Río Douro
| (es) Duero (pt) Douro | |||||
| Tipo | río río aurífero río principal | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Situado na entidade xeográfica | Península Ibérica e Duero River Valley (en) | ||||
| Inicio | |||||
| Continente | Europa | ||||
| País da cunca | España | ||||
| Altitude inicial | 2.160 m | ||||
| División administrativa | Castela e León, España, Distrito de Braganza, Portugal, Distrito da Guarda, Portugal, Distrito de Vila Real, Portugal, Distrito de Viseu, Portugal e Distrito do Porto, Portugal | ||||
| Localización | Serra de Urbión (pt) | ||||
| Final | |||||
| Altitude final | 0 m | ||||
| División administrativa | mar a fóra | ||||
| Localización | Océano Atlántico | ||||
| |||||
| Afluentes | 48 | ||||
| Conca hidrográfica | Conca do Douro | ||||
| Características | |||||
| Dimensións | 897 ( | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 97.290 km² | ||||
| Medicións | |||||
| Caudal | 675 m³/s | ||||

O río Douro[1] (en castelán: Duero e en portugués: Douro) é un río do centro-norte e oeste da Península Ibérica, da vertente atlántica. O seu nome provén do latín, Durius flumen, e do grego, Δόυριος ποταμού. Cos seus 897 km, é o terceiro río máis longo da Península Ibérica despois do río Texo e do río Ebro, e cos seus 97.290 km², posúe a maior conca hidrográfica peninsular (78.952 km² corresponden a territorio español e o resto a territorio portugués).
Características
[editar | editar a fonte]O Douro nace nos Picos de Urbión (no Sistema Ibérico) a uns 2.160 m de altitude e percorre terras castelás, leonesas e portuguesas, pasando por Soria, Aranda de Duero, Laguna de Duero, Toro, Zamora e Miranda do Douro, até chegar á súa desembocadura na cidade do Porto. Ten 112 km de fronteira compartida con Portugal e 213 km portugueses. A súa altitude media é de 700 metros.
No inicio do seu curso é un río longo e pouco caudaloso. De Zamora á súa foz, corre entre fragas en canóns profundos (as Arribas do Douro). O forte declive do río -o desnivel medio é de 3 m/km-, as curvas, as rochas saíntes, os caudais violentos, as múltiples irregularidades, os rápidos e os "saltos" tornaban este río indomábel ata a realización dos encoros a partir de 1961. Con eles conseguiuse a doma do río e a navegación fluvial.
Afluentes principais
[editar | editar a fonte]

Pola dereita
[editar | editar a fonte]Pola esquerda
[editar | editar a fonte]- Río Rituerto
- Río Riaza
- Río Duratón
- Río Cega
- Río Adaja
- Río Zapardiel
- Río Trabancos
- Río Tormes
- Río Uces
- Río Huebra
- Río Froya
- Río Águeda
- Río Côa
- Río Torto
- Río Távora
- Río Tedo
- Río Varosa
- Río Cabrum
- Río Bestança
- Río Paiva
- Río Guareña
Encoros
[editar | editar a fonte]

O Douro ten sete encoros en zona española e nove en zona portuguesa.
- O encoro da Cuerda del Pozo (Vinuesa, Soria) é o de maior capacidade (249 hm³) e o único que regula o caudal na súa cabeceira. As súas funcións principais son a atracción turístico-deportiva, o regadío (26.000 ha) e abastecemento de auga a Soria e Valladolid. Secundariamente, o seu potencia hidroeléctrica é de 6.080 kW (8,5 GWh de media).
- Destaca especialmente o Salto de Aldeadávila I e II por ser, en conxunto, a primeira de España en potencia (1.146 MW) e produción anual (3.500 GWh de media: un 6,3% do total nacional). Isto únese á espectacularidade das obras, cun muro de contención, que ten forma abovedada, de 140 m de altura e 250 m de lonxitude.
- Tamén a presa de Saucelle I e II é impresionante, cun muro de 92 m de altura e 178 m de lonxitude. A súa potencia é de 525 MW no seu conxunto.
| Encoro | Provincia | Capacidade (hm³) |
Superficie (ha) |
Potencia (MW) |
|---|---|---|---|---|
| Cuerda del Pozo | 229 | 2176 | 7 | |
| Los Rábanos | 8 | 98 | 4 | |
| San José | 6 | 250 | 0,56 | |
| Villalcampo | 66 | 445 | 206 | |
| Castro | 26 | 180 | 190 | |
| Miranda | 28 | - | 390 | |
| Picote | 63 | - | 180 | |
| Bemposta | 129 | - | 210 | |
| Aldeadávila | 115 | 364 | 1143 | |
| Saucelle | 181 | 589 | 525 | |
| Pocinho | 83 | - | 186 | |
| Valeira | 97 | - | 216 | |
| Régua | 95 | 160 | ||
| Carrapatelo | 148 | - | 201 | |
| Crestuma-Lever | 110 | - | 108 |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Conca do Douro en Galiza.
-
O río ao seu paso polo Parque Natural de Arribas do Douro.
-
O Douro no Porto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zamorano.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Douro |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Confederación hidrográfica do Douro Arquivado 26 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. (en castelán).
