Organización das Nacións Unidas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Nacións Unidas")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Bandeira da Organización das Nacións Unidas
Bandeira
Escudo da Organización das Nacións Unidas
Escudo
 
Situación de Organización das Nacións Unidas
 
Sede Nova York
Idioma oficial Árabe
Chinés
Castelán
Francés
Inglés
Ruso
Forma de goberno Organización internacional
Ban Ki-moon
Fundación
 • Asínase a Carta das Nacións Unidas
 • Ratificación da Carta

26 de xuño de 1945
24 de outubro de 1945
Membros 193 estados membros
Sitio web un.org

A Organización das Nacións Unidas (ONU) é un organismo intergobernamental mundial cuxo principal obxectivo e promover a cooperación internacional. Foi fundada oficialmente o 24 de outubro de 1945 en San Francisco, California, finalizada a Segunda Guerra Mundial.

A primeira Asemblea Xeral celebrouse o 10 de xaneiro de 1946 (celebrada en Central Hall Westminter, Londres). A sede actual está na cidade de Nova York.

A precursora das Nacións Unidas foi a Sociedade de Nacións (tamén coñecida como "Liga das Nacións"), organización concibida en circunstancias similares durante a Primeira Guerra Mundial e estabelecida en 1919, en conformidade co Tratado de Versalles, "para promover a cooperación internacional e conseguir a paz e a seguridade". Todos os países soberanos internacionalmente recoñecidos son membros, excepto o Vaticano, en calidade de observador, e Taiwán (un caso especial, recoñecida por poucos países). Dende o 14 de xullo de 2011 a ONU ten 193 Estados Membros. O seu secretario xeral é Ban Ki-moon dende o 1 de xaneiro de 2007.

Un dos feitos máis destacábeis da ONU é a proclamación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en 1948.

Antecedentes e historia[editar | editar a fonte]

Sede da Organización das Nacións Unidas en Nova York.

A idea das Nacións Unidas foi elaborada na declaración, asinada durante a Segunda Guerra Mundial, na conferencia de Aliados celebrada en Moscova en 1943. O daquela presidente dos Estados Unidos da América, Franklin Delano Roossevelt, suxeriu o nome de "Nacións Unidas". O 25 de abril de 1945 celebrouse a primeira conferencia en San Francisco. Á parte dos gobernos, foron convidadas organizacións non gobernamentais. As 50 nacións representadas na conferencia asinaron a Carta das Nacións Unidas dous meses máis tarde o 26 de xuño; Polonia, que non estivera representada na conferencia, engadiu o seu nome máis tarde.

A ONU comeza a súa existencia o 24 de outubro de 1945, despois de ter sido ratificada a Carta polos entón cinco membros permanentes do Consello de Seguridade (República Popular da China, Francia, A Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas, o Reino Unido e os Estados Unidos da América) e pola gran maioría dos outros 46 membros.

Actualmente os 5 Membros Permanentes do Consello de Seguridade son os únicos que teñen veto nas decisións. Estes son os Estados Unidos da América, a Federación Rusa, Francia, o Reino Unido e a República Popular da China.

Os fundadores da ONU tiñan grandes esperanzas de poderen actuar para previren novas guerras. Aqueles desexos non se conseguiron en moitos casos. Desde 1947 ata 1989 (Caída do Muro de Berlín) a división do mundo en zonas hostís durante a chamada Guerra fría tornou este obxectivo moi difícil de acadar debido ao sistema de veto do Consello de Seguridade.

Países fundadores[editar | editar a fonte]

Arabia Saudita, Arxentina, Australia, Bélxica, Bielorrusia, Bolivia, Brasil, Canadá, Checoslovaquia, Chile, China, Colombia, Costa Rica, Cuba, Dinamarca, Ecuador, Etiopía, Estados Unidos de América, Exipto, Filipinas, Francia, Grecia, Guatemala, Haití, Honduras, India, Irán, Iraq, Iugoslavia, Líbano, Liberia, Luxemburgo, México, Nicaragua, Noruega, Nova Zelandia, Países Baixos, Panamá, Paraguai, Perú, Polonia, Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, República Dominicana, Federación de Rusia, O Salvador, República Árabe Siria, Suráfrica, Turquía, Ucraína, Uruguai e Venezuela.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Órganos[editar | editar a fonte]

O sistema das Nacións Unidas está baseado en cinco órganos principais: a Asemblea Xeral, o Consello de Seguridade, o Consello Económico e Social (ECOSOC), o Secretariado e o Tribunal Internacional de Xustiza[1]. O sexto órgano principal, o Consello de Tutela, suspendeu a súa actividade en 1994 trala independencia de Palau, o último territorio baixo tutela das Nacións Unidas[2].

Catro dos cinco órganos principais atópanse localizados na sede das Nacións Unidas de Nova York[3]. O Tribunal Internacional de Xustiza localízase na Haia, mentres que outras axencias importantes teñen a súa sede en Xenebra, Suíza[4], en Viena[5] e en Nairobi[6]. Outras institucións das Nacións Unidas están repartidas por todo o mundo. A ONU utiliza 6 linguas oficiais: árabe, chinés, español, francés, inglés e ruso[7][8]. Case todas as reunións oficiais son interpretadas simultaneamente para estas linguas. Case todos os documentos oficiais, en soporte de papel e en liña, son traducidos para estes seis idiomas. Nalgunhas dependencias, como na Secretaría, as conferencias e mailos documentos de traballo son só en francés e inglés ou en español, francés e inglés e as publicacións realízanse nestes dous ou tres idiomas. De acordo coa Convención de Privilexios e Inmunidades das Nacións Unidas, a ONU e as súas axencias teñen inmunidade diplomática ás leis dos países onde operan, salvagardando a imparcialidade das Nacións Unidas[9].

Por debaixo dos órganos e segundo as palabras da autora Linda Fasulo, existe "unha incríbel colección de entidades e organizacións, algunhas das cales son mesmo anteriores á propia ONU e que actúan case con absoluta independencia dela"[10]. Entre elas inclúense axencias especializadas, institucións de investigación e formación, programas e fondos e outras entidades das Nacións Unidas[11].

As Nacións Unidas ríxense polo Principio Noblemaire, que é vinculante para calquera organización pertencente ao seu sistema. Este principio estabelece salarios que permitan atraer cidadáns de países onde os salarios sexan moi altos, ao tempo que esixe salarios do mesmo valor independentemente da nacionalidade do empregado[12][13]. Estes soldos están suxeitos a un imposto interno que é administrado polas organizacións da ONU[12][14][15].

Órganos principais das Nacións Unidas[16]
Asemblea Xeral das Nacións Unidas
— Asemblea deliberativa de tódolos estados membros da ONU —
Secretariado das Nacións Unidas
— Órgano administrativo da ONU —
Tribunal Internacional de Xustiza
— Tribunal universal de dereito internacional —
Sala da Asemblea Xeral das Nacións Unidas
Sede das Nacións Unidos en Nova York
Tribunal Internacional de Xustiza
  • Pode acordar recomendacións non obrigatorias para os estados e suxestións para o Consello de Seguridade;
  • Decide sobre a admisión de novos membros trala proposta polo Consello de Seguridade;
  • Aproba o orzamento;
  • Elixe os membros non permanentes do Consello de Seguridade; o Secretario Xeral (trala súa proposta polo Consello de Seguridade) e quince xuíces do Tribunal Internacional de Xustiza. Cada estado ten un voto.
  • Dá apoio administrativo ao resto dos órganos da ONU (por exemplo: na organización de congresos, escribindo informes e estudos e na preparación do orzamento);
  • O Secretario Xeral é elixido pola Asemblea Xeral para un mandato de cinco anos. É o principal representante da ONU.
  • Intervén en disputas entre estados que recoñecen a súa xurisdición;
  • Emite opinións legais;
  • Emite vereditos por maioría simple. Os seus quince xuíces son elixidos pola Asemblea Xeral da ONU para un período de nove anos.
Consello de Seguridade das Nacións Unidas
— Para asuntos de seguridade internacional —
Consello Económico e Social das Nacións Unidas
— Para asuntos económicos e sociais de ámbito global —
Consello de Tutela das Nacións Unidas
— Para a administración de territorios baixo tutela da ONU (inactivo na actualidade) —
Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Consello Económico e Social das Nacións Unidas
Consello de Tutela das Nacións Unidas
  • Responsábel da cooperación entre os estados sobre cuestións económicas e sociais;
  • Coordina a cooperación entre as diferentes axencias especializadas das Nacións Unidas;
  • Ten 54 membros elixidos pola Asemblea Xeral para servir durante mandatos escalonados de tres anos.
  • Orixinalmente foi creado para administrar as posesións coloniais que foran antigos mandatos da Sociedade de Nacións;
  • Leva inactivo dende 1994, ano no que Palau, o derradeiro territorio tutelado, acadou a independencia.

Secretariado[editar | editar a fonte]

O Secretario Xeral Ban Ki-moon en abril de 2015.

O Secretariado da ONU está presidido polo Secretario Xeral, asistido por un grupo de funcionarios internacionais en todo o mundo[17]. Aporta estudos, información e servizos que precisan os órganos das Nacións Unidas para as súas reunións. Tamén leva a cabo tarefas segundo o requira o Consello de Seguridade, a Asemblea Xeral, o Consello Económico e Social e outros órganos da ONU[18].

O Secretario Xeral é de facto o principal representante, voceiro e líder da ONU. A súa posición está definida na Carta das Nacións Unidas como "o máis alto funcionario administrativo" da organización[19]. O artigo 99 da Carta indica que o Secretario Xeral pode levar ao Consello de Seguridade "calquera asunto que na súa opinión poida ameazar o mantemento da paz internacional e a seguridade". A oficina evolucionou até ter unha dobre función: a administración da organización da ONU e a mediación e diplomacia fronte aos conflitos entre os estados membros, así como a busca do consenso ante os problemas globais[20].

O Secretario Xeral é nomeado pola Asemblea Xeral despois de ser recomendado polo Consello de Seguridade, no que os membros permanentes teñen dereito de veto[21]. Non hai requirimentos específicos para o posto, mais ao longo dos anos foise aceptando que o posto debería ser dun ou dous mandatos de cinco anos, que debe haber unha rotación xeográfica e que o Secretario Xeral non debe ser orixinario dun dos cinco estados membros permanentes do Consello de Seguridade[22]. O actual Secretario Xeral é Ban Ki-moon, quen substituíu a Kofi Annan en 2007 e foi elixido unha segunda vez en 2011 para rematar o seu mandato a finais de 2016[23].

Secretarios Xerais das Nacións Unidas[24]
Número Nome País Dende Até
1 Trygve Lie Noruega Noruega 2 de febreiro de 1946 10 de novembro de 1952
2 Dag Hammarskjöld Suecia Suecia 10 de abril de 1953 18 de setembro de 1961
3 U Thant Flag of Burma (1948-1974).svg Birmania 30 de novembro de 1961 31 de decembro de 1971
4 Kurt Waldheim Austria Austria 1 de xaneiro de 1972 31 de decembro de 1981
5 Javier Pérez de Cuéllar Flag of Peru.svg Perú 1 de xaneiro de 1982 31 de decembro de 1991
6 Boutros Boutros-Ghali Exipto Exipto 1 de xaneiro de 1992 31 de decembro de 1996
7 Kofi Annan Ghana Ghana 1 de xaneiro de 1997 31 de decembro de 2006
8 Ban Ki-moon Flag of South Korea.svg Corea do Sur 1 de xaneiro de 2007 No cargo

Axencias especializadas, fundacións e programas[editar | editar a fonte]

Axencias especializadas[editar | editar a fonte]

A Carta das Nacións Unidas estipula que cada órgano principal das Nacións Unidas pode estebelecer varias axencias especializadas para cumprir coas súas obrigas[25]. Algunhas das axencias máis coñecidas son a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), a UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura), o Banco Mundial ou a Organización Mundial da Saúde (OMS). A meirande parte do traballo humanitario das Nacións Unidas realízase a través das axencias, como os programas de vacinación da OMS, a loita contra a fame e a malnutrición do Programa Mundial de Alimentos e a protección das persoas refuxiadas e desprazadas do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR)[26].

Axencias especializadas das Nacións Unidas
Número Acrónimo Bandeira
ou logo
Axencia Sede Director/a en novembro de 2013 Estabelecida en
1 FAO
FAO logo.svg
Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura Italia Roma, Italia Flag of Brazil.svg José Graziano da Silva 1945
2 OACI Flag of ICAO.svg Organización de Aviación Civil Internacional Flag of Canada.svg Montreal, Canadá Francia Raymond Benjamin 1947
3 FIDA Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola Italia Roma, Italia Flag of Nigeria.svg Kanayo F. Nwanze 1977
4 OIT
ILO-Spanish-logo.png
Organización Internacional do Traballo Suíza Xenebra, Suíza Flag of the United Kingdom.svg Guy Ryder 1946 (1919)
5 OMI Flag of the International Maritime Organization.svg Organización Marítima Internacional Flag of the United Kingdom.svg Londres, Reino Unido Flag of Japan.svg Koji Sekimizu 1948
6 FMI Fondo Monetario Internacional Flag of the United States.svg Washington, D.C., Estados Unidos Francia Christine Lagarde 1945 (1944)
7 UIT Unión Internacional de Telecomunicacións Suíza Xenebra, Suíza Flag of Mali.svg Hamadoun Touré 1947 (1865)
8 UNESCO Flag of UNESCO.svg Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura Francia París, Francia Bulgaria Irina Bokova 1946
9 ONUDI Organización das Nacións Unidas para o Desenvolvemento Industrial Austria Viena, Austria Flag of the People's Republic of China.svg Li Yong 1967
10 OMT Organización Mundial do Turismo España Madrid, España Flag of Jordan.svg Taleb Rifai 1974
11 UPU Flag of UPU.svg Unión Postal Universal Suíza Berna, Suíza Kenya Bishar Abdirahman Hussein 1947 (1874)
12 WBG 320 worldbank-logo.jpg Grupo do Banco Mundial Flag of the United States.svg Washington, D.C., Estados Unidos Flag of the United States.svg Jim Y. Kim 1945 (1944)
13 OMS Flag of WHO.svg Organización Mundial da Saúde Suíza Xenebra, Suíza Flag of Hong Kong.svg Margaret Chan 1948
14 OMPI Organización Mundial da Propiedade Intelectual Suíza Xenebra, Suíza Australia Francis Gurry 1974
15 OMM Flag of the World Meteorological Organization.svg Organización Meteorolóxica Mundial Suíza Xenebra, Suíza Flag of Canada.svg David Grimes / Francia Michel Jarraud 1950 (1873)

Fundacións e programas[editar | editar a fonte]

Fundacións e programas das Nacións Unidas[27]
Número Acrónimo Bandeira
ou logo
Fundación ou programa Sede Director/a en marzo de 2016 Estabelecida en
1 PNUD
Logo pnud.png
Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento Flag of the United States.svg Nova York, Estados Unidos Flag of New Zealand.svg Helen Clark 1965
2 UNICEF Fondo das Nacións Unidas para a Infancia Flag of the United States.svg Nova York, Estados Unidos Flag of the United States.svg Anthony Lake 1946
3 ACNUR UNHCRlogo.svg Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados Suíza Xenebra, Suíza Italia Filippo Grandi 1950
4 PMA Programa Mundial de Alimentos Italia Roma, Italia Flag of the United States.svg Ertharin Cousin 1961
5 UNODC Oficina de Nacións Unidas contra a Droga e o Crime Austria Viena, Austria Flag of Russia.svg Yuri Fedotov 1997
6 UNFPA UNFPA logo.svg Fondo de Poboación das Nacións Unidas Flag of the United States.svg Nova York, Estados Unidos Flag of Nigeria.svg Babatunde Osotimehin 1969
7 CNUCED Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento Suíza Xenebra, Suíza Kenya Mukhisa Kituyi 1964
8 UNEP PNUMA logo.png Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente Kenya Nairobi, Kenya Alemaña Achim Steiner 1972
9 UNRWA
UNRWA-logo.jpg
Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina no Oriente Próximo Faixa de Gaza / Flag of Jordan.svg Amán, Xordania Suíza Pierre Krähenbühl 1949
10 ONU Mulleres Entidade das Nacións Unidas para a Igualdade de Xénero e o Empoderamento das Mulleres Flag of the United States.svg Nova York, Estados Unidos Flag of South Africa.svg Phumzile Mlambo-Ngcuka 2010
11 ONU-Hábitat Programa das Nacións Unidas para os Asentamentos Humanos Kenya Nairobi, Kenya España Joan Clos i Matheu 1978

Organizacións relacionadas[editar | editar a fonte]

Organizacións relacionadas coas Nacións Unidas[28]
Número Acrónimo Bandeira
ou logo
Organización Sede Director/a en marzo de 2016 Estabelecida en
1 AIEA
Flag of IAEA.svg
Axencia Internacional de Enerxía Atómica Austria Viena, Austria Flag of Japan.svg Yukiya Amano 1957
2 OMC World Trade Organization (logo and wordmark).svg Organización Mundial do Comercio Suíza Xenebra, Suíza Flag of Brazil.svg Roberto Azevêdo 1995
3 OTPCE Organización do Tratado de Prohibición Completa dos Ensaios Nucleares Austria Viena, Austria Flag of Burkina Faso.svg Lassina Zerbo 1996
4 OPAQ Organización para a Prohibición de Armas Químicas Flag of the Netherlands.svg A Haia, Países Baixos Flag of Turkey.svg Ahmet Üzümcü 1997

Outras entidades[editar | editar a fonte]

Outras entidades das Nacións Unidas[29]
Número Acrónimo Bandeira
ou logo
Entidade Sede Director/a en marzo de 2016 Estabelecida en
1 ONUSIDA UNAIDS web RGB fr.JPG Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH/SIDA Suíza Xenebra, Suíza Flag of Mali.svg Michel Sidibé 1996
2 UNISDR Oficina das Nacións Unidas para a Redución de Desastres Suíza Xenebra, Suíza Australia Robert Glasser 1999
3 UNOPS Oficina das Nacións Unidas de Servizos para Proxectos Dinamarca Copenhague, Dinamarca Flag of Norway.svg Grete Faremo 1973

Política[editar | editar a fonte]

Lingüística[editar | editar a fonte]

A Organización das Nacións Unidas ditou, no ano 1966, que “nos estados en que haxa minorías étnicas relixiosas ou lingüísticas, as persoas que pertenzan a estas minorías non poden ser privadas do dereito de ter, comunitariamente co resto de membros do seu grupo, a súa propia vida cultural, nin de practicar e profesar a súa propia relixión, nin de usar a súa propia lingua”.

Orzamento[editar | editar a fonte]

ONU.Países con participación superior a 1%
nos ingresos do orzamento ordinario da ONU (2003).
Estados Unidos de América Estados Unidos 22 %
Flag of Japan.svg Xapón 19,51 %
Alemaña Alemaña 9,76 %
Flag of France.svg Francia 6,46 %
Reino Unido Reino Unido 5,53 %
Italia Italia 5,06 %
Flag of Canada.svg Canadá 2,55 %
España España 2,51 %
Flag of Brazil.svg Brasil 2,39 %
Flag of South Korea.svg Corea do Sur 1,85 %
Países Baixos Países Baixos 1,73%
Australia Australia 1,62 %
Flag of the People's Republic of China.svg China 1,53 %
Suíza Suíza 1,27 %
Rusia Rusia 1,20 %
Bélxica Bélxica 1,12 %
Flag of Mexico.svg México 1,08 %
Suecia Suecia 1,02 %

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fasulo 2004, pp. 3–4.
  2. Fasulo 2004, p. 8.
  3. ONU (ed.). "United Nations Visitors Centre - Location". Consultado o 3 de abril de 2016. 
  4. United Nations Office at Geneva (ed.). "United Nations Office at Geneva". Consultado o 3 de abril de 2016. 
  5. United Nations Office at Vienna (ed.). "Welcome to the United Nations Office at Vienna!". Consultado o 3 de abril de 2016. 
  6. United Nations Office at Nairobi (ed.). "Welcome to the United Nations Office at Nairobi". Consultado o 3 de abril de 2016. 
  7. un.org (ed.). "Official Languages". Consultado o 2 de abril de 2016. 
  8. "General Assembly of the United Nations – Rules of Procedure". UN Department for General Assembly. Consultado o 3 de abril de 2016. 
  9. Diplomaticlaw.com (ed.). "Jerusalem Court: No Immunity for UN Employee for Private Acts—Diplomatic/Consular Law and Sovereign Immunity in Israel". Consultado o 3 de abril de 2016. 
  10. Fasulo 2004, p. 4.
  11. Fasulo 2004, pp. 4–7.
  12. 12,0 12,1 Salaries, páxina das Nacións Unidas
  13. ILO: Noblemaire principle, Judgement 986, consideration 7, and Judgment 831, Consideration 1.
  14. UN Staff Regulations, Regulation 3.3(f)
  15. Americans Working at the U.N, World, New York Times, 28 de setembro de 2009
  16. ONU (ed.). "Main Organs". Consultado o 3 de abril de 2016. 
  17. Fasulo 2004, p. 21.
  18. Fomerand 2009, p. 285.
  19. un.org (ed.). "Main Organs - Secretariat". Consultado o 3 de abril de 2016. 
  20. Kennedy 2007, pp. 59–62.
  21. ONU (ed.). "Appointment Process". Consultado o 3 de abril de 2016. 
  22. "APPOINTMENT PROCESS". Consultado o 3 de abril de 2016. 
  23. "Ban Ki-moon wins second term as UN Secretary General". bbc.com. 21 de xuño de 2011. Consultado o 3 de abril de 2016. 
  24. ONU (ed.). "Former Secretaries-General". Consultado o 6 de novembro de 2013. 
  25. un.org (ed.). "Funds, Programmes, Specialized Agencies and Others". Consultado o 3 de abril de 2016. 
  26. Fasulo 2004, pp. 171–177.
  27. un.org (ed.). "Programmes and Funds". Consultado o 3 de abril de 2016. 
  28. un.org (ed.). "Related Organizations". Consultado o 3 de abril de 2016. 
  29. un.org (ed.). "Other Entities". Consultado o 3 de abril de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fasulo, Linda (2004). Yale University Press, ed. An Insider's Guide to the UN. New Haven, Connecticut. ISBN 978-0-300-10155-3. 
  • Fomerand, Jacques (2009). Scarecrow Press, ed. The A to Z of the United Nations. Lanham, Maryland. ISBN 978-0-8108-5547-2. 
  • Kennedy, Paul (2006). Random House, ed. The Parliament of Man: The Past, Present, and Future of the United Nations. Nova York. ISBN 978-0-375-70341-6. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]