Provincia de Zamora
| Provincia de Zamora | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||
A provincia de Zamora é unha provincia española integrada actualmente na Comunidade Autónoma de Castela e León e cuxo territorio pertenceu antigamente ao Reino de León.
O territorio da provincia de Zamora abarca 10.559 km² e ten 174.544 habitantes no 2018. Trátase dunha poboación fortemente envellecida e en clara regresión demográfica. Os seus principais núcleos de poboación son Zamora (capital da provincia), Benavente e Toro. Outras localidades, cabezas de partido xudicial xunto coas anteriores, son: Villalpando, Pobra de Seabra e Alcañices.
Orixe da provincia
[editar | editar a fonte]A provincia nace como tal co establecemento da División territorial de España en 1833, sendo adscrita á rexión do Reino de León. Parte dos seus territorios antes formaban parte doutras provincias como a de Valladolid e a extinta provincia de Toro.
Comarcas
[editar | editar a fonte]As comarcas da provincia son:
Mancomunidades
[editar | editar a fonte]Mancomunidades actuais
[editar | editar a fonte]Os concellos da provincia están agrupados nas seguintes mancomunidades:
- Mancomunidade de Alta Seabra
- Mancomunidade ETAP Benavente y los Valles
- Mancomunidade La Guareña
- Mancomunidade Norte-Duero
- Mancomunidade de Servizos Órbigo-Eria
- Mancomunidade Reserva de las Lagunas de Villafáfila
- Mancomunidade Seabra-Carballeda
- Mancomunidade Sayagua
- Mancomunidade Tierra de Campos
- Mancomunidade Tierra de Campos-Pan-Lampreana
- Mancomunidade Tierra de Tábara
- Mancomunidade Tierra del Pan
- Mancomunidade Tierra del Vino
- Mancomunidade Tierras de Aliste
- Mancomunidade Valle del Esla
- Mancomunidade Valle del Tera
- Mancomunidade Valverde
Mancomunidades antigas
[editar | editar a fonte]Concellos non mancomunados
[editar | editar a fonte]Na actualidade, os concellos non mancomunados da provincia son:[1]
Demografía
[editar | editar a fonte]Fronteiras
[editar | editar a fonte]A provincia limita coas seguintes provincias: ao norte e sur coas provincias de León e Salamanca respectivamente , ao Leste coa Valladolid, e ao oeste coa galega Ourense e tamén co distrito portugués de Braganza.
Características
[editar | editar a fonte]Comprendida na submeseta norte, o seu territorio presenta numerosos contrastes. Destaca unha zona montañosa ao norte, parte dos Montes de León, con alturas que chegan aos 2.127 m (Pena Trevinca). Na zona occidental da provincia, a Serra da Culebra rexistra alturas de ata 1.243m (Pena Mira) e acolle no seu seo a Reserva Nacional de Caza do seu mesmo nome, con importantes poboacións de lobo ibérico (as máis significativas da península), cervos e xabaríns, entre outros. Ao SO da provincia o río Douro discorre encaxonado nunha garganta denominada Arribas do Douro con desniveis de ata 200 m, constituíndo unha fronteira natural con Portugal. A zona centro, leste e sur presenta a típica chaira meseteña.
Hidrografía e recursos do subsolo
[editar | editar a fonte]A hidrografía provincial está fortemente marcada polo Douro, que a atravesa de leste a oeste, e os seus afluentes: Valderaduey, Esla, Órbigo, Teira, Cea, Aliste, (estes 4 últimos afluentes do Esla), Guareña, Tormes. A excepción constitúea o río Bibei, afluente do Sil, que discorre pola zona máis noroccidental da provincia. As augas do Douro, do Teira, do Esla, do Bibei e do Tormes foron embalsadas ao longo do seu curso pola provincia para aproveitamento hidroeléctrico, sendo os encoros de maior capacidade o de Almendra no Tormes e o de Ricobayo no Esla. De particular interese son o Lago de Sanabria, o maior da península de orixe glaciar e as Lagoas de Villafáfila, de carácter estepario, con importantes concentracións de aves en determinadas épocas do ano.
Existen augas mineiro-medicinais nas vilas de Almeida, Ribadelago (Bouzas) e Calabor.
Lingüística
[editar | editar a fonte]O idioma predominante é o castelán, mais tamén se conserva o leonés en zonas como Sanabria[2], Benavente[3], Aliste,[4], Sayago[5]. O seu arraigo é maior canto máis ao noroeste e máis disperso canto máis ao sur e leste [6] Nos vales do Tuela e o Bibei fálase galego (concellos de Porto, Hermisende, Pías, Lubián), onde ten cotas de emprego superiores ao 95%[7][8].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "REGLAMENTO ORGÁNICO" (PDF) (en castelán).
- ↑ Frías Conde, F.X. El sanabrés. Anuario do Instituto de Estudos Zamoranos "Florián Ocampo". Deputación de Zamora, 1999
- ↑ Ynduráin, Francisco. Notas sobre el habla de Benavente (Zamora).
- ↑ Curto López, Mª Rosa. Nuevas aportaciones dialectales al habla de la Tierra de Aliste. Universidade de Valladolid, 1973.
- ↑ Stern, Charlotte. Sayago and Sayagués in Spanish History and Ltierature. Hispanic Review, XXIX, University of Pennsylvania, 1961.
- ↑ Morala Rodríguez, José Ramón. Originales y copias: El proceso de castelanización en el área leonesa. Actas do V Congreso Internacional de Historia da Lingua Española, Valencia 31 de xaneiro -4 de febreiro 2000 / coord. por María Teresa Echenique Elizondo, Juan P. Sánchez Méndez, 2002.
- ↑ E-PrintsUCM - O galego exterior ás fronteiras administrativas (en castelán)
- ↑ Textos do galego exterior
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Zamora |
