Goberno e política de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Goberno Español ten o seu principal regulación na Constitución española de 1978, no seu Título IV (e o V respecto da súa relación coas Cortes Xerais).

O Goberno dirixe a interior e exterior, a Administración civil e militar e a defensa do Estado. Exerce a función executiva e a potestade regulamentaria de acordo coa Constitución e as leis. O Goberno componse do Presidente, dun ou máis Vicepresidentes, dos Ministros e dos demais membros que estableza a lei.

O Presidente dirixe a acción do Goberno e coordina as funcións dos demais membros do mesmo, sen prexuízo da competencia e responsabilidade directa destes na súa xestión. Os membros do Goberno non poderán exercer outras funcións representativas que as propias do mandato parlamentario, nin calquera outra función pública que non derive do seu cargo, nin actividade profesional ou mercantil algunha. O Presidente é elixido polo Congreso, a proposta do Rei. O resto de membros do Goberno, elíxeos o propio Presidente, nomeándoos o Rei. A actuación do Rei é simbólica.

Composición do executivo español:[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goberno de España. "La Moncloa. Gabinete". Consultado o 17/12/2014. 
  2. Cesou o 19 de xullo de 2016 ao ser elixida presidenta do Congreso dos Deputados, sendo substituída na carteira por Rafael Catalá, ministro de Xustiza en funcións).
  3. José Manuel Soria dimitiu do seu cargo en abril do 2016. As súas competencias foron asumidas por Luis de Guindos.