Ponte de Biscaia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°19′23″N 3°01′00″O / 43.32306, -3.01667

Ponte de Biscaia
Trainera Transbordador Vizcaya.jpg
Localización
RíoNervión
ConcelloPortugalete - Getxo
ProvinciaBiscaia
Características
Lonxitude160 m
Gálibo45 m
TipoTransbordador
MaterialAceiro
Ponte de Biscaia
Zubia jun.jpg
Ponte de Biscaia
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
Localización43°19′23″N 3°01′01″O / 43.32306, -3.01694
TipoCultural
CriteriosI, II
Inscrición2006 (30ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1217

A ponte de Biscaia (Bizkaiko Zubia en éuscaro, Puente de Vizcaya en castelán) é unha ponte con barca transbordadora que une as dúas ribeiras da ría do Nervión en Biscaia.

A ponte enlaza a vila de Portugalete co barrio de Areeta de Getxo, así como as dúas beiras da ría de Bilbao. A súa construción debeuse á necesidade de unir os balnearios existentes en ambos lados da ría, destinados á burguesía industrial e aos turistas de finais do século XIX.

A xente da zona, e mesmo o sitio web oficial, adoita chamalo Puente Colgante (literalmente "ponte colgante"), aínda que a súa estrutura é bastante diferente dunha ponte colgante.

Historia[editar | editar a fonte]

A ponte de Biscaia construíuse para conectar as dúas marxes que están situadas na desembocadura do río Nervión. É a ponte de transporte de estrutura metálica máis antiga do mundo e inaugurouse o 28 de xullo de 1893, deseñouna Alberto Palacio, un dos discípulos de Gustave Eiffel. O Enxeñeiro Ferdinand Joseph Arnodin estaba ao mando, e o principal financiador do proxecto foi Santos López de Letona. Foi a solución que deu o enxeñeiro ao problema de conectar as localidades de Portugalete e Getxo sen perturbar o tráfico marítimo do Porto de Bilbao e sen ter que construír unha maciza estrutura con longas ramplas. Palacio quería deseñar unha ponte que puidese transportar pasaxeiros e carga, e que permitise o paso dos barcos. A ponte lanzadeira de Palacio era axeitada e podía construírse a un prezo razoable.

O servizo só se interrompeu unha vez, durante catro anos, durante a Guerra Civil Española, cando se dinamitou o tramo superior. Desde a súa casa de Portugalete, Palacio viu parcialmente destruída a súa obra mestra xusto antes da súa propia morte.

Patrimonio Universal[editar | editar a fonte]

O 13 de xullo de 2006, a Ponte de Biscaia declarouse Patrimonio da Humanidade da UNESCO, sendo elixida entre un total de 37 candidaturas. En España, é o único monumento da categoría de Patrimonio Industrial. A UNESCO considera que a ponte é unha combinación perfecta de beleza e funcionalidade. Foi o primeiro en utilizar unha combinación de tecnoloxía de ferro e novos cables de aceiro que comezou unha nova forma de construír pontes que máis tarde foi imitada en todo o mundo.

Operación[editar | editar a fonte]

Vista ao longo da parte superior da ponte

A ponte, aínda en uso, ten 164 metros de lonxitude, e a súa góndola pode transportar seis coches e varias ducias de pasaxeiros en minuto e medio.

Funciona cada 8 minutos durante o día (cada hora pola noite), durante todo o ano, con diferentes tarifas para os servizos de día e de noite, e está integrado no sistema tarxeta Barik. Estímase que catro millóns de pasaxeiros e medio millón de vehículos usan a ponte ao ano.[1]

Hai dous novos ascensores de visitantes instalados nos alicerces de 50 metros de altura da ponte que permiten percorrer a plataforma da ponte, desde onde se contempla o porto e a baía de Abra.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

A estrutura está formada por catro torres de 61 metros que son os piares e que se alzan nas ribeiras do río. As torres están arriostradas con cables de ferro ao traveseiro e son paralelas ao río e por cables que seguen a liña da ponte ata o outeiro de detrás (polo lado de Portugalete) e o chan (polo lado das Areas). O traveseiro superior, que se sitúa horizontalmente, descansa entre dúas torres mediante 70 cables de suspensión. Tamén axudan a soportar unha gran cantidade de peso e están apoiados nas ménsulas, o que axuda a equilibrar o peso. A góndola transporta vehículos e colgan dun cati de 36 rodas e mide 25 m. de longo. Desprázase ao longo dos carrís a través do traveseiro horizontal.

Construción[editar | editar a fonte]

A estrutura ten unha altura de 45 metros e unha lonxitude de 160 metros. No proxecto definitivo decidiuse utilizar dous traveseiros horizontais para soportar os carrís, e estes están sostidos por catro piares que se erguen sobre catro torres que se sitúan nas ribeiras do río. Está feito de ferro. Das minas de Biscaia extraíase moito ferro, o que aumentou a industria mineira e navieira. Por iso, a Ponte de Biscaia tamén representa o crecemento e o triunfo dunha nova era.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Chu, Nick. "Vizcaya ("Hanging") Bridge: Half Gondola, Half Bridge, 100% Awesomeness". The Gondola Project. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 26 de novembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]