Illa de Alborán
Tipo | illa ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Comarca Metropolitana de Almería ![]() | |||
Situado na entidade xeográfica | Mar Mediterráneo e Alborán Ridge (en) ![]() ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Almería, España ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Mar de Alborán ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 15 m ![]() | |||
Dimensións | 0,66 (![]() | |||
Superficie | 0,07 km² ![]() | |||
Actividade | ||||
Propietario | valor descoñecido ![]() | |||
A illa de Alborán é un illote español, do mar de Alborán de orixe volcánica, situada entre o litoral andaluz e o norte de África, a uns 92,6 quilómetros do litoral de Almería,[1] provincia á que pertence. A 100 metros dirección nor-leste sitúase o Illote da Nube e outro pequeno roquedal. No centro da illa hai unha canle subterránea que a traspasa dun lado a outro e é navegable con bo tempo denominado Cova das Morenas.
O nome de Alborán procede do corsario tunesino Al-Borany, quen utilizou este illote como lugar de refuxio e ancoradoiro para o asalto de navíos mercantes en augas do Estreito de Xibraltar, e como plataforma de lanzamento de ataques contra as costas almerienses. Nas súas proximidades, o 1 de outubro de 1540 produciuse a batalla da Illa de Alborán, unha das primeiras accións da Armada Española. Administrativamente, na actualidade a Illa de Alborán pertence ao concello de Almería e concretamente ao distrito almeriense do barrio de Pescadería.
Debido ao seu gran valor estratéxico, a mediados dos anos 1960 producíronse varios intentos de supostos barcos de pesca soviéticos de establecer un asentamento estable en Alborán, o que motivou ao exército español a establecer na illa un destacamento permanente de Infantaría de Mariña para o control e protección da mesma. Entre as escasas construcións existentes, hai que sinalar o faro (actualmente automatizado). Aínda que resulte sorprendente a illa conta tamén cun campo de fútbol e un cemiterio. Situada nunha importante zona sísmica na que choca a placa africana coa europea, en Alborán sitúanse os epicentros dun bo número de sismos de baixa intensidade. En 1899 descubriuse nela un novo mineral que recibe o nome de alboranita.
A illa e a súa contorna foi declarada Reserva Mariña e Reserva de Pesca en 1997 e no 2003, o Parlamento andaluz aprobou por unanimidade a Lei de Declaración do Paraxe natural de Alborán, o illote da Nube e as augas e fondos mariños que a rodean.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Isla de Alborán historia natural: el ombligo mediterráneo entre África y Europa" (PDF). outono 2007. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de novembro de 2013. Consultado o 12 de novembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Alborán ![]() |