Saltar ao contido

Dereito internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dereito internacional
 Subclase de
 Parte de
 Aspecto de
 Historia
Implicados
 Practicado por
Identificadores
Freebase/m/026vs_r Editar o valor en Wikidata
MeSHD000069516 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC55447825 e C185436325 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

O dereito internacional é o conxunto de normas, convenios e tratados que regulan as relacións entre os distintos estados e tamén concirne a estrutura e funcións das organizacións internacionais. O dereito internacional difire dos sistemas xurídicos en que se aplica a estados máis que a cidadáns privados e está integrado por acordos entre estados - tratados internacionais (tratados propiamente, pactos, convenios, cartas), memorandos, intercambio de notas diplomáticas, anexos, protocolos de tratados–, polo costume internacional, así como polos principios xerais do dereito. Tradicionalmente, diferénciase entre dereito internacional público e dereito internacional privado pero é o primeiro o que se adoita denominar simplemente dereito internacional, por canto o dereito internacional privado non configura un sistema autosuficente.

Selo das Nacións Unidas conmemorativo do Tribunal Internacional de Xustiza.