Medical Subject Headings

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Medical Subject Headings ou MeSH é o nome dun amplo vocabulario terminolóxico controlado para publicacións de artigo e libros de ciencia.

O MeSH pódese consultar e descargar gratuitamente en Internet. A versión impresa anual descontinuouse en 2007. Orixinalmente en inglés, MeSH está traducida a numerosos idiomas e permite a recuperación de documentos en varios idiomas.

Estrutura do MeSH[editar | editar a fonte]

As relaciones xerárquicas en MeSH en 2005: Neoplasias de estómago e todos os seus termos máis amplos

A versión 2008 do MeSH contiña un total de 24.767 títulos de material, tamén coñecidos como descriptores, a maior parte dos cales son acompañados por unha breve descrición ou definición, ligazóns aos descriptores relacionados, e unha lista de sinónimos ou termos moi similares (coñecidos co nome de termos de entrada).

Organización xerárquica dos descriptores[editar | editar a fonte]

Os descriptores ou encabezamentos de materia organízanse de maneira xerárquica. Un descriptor dado pode aparecer en varios lugares na árbore xerárquica. As localizacións árbore levan etiquetas de maneira sistemática, coñecidas como número de árbores e, por conseguinte, un descriptor pode llevar varios números de árbore. Por exemplo, tras o gráfico da dereita, C significa Enfermidades de C06 Enfermidades do Sistema Dixestivo, e para C06.301 Neoplasias do Sistema Dixestivo; C04 para as neoplasias, para C04.588 Neoplasias por sitio, e C04.588.274 segundo árbore para Neoplasias do Sistema Dixestivo. Como se observa no gráfico, o termo Neoplasias aparece en catro lugares na xerarquía e, por tanto, leva catro números diferentes de árbores. O número de árbores dun descriptor dado está suxeito aos constantes cambios na actualización do MeSH. Cada descriptor tamén leva un número de identificación alfanumérico único, que non varía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]