Getxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°20′39″N 3°0′23″O / 43.34417, -3.00639

Getxo
Escudo de Getxo.svg
Monumento a Evaristo Churruca, en Areeta Casa de Náufragos e Faro de Arriluze, en Algorta
Igrexa de San Ignacio de Loyola, en Algorta Palacio de Arriluce, en Neguri
Ponte transbordadora de Biscaia e panorámica de Areeta Muíño de Aixerrota, en Elexalde
Praia de Ereaga, en Neguri
Localización
Bizkaia municipalities Getxo.PNG
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaFlag of the Basque Country.svg País Vasco
ProvinciaBiscaia
ComarcaGran Bilbao
Xeografía
Altitude47 msnm
Superficie11,89 km²
Demografía
Poboación78.846 hab. (2015)
Densidade6689,99 hab./km²
XentilicioGetxotarra
Outros datos
Código postal48990-48993
AlcaldeImanol Landa (EAJ-PNV)
http://www.getxo.eus

Getxo é un municipio da costa do territorio histórico e provincia de Biscaia, no País Vasco, España. Está situado na marxe dereita da ría de Bilbao, na desembocadura do Ibaizabal-Nervión. Forma parte da comarca do Gran Bilbao e da área metropolitana de Bilbao.

Ten 78.846 habitantes (INE 2016) e destaca pola gran presenza de palacetes e vivendas construídas pola alta burguesía durante a industrialización.

Historia[editar | editar a fonte]

A elizalde de Getxo formouse en torno ao Mosteiro de Santa María, levantado no século XII, co padroado da casa soar de Jauregi, señores de Getxo. Os primeiros moradores foron principalmente agricultores, no que hoxe é o barrio de Andra Mari (Santa María de Getxo), e pescadores, no barrio de Algorta. Ademais de pescadores, os habitantes do Portu Zaharra de Algorta, eran coñecidos por ser expertos pilotos que guiaban aos barcos para franquear a barra de area que se formaba na entrada da ría, e tamén por tarefas de salvamento. Hoxe en día, neste enclave pintoresco, o Portu Zaharra, coas súas rúas estreitas e empinadas, o visitante pode degustar as delicias da gastronomía local, especializada en peixes e mariscos.

A época dourada de Getxo comezou a mediados do século XIX, co nacemento do barrio de Areeta, creado por Máximo Aguirre, e lugar onde se acha a impoñente Ponte de Biscaia, inaugurada en 1893 para unir a localidade con Portugalete sobre a ría de Bilbao. A urbanización de Areeta supuxo o florecemento do municipio, que pronto conseguiu mellorar as súas comunicacións ao instalar o ferrocarril que unía Getxo con Bilbao.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situado a 14 km de Bilbao cara ao norte. Ten unha superficie de 11,89 km². Limita ao norte con Sopelana, ao leste con Berango e Leioa, ao sur con Portugalete e ao oeste coa baía do Abra, no mar Cantábrico.

Barrios[editar | editar a fonte]

Demografía[editar | editar a fonte]

Tiña en 2015 unha poboación de 78.846 habitantes, sendo o terceiro concello máis poboado de Biscaia e o quinto de Euskadi, por detrás das tres capitais provinciais e Barakaldo.

Evolución demográfica de Getxo
Fonte:INE

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]