Siria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
الجمهوريّة العربيّة السّوريّة
Al-jumhuriyya al-`Arabiyya as-Suriyya
República Árabe Siria
Bandeira de Siria Escudo de Siria
Bandeira Escudo
Lema: Ningún
Himno nacional: Homat el Diyar
 
Syria (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Damasco
1.569.394
Cidade máis poboada Alepo
Linguas oficiais
Árabe, Arameo sirio (cooficial)
Forma de goberno República presidencialista / Estado Unipartidista
Bashar al-Assad
Wael Nader al-Halqi
Independencia
 • Declarada
 • Recoñecida
De Francia
1 de xaneiro de 1944
17 de abril de 1946
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 87º
185,180 km²
0,06
3.098 km km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 55º
19.405.000 (2007)
103 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita


IDH (2007) 0,724 (108º) – medio
Moeda Libra siria (SYP)
Xentilicio Sirio, -a
Fuso horario
 • en verán
UTC+2
UTC+3
Dominio de Internet .sy
Prefixo telefónico +963
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO 760 / SYR / SY
Membro de: ONU, LA
Tódolos países do mundo
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Siria é un país do Oriente Medio. Limita ó norte con Turquía, o leste e sur con Iraq, ó sur con Xordania e ó oeste con Israel, Líbano e o mar Mediterráneo. A rexión de fronteira con Israel (Altos de Golán) é obxecto de disputa entre ámbolos dous países.

Historia[editar | editar a fonte]

Siria forma parte de Asia, en concreto do Oriente Medio. O nome de Siria é tan antigo como a súa historia, atopándose multitude de referencias na Biblia. Anteriormente, formaba parte dun territorio moito máis amplo, que incluía ademais os actuais Chipre, Líbano, Xordania, Iraq e Israel, cuxo nome era Bilad al Cham ou Territorio Lunar, por ser o seu capital, Damasco, tamén chamada Cham, un oasis no medio do deserto.

Siria formou parte, xunto con Exipto, da República Árabe Unida entre 1958 e 1961.

Durante un breve período nos anos 1970, Siria xunto con Libia e Exipto conformou unha federación que pretendía ser o xerme para a definitiva unidade árabe. Dita federación fora impulsada de xeito decidido polo líder libio Muammar al-Gaddafi, pero sucumbiu aos conflitos de intereses entre os tres países que se viron divididos entre outros asuntos pola súa postura fronte a Israel.


Subdivisións[editar | editar a fonte]

Siria divídese en 14 muhafazat (محافظة , singular muhafazah equivalente a provincia ou gobernación) que levan o nome da capital, e que se subdividen en 61 manāṭiq (singular minţaqah equivalente a distrito ou rexión)

Muhafazat Capital
1 Lataquia Lataquia
2 Idlib Idlib
3 Alepo Alepo
4 Al-Raqqah Al-Raqqah
5 Al-Hasakah Al-Hasakah
6 Tartus Tartus
7 Hama Hama
8 Deir ez-Zor Deir ez-Zor
9 Homs Homs
10 Damasco
11 Damasco Rural
12 Quneitra Quneitra
13 Daraa Daraa
14 Al-Suwayda Al-Suwayda

Xeografía[editar | editar a fonte]

Muhafazat de Siria

Siria esténdese entre as latitudes 32° e 38° N e as lonxitudes 35° e 43° E. Na súa maior parte consiste nunha chaira árida, non obstante o noroeste do país, que se abeira ó Mediterráneo, é bastante verde. O nordés mailo sur constituían as zonas agrícolas tradicionais.[1] O Éufrates, o río sirio máis importante, cruza o país polo leste.

O clima é seco e quente, os invernos son moderados, mais pola elevación do país por veces neva no inverno.[1].

Economía[editar | editar a fonte]

Véxase: Economía de Siria.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 National Council of Geography Teachers (U.S.) (1928). The Journal of Geography. The Journal of geography. p. 167. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Siria Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]