Compromiso de Caspe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carta asinada en 1412 co compromiso de Caspe.

O Compromiso de Caspe foi un acordo asinado en Caspe o 25 de xuño de 1412 entre os reinos de Aragón e Valencia e o principado de Cataluña para designar sucesor no trono, trala morte en 1410 de Martiño I de Aragón. Foi elixido como herdeiro da Coroa de Aragón Fernando de Antequera, da Casa de Trastámara, co nome de Fernando I de Aragón.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1410, ao morrer o seu tío o rei Martiño I de Aragón sen descendencia directa e lexítima, Fernando presenta a súa candidatura á sucesión do trono aragonés e, aínda que nun principio preséntanse ata seis candidatos ao trono e Fernando non é dos máis favorecidos, a caída en desgraza de Luís de Anjou (que non puido responder ás peticións de axuda militar das súas partidarios debido á gran distancia de Nápoles)[1] impulsou a súa candidatura, que se converteu na máis potente xunto á de Xaime de Urgell.

Fernando, que contaba cun gran poder económico (a súa rede de señoríos era enorme),Do seu pai herdou as vilas de Olmedo, Medina, Écija, Arjona, Valmaseda e Santa Gadea, o condado de Trastámara e unha conxunto de rendas. Nas Cortes de Guadalaxara de 1390, obtivo o señorío de Lara, as vilas de Medina del Campo, Cuellar e o ducado de Peñafiel. Ao casar con Doña Leonor de Alburquerque engrandeceu os seus dominios cos señoríos de Haro, Briones, Cerezo, Belorado, Ledesma, Alburquerque, Medellín, Villalón e Urueña cun sólido prestixio militar e o exército castelán á súa disposición, contou co apoio da familia valenciana dos Centelles, da familia aragonesa dos Urrea e dunha parte substancial da burguesía barcelonesa. Isto, unido aos erros de Xaime de Urgell, entre eles a conspiración para asasinar ao arcebispo de Zaragoza, García Fernández de Heredia, e ao apoio tanto de Bieito XIII, así como do seu confesor, Vicente Ferrer, inclinarán a balanza cara á candidatura de Fernando, que será referendado, o 28 de xuño de 1412, no chamado Compromiso de Caspe ao ser proclamado rei de Aragón e dos demais estados da Coroa de Aragón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. María del Pilar Rábade Obradó et al., La dinámica política, Madrid, Istmo, 2005, p. 459. ISBN 84-7090-433-7

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.