Provincia de Valladolid
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
| Capital | Valladolid | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 525.398 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 8.111 km² | ||||
| Punto máis alto | Cerro de Cuchillejo (en) | ||||
| Punto máis baixo | Río Douro (645 m) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | Diputación Provincial de Valladolid (en) | ||||
| • Q36508769 | Jesús Julio Carnero (2011–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 47 | ||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | ES-VA | ||||
| Código NUTS | ES418 | ||||
| Código INE | 47 | ||||
| Sitio web | diputaciondevalladolid.es | ||||
A provincia de Valladolid está situada na Comunidade Autónoma de Castela e León, con capital na cidade homónima. Ten unha poboación de 513.712 habitantes (2005), repartidos entre 255 concellos, que abranguen unha superficie de 8.202 km². Limita ao norte co provincia de Palencia, polo leste con Burgos, polo sueste con Segovia, polo suroeste con Salamanca, polo oeste con Zamora, e polo noroeste con León.
A provincia de Valladolid posúe un pequeno enclave, Roales, entre o linde das provincias de León e Zamora.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Sita na Meseta Norte, a provincia caracterízase polo seu terreo chairo, con elevacións de escasa importancia, O seu clima é de tipo mediterráneo continentalizado, con invernos secos e fríos, e veranos calorosos. O nivel das precipitacións é de tipo mediterráneo.
A rede hidrográfica está dominada polo río Douro e os seus afluentes.
Comarcas de Valladolid
[editar | editar a fonte]Na provincia de Valladolid existen 8 comarcas históricas:
- Tierra de Campos
- Páramos del Esgueva
- Tierra de Pinares
- Campo de Peñafiel
- Campiña del Pisuerga
- Tierra del Pan
- Tierra del Vino (Valladolid) (existe outra "Tierra del Vino" en Zamora)
- Tierra de Medina
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Valladolid |
