O Palacio Real de la Granja de San Idelfonso é unha das residencias da Familia Real Española. Está xestionado por Patrimonio Nacional e atópase aberto ao público.
O palacio foi mandando construír por orde de Filipe V de España. Teodoro Ardemans, mestre maior do Real Palacio e da Vila de Madrid, foi o encargado de realizar os planos e o proxecto do novo palacio, iniciándose as obras en 1721 e rematáronse no 1724.[1]
Sufriu un incendio o 2 de xaneiro de 1918, no que se destruíron os frescos que decoraban os teitos da planta alta, algunhas lámpadas de cristal e bronce, mobles e unha importante colección de tapices.