Atletismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Atletismo é o nome que recibe un amplo conxunto de probas deportivas divididas en carreiras, saltos e lanzamentos. Pódense practicar en pavillóns ou ao ar libre.

Principais probas[editar | editar a fonte]

Carreira de valos. 400m.
Carreira de remudas
  • Probas : Carreiras
    • Carreiras de velocidade: 100 m, 200 m, 400 m.
    • Carreiras de valos: 110 m, 400 m.
    • Carreiras de media distancia (ou medio fondo): 800 m, 1500 m, 3000 m.
    • Carreiras de longa distancia (ou fondo): 5000 m, 10000 m, maratón (42,195 km).
    • Carreiras de remudas: 4x100 m, 4x400 m.
    • Carreiras de obstáculos: 3000 m.
    • Marcha: 10 km, 20 km, 50 km.

Historia[editar | editar a fonte]

Saída da proba dos 60 metros lisos en pista cuberta, durante os campionatos escoceses absolutos de atletismo, no estadio de Kelvingrove, en Glasgow.
Final 100 metros lisos en Atenas 1896

O atletismo é a forma organizada máis antiga de deporte e vense celebrando desde hai milleiros de anos. As primeiras reunións organizadas da historia foron os Xogos Olímpicos, que iniciaron os gregos no ano 776 a.C. Durante moitos anos, o principal evento olímpico foi o péntatlon, que comprendía lanzamentos de disco e xavelina, carreiras pedestres, salto de lonxitude e loita libre. Outras probas, como as carreiras de homes con armaduras, formaron parte máis tarde do programa. Os romanos continuaron celebrando as probas olímpicas despois de conquistar Grecia no 146 a.C. No ano 394 da nosa era o emperador romano Teodosio I aboliu os xogos. Durante oito séculos non se celebraron competicións organizadas de atletismo. Restauráronse en Inglaterra ao redor da metade do século XIX, e entón as probas atléticas convertéronse gradualmente no deporte favorito dos ingleses. En 1834 un grupo de entusiastas desta nacionalidade acordaron os mínimos exixíbeis para competir en determinadas probas. Tamén no século XIX se realizaron as primeiras reunións atléticas universitarias entre as universidades de Oxford e Cambridge (1864), o primeiro mitin nacional en Londres (1866) e o primeiro mitin amateur celebrado en Estados Unidos en pista cuberta (1868). O atletismo posteriormente adquiriu un gran seguimento en Europa e América. En 1896 iniciáronse en Atenas os Xogos Olímpicos, unha modificación restaurada dos antigos xogos que os gregos celebraban en Olimpia. Máis tarde os xogos celebráronse en varios países a intervalos de catro anos, excepto en tempo de guerra. En 1913 fundouse a Federación Internacional de Atletismo Amateur (IAAF). Con sede central de Londres, a IAAF é o organismo reitor das competicións de atletismo a escala internacional, estabelecendo as regras e dando oficialidade ás mellores marcas mundiais obtidas polos atletas.

Atletas[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Atletismo