Cordilleiras Béticas
| Tipo | sistema montañoso cordilleira | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Arco de Gibraltar (pt) | |||
| Situado na entidade xeográfica | Península Ibérica | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Andalucía, España | |||
| ||||
| Comparte fronteira con | Depresión do Guadalquivir, norte | |||
| Composto por | ||||
| Características | ||||
| Altitude | 3.478 m | |||
| Punto máis alto | Mulhacén | |||
| Historia | ||||
| Período | Terciário (pt) | |||

As Cordilleiras Béticas ou Sistemas Béticos son un conxunto de sistemas montañosos que se estenden polo sur da Península Ibérica, desde o golfo de Cádiz ata Alacant e Baleares. Forman parte do Arco de Xibraltar e se subdividen nas cordilleiras Prebética, Subbética e Penibética.
É o máis importante dos conxuntos de relevo de España. É un vasto conxunto montañoso que se alarga máis de 600 km desde o Estreito de Xibraltar ata o Cabo da Nau e que ata continua por baixo do mar para aparecer nas Illas Baleares. O seu extremo máis estreito é na zona de Xibraltar e vaise ensanchando cara á zona oriental, onde se pon en contacto co zócolo herciniano da meseta.
Ao estudar a Cordilleira Bética hai que distinguir os seus trazos morfolóxicos. Pero tamén, para poder comprender eses trazos, temos que ter en conta a estrutura que subxace debaixo desas formas estruturais e a súa evolución xeolóxica. Imos ver como estudan a serra os xeólogos e os xeógrafos para despois contrastalo.
