptala a outra lingua). Ademais, WikiReemplazador facíaseme demasiado longo.

Erros e suxestións

[editar a fonte]

A ferramenta está en constante mantemento. Xa non tanto en erros (afortunadamente) pero si en optimización, e inclusión de novas substitucións e falsos positivos, que faciliten aínda máis a revisión.

Calquera suxestión e corrección é benvida, especialmente en termos de usabilidade, tanto na propia páxina de conversa como no xestor de incidencias en GitHub.

Véxase tamén

[editar a fonte]

Outros artigos

[editar a fonte]