Baeza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 37°59′0″N 3°28′0″O / 37.98333, -3.46667

Baeza
Bandera de Baeza (Jaén).svg
Escudo de Baeza (Jaén).svg
Catedral de baeza.jpg
Catedral de Baeza.
Localización
Baeza en España
Baeza
Baeza
Baeza en Provincia de Xaén
Baeza
Baeza
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAndalucía
ProvinciaXaén
ComarcaLa Loma
Xeografía
Altitude769 msnm
Superficie194,3 km²
Demografía
Poboación16 163 (2015)
Densidade83,45
Xentiliciobaezano/a; beaciense
Outros datos
Código postal23440
AlcaldeMaría Dolores Marín Torres (PSOE-A)
Páxina oficial

Baeza é unha vila andaluza pertencente á provincia de Xaén. En 2008 tiña 16 197 habitantes. É coñecida polo seu legado monumental, sendo declarada, xunto a Úbeda, cidade Patrimonio da humanidade pola Unesco e ser unha das tres sedes da Universidade Internacional de Andalucía.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Coñecida no romancero popular como Nido Real de Gavilanes, foi un punto clave na conquista de Al-Andalus polos reis cristiáns, ao servir de atalaia sobre o río Guadalquivir. A súa posesión asegurou as costas castelás e a ameaza para os reinos que estaban na ribeira esquerda do Gran Río.

Tanta importancia tivo a súa conquista, (1227), que o rei Fernando III decide que a partir dese momento a bandeira real, que logo sería a española, teña sobre si a aspa ou cruz de San Andrés, pois atribúe ao apóstolo e á súa intercesión a milagrosa conquista. E durante séculos, ata Carlos III, será o símbolo distintivo das bandeiras españolas, e aínda hoxe o rei Juan Carlos apoia todo o seu escudo na Cruz de San Andrés, en cuxa festividade, 30 de novembro se conquistara a cidade de Baeza. Tres séculos despois a raíña Isabel I, medorenta de que a nobreza lle discutise o seu poder, mandou derrubar o seu Alcázar, do que só queda algún resto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]