Pandemia de COVID-19
A pandemia por coronavirus de 2019–2023 é unha pandemia global actual de doenza do coronavirus 2019 (COVID-19) causada polo coronavirus 2 da síndrome respiratoria aguda severa (SARS-CoV-2). O virus foi identificado por vez primeira en Wuhan, na provincia chinesa de Hubei, en decembro de 2019, estendéndose finalmente a cada provincia do país.[1][2] O 11 de marzo de 2020, a Organización Mundial da Saúde declarou o abrocho como unha pandemia.[3] A data do 13 de agosto, máis de 20 millóns de casos foron confirmados en máis de 200 países e territorios, co maior número de casos nos Estados Unidos, Brasil, India, Rusia, Suráfrica, Perú, México, Colombia, Chile, España, Irán e o Reino Unido.[4][5] Máis de 13 millóns de persoas conseguiron recuperarse da doenza e máis dun millón morreron.[5]
A transmisión do virus entre as persoas é semellante á da gripe, a través das vías respiratorias por tusir ou esbirrar.[6][7][8] O tempo entre a exposición e a aparición dos primeiros síntomas é polo xeral de cinco días, mais pode variar dende os dous ós catorce días.[8][9] Os síntomas máis comúns son febre, tose e falta de alento.[8][9] As complicacións poden incluír pneumonía e síndrome de dificultade respiratoria aguda. No presente, non existe unha vacina ou tratamento antiviral específico, mais estanse a facer investigacións. Os esforzos están dirixidos a controlar os síntomas e coidados de apoio. As medidas preventivas recomendadas inclúen a hixiene das mans, manter a distancia con outras persoas (particularmente aquelas que estean enfermas), e a monitorización e illamento durante catorce días das persoas sospeitosas de estaren infectadas.[7][8][10]
A resposta das autoridades sanitarias en todo o mundo inclúe medidas como as restricións de viaxes, corentenas, toques de queda e peches de colexios. Isto supuxo a corentena de toda Italia e da provincia chinesa de Hubei; toques de queda na China e en Corea do Sur;[11][12][13] métodos de detección en aeroportos e estacións de tren;[14] e advertencias de viaxes a rexións con transmisión comunitaria.[15][16][17][18] As escolas foron pechadas a nivel local ou nacional en máis de 190 países, afectando a máis do 90% dos estudantes do mundo.[19]
Os efectos mundiais da epidemia implicaron inestabilidade política e social,[20][21] xenofobia e racismo contra persoas de ascendencia chinesa ou de Asia oriental,[22][23][24][25][26] e a difusión en liña de desinformación e teorías da conspiración sobre o virus e a súa orixe.[27][28][29]
Historia
[editar | editar a fonte]Existen diversas teorías sobre onde apareceu o primeiro caso, ou paciente cero. O primeiro caso coñecido data o 1 de decembro de 2019 na cidade chinesa de Wuhan[30]
Unha teoría, sen confirmar, citando documentos gobernamentais chineses, suxire que a primeira vítima foi un home de 55 anos que enfermou o 17 de novembro de 2019[31] No mes seguinte o número de casos de coronavirus en Hubei aumentaron gradualmente a un par de centos, antes de experimentar un rápido incremento en xaneiro de 2020. O 31 de decembro de 2019, o virus causara os suficientes casos dunha pneumonía descoñecida como para informar ás autoridades sanitarias en Wuhan, a capital da provincia de Hubei [32], para iniciar unha investigación[33]. Na súa maior parte os casos estaban relacionados co mercado para grosistas de produtos do mar de Huanan, onde tamén se vendían animais vivos; xa que logo pénsase que teña unha orixe zoonótica[34].
Durante os primeiros estadios, o número de casos dobrábase aproximadamente cada sete días e medio [35]. Ao longo da primeira quincena de xaneiro o virus espallouse por outras provincias chinesas coa axuda dos movementos de poboación por mor da celebración do ano novo chinés, e máis sendo Wuhan un importante centro de comunicacións, e rapidamente a infección propagouse ao longo do territorio chinés[36]. O 20 de xaneiro, China informou de case 140 casos novos nun día, incluíndo dous en Pequín e un en Shenzhen.[37] Posteriormente informouse que o 20 de xaneiro xa 6.174 persoas desenvolveran síntomas[38]
O 10 de xaneiro, seguindo informes das autoridades chinesas, a OMS aconsellou os viaxeiros tomar precaucións ao viaxar a ou dende a área afectada, entón a cidade de Wuhan[39] aínda que desaconsellou aplicar restricións comerciais ou turísticas coa China. O 12 de xaneiro, seguindo información da Comisión Nacional de Saúde chinesa, a OMS informou que non existía evidencia de transmisión entre humanos[40]. O 24 de xaneiro, a OMS recomendou controis de saída e entrada pero amosouse en contra da aplicación de restricións do tráfico internacional[41].
O 30 de xaneiro a OMS declarou a epidemia Emerxencia de Saúde Pública de Ámbito Internacional[42]. O 24 de febreiro o director da OMS Tedros Adhanom avisou que o virus podería virar en pandemia global polo aumento de casos fóra da China[43].
O 11 de marzo a OMS declarou oficialmente pandemia á epidemia de coronavirus tras un período de aumento sostido da transmisión en múltiples rexións do mundo[44]. O 13 de marzo a OMS declarou que Europa era o novo centro da pandemia logo que a velocidade de novos casos europeos superara o das outras rexións do mundo, agás China.[45] O 19 de marzo, China informou da aparición de novos casos locais mentres o número de mortes en Italia superaba ás da China[46].
A 13 de agosto de 2020 había máis de 20 millóns de casos confirmados no mundo, máis de 750 000 mortos e máis de 13 millóns de recuperados.[4] Os Estados Unidos convertéronse en abril no primeiro país en casos confirmados do mundo, superando á China e a Italia.[4][47]
Resposta internacional
[editar | editar a fonte]Restricións das viaxes
[editar | editar a fonte]Como resultado da pandemia, moitos países e rexións impuxeron corentenas ou prohibicións de entrada para cidadáns ou visitantes das zonas máis afectadas pola enfermidade[48].
A Unión Europea rexeitou a idea de suspender a zona de libre circulación e introducir controis fronteirizos con Italia [49], polo que recibiu críticas por parte de dalgúns políticos europeos [50]. Despois dalgúns estados membros pecharen totalmente as súas fronteiras nacionais a cidadáns foráneos [51] a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen afirmou que determinados controis poderían estar xustificados pero que en xeral a prohibición de viaxar non semellaba o máis efectivo segundo a OMS [52]. Os Estados Unidos suspenderon a circulación de persoas procedentes da zona Schengen e posteriormente tamén da Common Travel Area [53].
Evacuación de cidadáns estranxeiros
[editar | editar a fonte]Por mor da efectiva corentena do transporte público en Wuhan e en toda a provincia de Hubei, varios países puxeron en marcha plans para evacuar os seus cidadáns e o persoal diplomático da zona, especialmente por medio de voos chárter. O Canadá, os Estados Unidos, O Xapón, A India, Francia, Australia, O Xapón, Sri Lanka, Alemaña e Tailandia estiveron entre os primeiros en planear a evacuación dos seus cidadáns[54][55]. O 7 de febreiro, O Brasil evacuou 34 brasileiros, ou os seus familiares, ademais de catro polacos, un chinés e un hindú[56]. Nese día tamén 215 canadenses (176 nunha primeira aeronave, e 39 nunha segunda provista polo goberno norteamericano) foron evacuados ao Canadá[57]. O 11 de febreiro, outro avión con 185 canadenses de Wuhan aterrou no Canadá[58].
As autoridades australianas evacuaron 277 cidadáns o 3 e 4 de febreiro cara ao centro de detención da Illa de Nadal[59]. Un voo de evacuación de Nova Zelandia chegou a Auckland o 5 de febreiro e o 15 de febreiro, os Estados Unidos anunciaron que habían evacuar os norteamericanos no barco de cruceiro Diamond Princess[60]. O 21 de febreiro un avión con 129 canandenses evacuados do Diamond Princess aterrou en Trenton (Ontario) [61]. A primeiros de marzo, o goberno hindú comezou a evacuar os seus cidadáns de Irán[62]
O 14 de marzo un avión de South African Airways fretado polo goberno surafricano repatriou 114 dos seus cidadáns, deixando na China a catro persoas con síntomas para mitigar os riscos[63]
Respostas nacionais
[editar | editar a fonte]Un total de 188 países e territorios informaron de cando menos un caso de COVID-19. Por mor da pandemia en Europa moitos países do espazo Schengen restrinxiron a liberdade de movementos e estableceron controis nas fronteiras[64]. As reaccións nacionais inclúen medidas de contención como corentenas e toques de queda[65]
A 26 de marzo arredor de 1 700 millóns de persoas estaban baixo algunha forma de confinamento [66] que aumentou a 3900 millóns na primeira semana de abril, o que supón máis da metade da poboación mundial.[67][68]
A finais de abril, uns 300 millóns de persoas estaban baixo toque de queda en Europa, incluíndo Italia, España, Francia ou Reino Unido. Mentres en América latina eran 200 millóns[69]. Nos Estados Unidos eran outros 300 millóns, o 90% da poboación[70], 100 millóns en Filipinas,[69] 59 millóns en Suráfrica[71] e 1.3 millóns na India[72][73]. O 21 de maio informáronse de 100 000 novas infeccións nas últimas 24 horas, a meirande cifra desde que principiou a pandemia, superándose os 5 millóns de casos[74].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Coronavirus disease (COVID-19) outbreak". who.int. Consultado o 8 de marzo de 2020.
- ↑ BBC News, ed. (31 de xaneiro de 2020). "Coronavirus declared global health emergency". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2020. Consultado o 13 de febreiro de 2020.
- ↑ Organización Mundial da Saúde, ed. (11 de marzo de 2020). "WHO Director-General's opening remarks at the media briefing on COVID-19 - 11 March 2020". Consultado o 11 de marzo de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Coronavirus Update (Live) for COVID-19 Wuhan China Virus Outbreak – Worldometer". www.worldometers.info (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 ""Coronavirus COVID-19 Global Cases by Johns Hopkins CSSE"". gisanddata.maps.arcgis.com. (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2020.
- ↑ "Getting your workplace ready for COVID-19" (PDF). World Health Organization. 27 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de febreiro de 2020. Consultado o 11 de marzo de 2020.
- ↑ 7,0 7,1 "Q&A on coronaviruses". Organización Mundial da Saúde (WHO). 11 de febreiro de 2020. Consultado o 24 de febreiro de 2020.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 "Symptoms of Novel Coronavirus (2019-nCoV) | CDC". U.S. Centers for Disease Control and Prevention (CDC). 10 de febreiro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2020.
- ↑ 9,0 9,1 Rothan, Hussin A.; Byrareddy, Siddappa N. (26 de febreiro de 2020). "The epidemiology and pathogenesis of coronavirus disease (COVID-19) outbreak". Journal of Autoimmunity: 102433. ISSN 0896-8411. doi:10.1016/j.jaut.2020.102433.
- ↑ "Coronavirus Disease 2019 (COVID-19)". Centers for Disease Control and Prevention (en inglés). 11 de febreiro de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2020.
- ↑ "Coronavirus: Shanghai neighbour Zhejiang imposes draconian quarantine". South China Morning Post. 6 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2020. Consultado o 8 de febreiro de 2020.
- ↑ Marsh, Sarah (23 de febreiro de 2020). The Guardian, ed. "Four cruise ship passengers test positive in UK – as it happened". ISSN 0261-3077. Consultado o 23 de febreiro de 2020.
- ↑ CNN (ed.). "新型肺炎流行の中国、7億8000万人に「移動制限」" (en xaponés).
- ↑ "Coronavirus Update: Masks And Temperature Checks In Hong Kong". Nevada Public Radio. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 26 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Coronavirus Disease 2019 Information for Travel". U.S. Centers for Disease Control and Prevention (CDC). 3 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2020.
- ↑ Deerwester, Jayme; Gilbertson, Dawn. "Coronavirus: US says 'do not travel' to Wuhan, China, as airlines issue waivers, add safeguards". USA Today. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2020. Consultado o 26 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Coronavirus Live Updates: Europe Prepares for Pandemic as Illness Spreads From Italy". The New York Times. 26 de febreiro de 2020. Consultado o 26 de febreiro de 2020.
- ↑ Government of the United Kingdom (ed.). "Coronavirus (COVID-19): latest information and advice". Consultado o 27 de febreiro de 2020.
- ↑ "Coronavirus impacts education". UNESCO (en inglés). 4 de marzo de 2020. Consultado o 11 de maio de 2020.
- ↑ The New York Times, ed. (29 de febreiro de 2020). "Here Comes the Coronavirus Pandemic – Now, after many fire drills, the world may be facing a real fire.". Consultado o 1 de marzo de 2020.
- ↑ Krugman, Paul (27 de febreiro de 2020). The New York Times, ed. "When a Pandemic Meets a Personality Cult". Consultado o 29 de febreiro de 2020.
- ↑ Young, Evan (31 de xaneiro de 2020). "'This is racism': Chinese-Australians say they've faced increased hostility since the coronavirus outbreak began". Special Broadcasting Service.
- ↑ Iqbal, Nosheen (1 de febreiro de 2020). The Observer, ed. "Coronavirus fears fuel racism and hostility, say British-Chinese". ISSN 0029-7712. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020.
- ↑ "Coronavirus fears trigger anti-China sentiment across the globe". Global News. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020.
- ↑ Yeung, Jessie. CNN, ed. "As the coronavirus spreads, fear is fueling racism and xenophobia". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020.
- ↑ Darrach, Amanda (25 de febreiro de 2020). "The new coronavirus and racist tropes". Columbia Journalism Review.
- ↑ NPR (ed.). "Fake Facts Are Flying About Coronavirus. Now There's A Plan To Debunk Them". Consultado o 23 de febreiro de 2020.
- ↑ Perper, Rosie (5 de marzo de 2020). Business Insider, ed. "As the coronavirus spreads, one study predicts that even the best-case scenario is 15 million dead and a $2.4 trillion hit to global GDP" – vía Yahoo!.
- ↑ Clamp, Rachel (5 de marzo de 2020). The Conversation, ed. "Coronavirus and the Black Death: spread of misinformation and xenophobia shows we haven't learned from our past" – vía Yahoo!.
- ↑ Cohen, Jon (xaneiro de 2020). "Wuhan seafood market may not be source of novel virus spreading globally". Science. doi:10.1126/science.abb0611.
- ↑ Ma, Josephina (13 de marzo de 2020). "Coronavirus: China's first confirmed Covid-19 case traced back to November 17". South China Morning Post (Hong Kong).
- ↑ "Novel Coronavirus". World Health Organization. Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2020.
- ↑ "Mystery pneumonia virus probed in China". BBC News. 3 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 5 de xaneiro de 2020.
- ↑ Novel Coronavirus Pneumonia Emergency Response Epidemiology Team (Febreiro de 2020). "[The epidemiological characteristics of an outbreak of 2019 novel coronavirus diseases (COVID-19) in China]". Zhonghua Liu Xing Bing Xue Za Zhi=Zhonghua Liuxingbingxue Zazhi (en chinés) 41 (2): 145–151. PMID 32064853. doi:10.3760/cma.j.issn.0254-6450.2020.02.003.
- ↑ Li Q, Guan X, Wu P, Wang X, Zhou L, Tong Y, et al. (Xaneiro de 2020). "Early Transmission Dynamics in Wuhan, China, of Novel Coronavirus-Infected Pneumonia". The New England Journal of Medicine 382 (13): 1199–1207. PMID 31995857. doi:10.1056/NEJMoa2001316.
- ↑ WHO–China Joint Mission (16–24 de febreiro de 2020). "Report of the WHO-China Joint Mission on Coronavirus Disease 2019 (COVID-19)" (PDF). Organización Mundial da Saúde.
- ↑ "China confirms sharp rise in cases of SARS-like virus across the country". 20 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2020. Consultado o 20 de xaneiro de 2020.
- ↑ The Novel Coronavirus Pneumonia Emergency Response Epidemiology Team (17 de febreiro de 2020). "The Epidemiological Characteristics of an Outbreak of 2019 Novel Coronavirus Diseases (COVID-19) – China, 2020". China CDC Weekly 2 (8): 113–122. Consultado o 18 de marzo 2020.
- ↑ "WHO advice for international travel and trade in relation to the outbreak of pneumonia caused by a new coronavirus in China". World Health Organization. 10 xaneiro de 2020. Consultado o 24 de marzo de 2020.
- ↑ "Novel Coronavirus – China". World Health Organization. 12 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 24 de marzo de 2020.
- ↑ "Updated WHO advice for international traffic in relation to the outbreak of the novel coronavirus 2019-nCoV". World Health Organization. 24 de xaneiro de 2020. Consultado o 24 de marzo de 2020.
- ↑ "Statement on the second meeting of the International Health Regulations (2005) Emergency Committee regarding the outbreak of novel coronavirus (2019-nCoV)". World Health Organization. 30 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 30 de xaneiro de 2020.
- ↑ "WHO Head Warns of 'Potential Pandemic' after Initially Praising China's Response to Coronavirus". National Review. 24 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2020.
- ↑ "WHO Director-General's opening remarks at the media briefing on COVID-19 – 11 March 2020". World Health Organization. 11 de marzo de 2020. Consultado o 11 de marzo de 2020.
- ↑ Regan, Helen. "More coronavirus cases outside mainland China than inside as pandemic accelerates". CNN.
- ↑ "Coronavirus: Italy's death toll overtakes China's". BBC. 19 de marzo de 2020.
- ↑ "Coronavirus COVID-19 Global Cases". Universidade Johns Hopkins. Consultado o 20 de marzo de 2020.
- ↑ "Coronavirus Travel Restrictions, Across the Globe". The New York Times. 26 de marzo de 2020.
- ↑ "Coronavirus: EU rules out Schengen border closures amid Italy outbreak". Deutsche Welle, 24 de febreiro de 2020
- ↑ "Salvini and Le Pen Don't Have a Coronavirus Cure". Bloomberg News. 25 de febreiro de 2020
- ↑ "Coronavirus: Some Of These 24 European Countries Have Closed Their Borders To Tourists". Forbes, 14 de marzo de 2020
- ↑ "Denmark, Poland and Czechs seal borders over coronavirus". Financial Times, 12 de marzo de 2020
- ↑ "Proclamation—Suspension of Entry as Immigrants and Nonimmigrants of Certain Additional Persons Who Pose a Risk of Transmitting 2019 Novel Coronavirus" Arquivado 12 de marzo de 2020 en Wayback Machine.. White House, 11 de marzo de 2020
- ↑ "Countries Evaluate Evacuation of Citizens Amid Wuhan Coronavirus Panic". Associated Press. Consultado o 31 de xaneiro de 2020 – vía The Diplomat. * Press, ANI. "Coronavirus: Second plane carrying 323 Indians from Wuhan to reach Delhi today". India Today. Consultado o 2 de febreiro de 2020. * NWS, VRT (27 de xaneiro de 2020). "België haalt landgenoten terug uit Chinese provincie Hubei na uitbraak coronavirus". VRT Nws. Vlaamse Radio- en Televisieomroeporganisatie. * Nathalia, Telly (30 de xaneiro de 2020). "Last-Minute Preparations Underway to Evacuate Indonesian Citizens From Coronavirus-Ravaged Wuhan". Jakarta Globe. * "C130 aircraft on standby for Wuhan evacuation". Bangkok Post. 26 de xaneiro de 2020. Consultado o 26 de xaneiro de 2020. * Jiang, Steven; Stracqualursi, Veronica (25 de xaneiro de 2020). "US arranging charter flight to evacuate American diplomats and citizens out of China amid coronavirus outbreak, official says". CNN. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2020. * "PH sending special flights to get Pinoys from Wuhan, Hubei in China". Tempo: News in a Flash (Manila, Philippines). 29 de xaneiro de 2020. Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Pakistan cancels flights to China as fears of coronavirus spread". Dialogue Pakistan. 31 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 31 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Brazil to evacuate citizens stuck in Wuhan". Business Times (Singapur). 5 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2020.
- ↑ Osorio, Carlos (7 de febreiro de 2020). "UPDATE 4-Canadian coronavirus evacuees land in Ontario; show no signs of illness". Reuters. Consultado o 28 de marzo de 2020.
- ↑ "2nd plane carrying Canadian evacuees from Wuhan, China arrives at CFB Trenton". Global News, 11 de febreiro de 2020
- ↑ Carmody, James (5 de febreiro de 2020). "Coronavirus fear remains on Christmas Island as authorities reassure locals they are safe from infection". ABC News]] (Sydney). Consultado o 8 de febreiro de 2020.
- ↑ Wang, Vivian; Rich, Motoko; Bradsher, Keith (15 de febreiro de 2020). "Shifting Ground in Coronavirus Fight: U.S. Will Evacuate Americans From Cruise Ship". The New York Times. Consultado o 15 de febreiro de 2020.
- ↑ "Cruise ship passengers begin 14-day quarantine in Cornwall, Ont.". CBC News. 21 de febreiro de 2020.
- ↑ "4th batch of 53 Indians evacuated from Iran: S Jaishankar". The Economic Times. 16 de marzo de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2020.
- ↑ "Coronavirus: SAA Airbus carrying 114 SA citizens repatriated from Wuhan lands in Polokwane". www.news24.com. 14 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 21 de marzo de 2020.
- ↑ "Schengen Area Crisis: EU States Close Borders as Coronavirus Outbreak Grips Bloc". Schengen Visa Information. 13 de marzo de 2020.
- ↑ "Coronavirus: 7 dead, 229 infected in Italy as Europe braces for COVID-19". NBC News. Consultado o 29 de febreiro 2020.
- ↑ Jones S, Kassam A (26 de marzo de 2020). "Spain defends response to coronavirus as global cases exceed 500,000". The Guardian.
- ↑ "Coronavirus: Half of humanity now on lockdown as 90 countries call for confinement". Euronews. 3 de abril de 2020.
- ↑ "A third of the global population is on coronavirus lockdown—here's our constantly updated list of countries and restrictions". Business Insider. 28 de marzo de 2020.
- ↑ 69,0 69,1 "What Share of the World Population Is Already on COVID-19 Lockdown?". Statista. 23 de abril 2020.
- ↑ "About 90% of Americans have been ordered to stay at home. This map shows which cities and states are under lockdown". Business Insider. 2 de abril de 2020.
- ↑ Chutel L, Dahir AL (27 de marzo de 2020). "With Most Coronavirus Cases in Africa, South Africa Locks Down". The New York Times.
- ↑ Nair S (29 de marzo de 2020). "For a billion Indians, lockdown has not prevented tragedy". The Guardian.
- ↑ "Chaos and hunger amid India coronavirus lockdown". Al Jazeera. 27 March 2020.
- ↑ "Live updates: Global cases top 5 million as WHO reports worst day yet for new infections". The Washington Post. Consultado o 21 May 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pandemia de COVID-19 |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- World Health Organization: COVID-19 (Questions & Answers) (en inglés)
- Singapore Ministry of Health: COVID-19 (Q&A) (en inglés)
- European Centre for Disease Prevention and Control: COVID-19 (Q&A) (en inglés)
- China National Health Commission: COVID-19 Arquivado 17 de xullo de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)
- U.S. Centers for Disease Control: COVID-19 (Q&A) (en inglés)
- Mapa interactivo do Johns Hopkins Corinavirus Resource Center