Illas Columbretes
Tipo | grupo de illas | |||
---|---|---|---|---|
Localizado na área protexida | Q5398302 e Espacio marino del entorno de Illes Columbretes (en) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Castelló de la Plana, España | |||
| ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Composto por | ||||
Características | ||||
Superficie | 0,19 km² | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
1988 | Q5398302 | |||
As illas Columbretes son un conxunto de catro grupos de illas volcánicas que sumadas posúen 0,19 km², situadas a 30 millas (48,2 km) ao leste do Cabo de Oropesa, integradas no termo municipal de Castelló de la Plana, na provincia de Castelló (España).
Os grupos de illas son: a Illa Grossa (en castelán: Columbrete Grande), La Ferrera, La Foradada (La Horadada) e El Carallot (El Bergantín). Ademais, existen no arquipélago numerosos escollos e baixos.
Historia
[editar | editar a fonte]O nome das illas vén dos primeiros navegantes gregos e romanos que as incluíron nas súas cartas de navegación. Inicialmente déuselles o nome de Ophiusa ou Colubraria, debido ás moitas serpes que alí se atopaban. Durante séculos, foron morada e refuxio de piratas e contrabandistas.
No século XIX incendiouse a illa Columbrete Grande para acabar coas serpes, e instalouse un faro que mantivo unha poboación de fareiros ata 1975, ano no que o faro se automatizou. Desde entón, as illas están habitadas tan só por persoal pertencente aos servizos de vixilancia establecidos pola Generalitat Valenciana en 1987.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Están asentadas sobre fondos de 80 metros de profundidade e alcanzan unha cobertura de tres millas mariñas, representando un dos pequenos arquipélagos con maior interese ecolóxico do mar Mediterráneo.
A illa de maior tamaño, coñecida como a "Columbrete Grande" ou "L'illa Grossa", ten un perfil en forma de arco aberto, característico dunha grande actividade volcánica submarina. O Carallot, cos seus 32 metros de altura, representa os restos da cheminea central dun volcán.
Ata que foron protexidas, constituían un campo de tiro da aviación e da mariña, feito que produciu a deterioración de moitos dos escollos que as forman. A isto uníronse as visitas incontroladas e a pesca furtiva.
Ao mesmo tempo as Illas Columbretes constitúen un destino de primeira orde para os afeccionados ao submarinismo de todo o mundo, debido á transparencia das súas augas, á beleza dos seus fondos e á gran variedade e cantidade de especies animais e vexetais que albergan.
Grupo de illas
[editar | editar a fonte]Grupo de Illa Grossa (14,30 ha) |
Grupo de Ferrera (1,95 ha) |
Grupo de Foradada (2,21 ha) |
Grupo do Carallot (0,49 ha) |
---|---|---|---|
|
|
|
|
Reserva natural
[editar | editar a fonte]Na actualidade o arquipélago é parte dun parque natural que acolle algunhas especies en perigo de extinción, como o falcón de Eleonor e a gaivota de Audouin (ou gaivota corsa) e os seus fondos son unha Reserva de Pesca de grande importancia que contribúe á rexeneración de numerosas especies pesqueiras da zona, como a lagosta.
O parque natural das Illas Columbretes ten unha extensión emerxida de 19 ha e mergullada de 4.000 ha. A situación xeográfica é 39º55'N,0º40'E.