Barco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partes dun buque:
1- Proa
2- Bulbo de proa
3- Áncora
4- Costado de babor
5- Hélice
6- Popa
7- Cheminea
8- Ponte
9- Cuberta principal

Un barco ou embarcación é calquera construción destinada a desprazarse sobre a auga, impulsada polo vento, por remos ou por rodas ou hélices movidas por un motor. Xeralmente de construción cóncava a base de madeira, metal, plástico ou outro material; debido á súa forma e ao principio de Arquimedes, aboia na auga, e é utilizado tanto no mar, coma en lagos e ríos para o transporte de bens ou persoas. Dedicado á navegación marítima ou a funcións militares .

Introdución[editar | editar a fonte]

Barcos pesqueiros.
Petroleiro.
Unha goleta de dous paus.
Vista da popa do cruceiro Saga Ruby no porto da Coruña.
Fragata Fridtjof Nansen, construída en Ferrol para a Armada Noreguesa.
USS Merrimack (1856-1861).

O mar, sempre causou fascinación no ser humano dende o comezo dos tempos; sempre o forneceu de alimento. A costa sur central do Perú na provincia de Pisco, no distrito de Paracas cara ao 10 000 a.C., grazas ó alimento existente nas súas praias, acubillou os primeiros homes que se volveron sedentarios. Primeiro foi a recolección de mariscos e moluscos, logo a pesca e finalmente o home se aventurou a penetrar nese mar que xenerosamente o fornecía de alimento. A tecnoloxía foi progresando e o home construíu plataformas para aboiar na auga; probablemente usou troncos de árbores ou outros materiais abundantes na súa contorna que tiñan flotabilidade. Para impulsarse e non quedar á deriva, botou man do remo ata que descubriu que a forza eólica podía impulsalo con menor esforzo e maior efectividade; logo, achou o xeito de levar a embarcación cara a onde quería e inventou o temón. É a partir de entón cando o home, introducindo melloras na impulsión e goberno, abriu decididamente o proceso que o levaría a construír as modernas naves que sucan hoxe día os océanos do mundo.

Tipos de barcos[editar | editar a fonte]

Os barcos divídense en dúas grandes categorías: civís e militares. A normativa é completamente diferente segundo esta división. Así os barcos civís teñen normas específicas para o seu deseño, construción e operación rexidas polas Sociedades de Clasificación. Pola súa banda os barcos militares dependen da administración e de normas que fixan as armadas de cada país.

Tipos de propulsión[editar | editar a fonte]

Segundo o combustible e o sistema de propulsión empregada os buques poden ser:

Títulos náuticos[editar | editar a fonte]

Para o manexo de buques requírese unha titulación e experiencia específica máis esixente segundo a responsabilidade. Así o máximo responsable do manexo dos buques son os capitáns, só por riba da súa autoridade está a do armador ou propietario do buque. Esta xerarquización do mando leva á especialización segundo o tamaño do buque e a súa complexidade. Así despois do capitán están os oficiais. Un primeiro oficial de máquinas e outro primeiro oficial da ponte chegando ao chanzo máis baixo que sería o posto de mariñeiro.

Partes dun buque[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: barcos