Eslovaquia
Coordenadas: 48°40′N 19°30′L / 48.667, -19.500
República Eslovaca | |||
---|---|---|---|
Slovenská republika | |||
| |||
Himno: Nad Tatrou sa blýska | |||
Capital • Poboación | Bratislava 425 155 (2004) | ||
Cidade máis poboada | Bratislava | ||
Lingua oficial | Eslovaco | ||
Forma de goberno | Democracia Parlamentaria | ||
Zuzana Čaputová Eduard Heger | |||
División de Checoslovaquia | 1 de xaneiro de 1993 | ||
Superficie | Posto 130º | ||
• Total | 48 845 km² | ||
• % auga | Desprezable | ||
Fronteiras | 1 524 km | ||
Costas | 0 km | ||
Poboación | Posto 108º | ||
• Total (2009[1]) | 5 416 958 hab. | ||
• Densidade | 111 hab./km² | ||
PIB (nominal) | Posto 60º | ||
• Total (2006) | 54 969 millóns US$ | ||
• per cápita | 10 158 US$ | ||
PIB (PPA) | Posto 62º | ||
• Total (2006) | 95 019 millóns US$ | ||
• per cápita | 17 559 US$ | ||
Moeda | Euro (EUR ) | ||
IDH (2007) | 0,863 (42º) – Alto | ||
Xentilicio | Eslovaco, eslovaca | ||
Fuso horario | CET (UTC+1) | ||
• Horario de verán | CEST (UTC+2) | ||
Dominio de Internet | .sk | ||
Prefixo telefónico | +4211 | ||
Prefixo radiofónico | OMA-OMZ | ||
Código ISO | 703 / SVK / SK | ||
Membro de: UE, ONU, OTAN, OSCE, OCDE | |||
Eslovaquia ( pronunciación (axuda · info)) (en eslovaco, Slovensko
[ˈslovɛnsko] (axuda · info)), oficialmente República Eslovaca (
pronunciación (axuda · info)) (en eslovaco, Slovenská republika
[ˈslovɛnskaː ˈrɛpublika] (axuda · info)), é un país do centro de Europa, resultado da división de Checoslovaquia, que orixinou o novo estado e tamén a Chequia. Ten fronteira ó norte con Chequia e Polonia; ó leste con Ucraína; ó sur con Hungría e ó oeste con Austria. A súa capital é Bratislava.
Historia[editar | editar a fonte]
A poboación eslava orixinal formouse no século V na área onde hoxe fica Eslovaquia. Eslovaquia formaba parte do centro do imperio de Samo no século VII. O punto máis alto do estado proto-eslovaco do século IX, coñecido como Gran Moravia, deuse coa chegada de Cirilo e de Methodius e coa expansión do reinado do rei Svatopluk. Eslovaquia acabou por se tornar parte do reino da Hungría entre os séculos XI e XIV e foi, máis tarde, parte da Austria-Hungría ata 1918. Nese ano, Eslovaquia xuntouse coas rexións da Bohemia e da veciña Moravia para formar Checoslovaquia. Coa separación do país que seguiu ao Acordo de Múnic de 1938, Eslovaquia transformouse nunha república separada, mais baixo un control firme por parte da Alemaña nazi.
Despois da segunda guerra mundial, Checoslovaquia foi reconstituída e pasou a estar baixo a influencia da Unión Soviética e do Pacto de Varsovia, de 1945 en diante.
A fin da Checoslovaquia comunista en 1989 durante a pacífica Revolución de Veludo tamén significou a fin para Checoslovaquia e a creación de dous estados sucesores: Eslovaquia e a República Checa que seguiron camiños separados a partir do 1 de xaneiro de 1993.
Eslovaquia adheriuse á Unión Europea o 1 de maio de 2004. Pasou a formar parte da eurozona o 1 de xaneiro de 2009, abandonando a coroa eslovaca e adoptando o euro como moeda.
Organización territorial[editar | editar a fonte]
Eslovaquia está subdividida en 8 kraje (singular kraj), cada un deles levando o nome da súa capital. | |||
Escudo | Galego | Eslovaco | |
![]() |
1 Bratislava | Bratislavský kraj | |
![]() |
2 Trnava | Trnavský kraj | |
![]() |
3 Trenčín | Trenčiansky kraj | |
![]() |
4 Nitra | Nitriansky kraj | |
![]() |
5 Žilina | Žilinský kraj | |
![]() |
6 Banská Bystrica | Banskobystrický kraj | |
![]() |
7 Prešov | Prešovský kraj | |
![]() |
8 Košice | Košický kraj | |
Os kraje están subdivididos en varios okresy (singular okres), distritos. Eslovaquia ten 79 distritos. |
Xeografía[editar | editar a fonte]
A paisaxe eslovaca componse de natureza montañosa. Os montes Cárpatos atópanse ao longo da maior parte da metade norte do país. É nos Cárpatos onde se sitúan os elevados picos dos montes Tatra, un destino popular para a práctica do esquí e tamén zona de moitos lagos e vales, ademais de albergaren o punto máis alto da Eslovaquia: o Gerlachovský štít, con 2.655 metros.
Hai tamén terras baixas nas extremidades suroeste (nas marxes do río Danubio) e sueste de Eslovaquia. Os ríos principais, ademais do Danubio, son o Váh e o Hron.
O clima é temperado, con veráns relativamente frescos e invernos fríos, nevados e húmidos.
Economía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Economía de Eslovaquia.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Eslovaquia |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Web do goberno eslovaco (en eslovaco e inglés)