Provincia de Soria
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
| Capital | Soria | ||||
| Concello | 183 | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 90.150 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 10.303 km² | ||||
| Punto máis alto | Moncayo (2.313 m) | ||||
| Punto máis baixo | Río Jalón (750 m) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | Diputación Provincial de Soria | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 42 | ||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | ES-SO | ||||
| Código NUTS | ES417 | ||||
| Código INE | 42 | ||||
| Sitio web | dipsoria.org | ||||
A provincia de Soria é unha provincia española da comunidade autónoma de Castela e León. É unha provincia periférica desta comunidade, situada no centro-norte de España. A súa capital é Soria.
Límites
[editar | editar a fonte]Limita ao norte coa Rioxa, ao noroeste coa provincia de Burgos, ao sueste coa provincia de Segovia, estas dúas de Castela e León, ao sur coa provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha e ao leste coa provincia de Zaragoza, na comunidade autónoma de Aragón.
Esta provincia está dividida en 183 municipios, que se encadran nas seguintes comarcas:
- Campo de Gómara
- Comarca del Moncayo (Ágreda - Ólvega)
- Comarca de Almazán
- Comarca de la Ribera del Duero (San Esteban - Burgo de Osma)
- Comarca de Pinares
- Tierras Altas
- Comarca de El Valle
Xeografía
[editar | editar a fonte]O maior río que pasa pola provincia de Soria é o Douro, que de feito é un dos maiores de España. Dito río nace nesta provincia, nos Picos de Urbión. O resto dos ríos desta comunidade son afluentes do Douro e do Ebro.
Distínguense nesta provincia dúas comarcas xeográficas: comarcas: Tierra de Ágreda, que linda ao leste con Aragón, zona de hortas e bosques; e a Meseta Soriana, terra cerealística e remolacheira, na varxa do Douro. Tamén distínguese a zona norte, zona agreste rica en ignitas.
Demografía
[editar | editar a fonte]Esta provincia tiña en 2002 91 487 habitantes, que reparten nunha superficie de 10 287 km², resultando unha das máis baixas densidades de poboación de Europa, e detrás mesmo da provincia de Teruel, a máis baixa de España: 9 habitantes por km².
A poboación está, ademais, repartida moi desigualmente: na capital de provincia vive o 40% da poboación, mentres que a maioría dos concellos non chega a ter 1000 veciños, e a metade ni sequera teñen 100 veciños.
Esta provincia posúe un plan de desenvolvemento propio, o PAES, plan aprobado polo consello de ministros do 6 de maio de 2005, que intenta sacar do atraso con respecto ao Estado a esta provincia.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Soria |
