Tauromaquia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Touro nunha corrida

A tauromaquia (do grego ταῦρος, touro, e μάχομαι, loitar) é a práctica de lidar touros, tanto a pé como dacabalo.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A súa expresión máis moderna e elaborada é a tourada ou corrida de touros, un espectáculo que naceu en España no século XII e que se practica tamén en Portugal, sur de Francia e en diversos países de Hispanoamérica, como México, Costa Rica, Colombia, Perú, Venezuela, Ecuador, Panamá e Bolivia. É tamén espectáculo de exhibición en China, Filipinas e Estados Unidos. As corridas de touros espertaron vivas polémicas desde os seus mesmos comezos entre partidarios e detractores.

En sentido amplo, a tauromaquia inclúe ademais todo o desenvolvemento previo ao espectáculo como tal, desde a cría do touro á confección da vestimenta dos participantes, ademais do deseño e publicación de carteis e outras manifestacións artísticas ou de carácter publicitario, que varían de acordo aos países e rexións onde a tauromaquia é tradicional.

Corridas de touros ao estilo español no mundo:      Corrida de touros legal.      Corrida de touros prohibida, que se practicaba tradicionalmente. Nota: Algúns concellos prohibiron as corridas de touros en países e rexións onde é legal.
A tauromaquia nas provincias españolas no século XIX.
A tauromaquia nas provincias españolas no 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]