Alcalá de Henares
| Epónimo | Río Henares | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
| Capital de | |||||
| Capital | Alcalá de Henares | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 200.702 (2024) | ||||
| Lingua oficial | lingua castelá | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 88 km² | ||||
| Bañado por | Río Henares, Río Camarmilla e Río Torote | ||||
| Altitude | 588 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Día festivo | |||||
| Santo padrón | Xusto e Pastor e Virgen del Val (en) | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcaldesa | Judit Piquet Flores (2023–) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | E 28800-28807 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 91 | ||||
| Código INE | 28005 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Talence (1985–) Peterborough (1986–) Guanajuato (1990–) Praça da Revolução (Havana) (pt) El Toboso (2001–) Lublin (2001–) Edchera (en) Alba Iulia (2002–) Azul (pt) Lebrija (2021–) Montauban (2022–) | ||||
| Sitio web | ayto-alcaladehenares.es | ||||
Alcalá de Henares é unha cidade española pertencente á Comunidade de Madrid. Está situada na Conca do Henares, ao leste da rexión. Dista 34 km do centro da capital e 22 km da veciña Guadalaxara. É a capital da comarca de Alcalá.
O seu nome significa «Castelo sobre o río Henares». É unha das cidades máis poboadas da Comunidade de Madrid e núcleo central do denominado Corredor del Henares, do cal a cidade é o motor e núcleo de referencia.
A súa creación remóntase a época romana, onde crearon unha vila chamada Complutum. Foi declarada Cidade Patrimonio Mundial pola Unesco en 1998. Grazas ao recinto histórico e o reitorado da Universidade, é unha das nove cidades de España que a Unesco clasificou como únicas. É famosa pola súa Universidade, construída grazas ao cardeal Cisneros o 13 de abril de 1499, pero logo da súa decadencia durante o século XVIII, mediante a Real Orde da Raíña Rexente de 29 de outubro de 1836, decretouse a súa supresión en Alcalá e traslado a Madrid, onde pasou a chamarse Universidade Central. Xurdiu co seu status actual en 1977, ao producirse o fenómeno de descentralización universitaria e constituírse como Universidade propia, o que a converteu novamente en Cidade Universitaria.
Historia
[editar | editar a fonte]As orixes da cidade de Alcalá de Henares remóntanse a época prehistórica cuxo asentamento estaba nas elevacións que se coñece como cerro de Zulema ou cerro do Viso, que máis tarde tomaría o nome de San Juan del Viso por unha antiga ermida dedicada a san Xoán Bautista. Os romanos preferiron formar a súa cidade en terreo chairo e así naceu Complutum. Os musulmáns construíron un enclave de defensa, o que máis tarde se coñeceu como Al-Qalat-Nahar ("O castelo do Henares"). Coa Reconquista cristiá, a zona de Complutum trasladou a súa localización definitiva ao redor do que é hoxe a Catedral Maxistral.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alcalá de Henares |
