Conversa usuario:Breogan2008
Arquivos
|
lugares da provincia de Ourense[editar a fonte]
Ola de novo! Se queres continuar o traballo que estabas a facer co bot creando lugares de Galicia en Galipedia, xa podes crear os da provincia de Ourense. Pero, por favor, non os ligues ou crees en Wikidata. Xa os creo e/ou ligo eu en Wikidata como fixen co resto. (Quedanme uns poucos pendentes aínda, pero fareinos en breve). Graciñas! Maria zaos (conversa) 7 de xaneiro de 2023 ás 18:38 (UTC)
- Perfecto!! Mil grazas María. Apertas  Breogan2008 (conversa) 7 de xaneiro de 2023 ás 19:59 (UTC)
Alófona (sociolingüística)[editar a fonte]
Síntoo, mais estivemos editando a un tempo Alófona (sociolingüística). Cambiaras "recén" por "acabado de" e eu cambieino paralelamente por "recentemente". Se che gusta máis "acabado de", paréceme ben e pómolo así. Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 10 de xaneiro de 2023 ás 18:34 (UTC)
- Sen problema. Déixoo ao teu criterio como creador do artigo. Saúdos e a seguir así. Breogan2008 (conversa) 10 de xaneiro de 2023 ás 20:44 (UTC)
Cornualla[editar a fonte]
Ola, Breogan! Como vai todo?
Quería pedirlle un favor ao teu bot. Podes mudar Cornualles -> Cornualla nos corpos de texto? Ese é o nome que aparece en DiGalego e no TERGAL, coido que referencias axeitadas. Ata onde vin, xa non quedan Cornualles en títulos de artigos nin categorías, pero pode que me escapase algún.
Mil grazas. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 13 de xaneiro de 2023 ás 11:59 (UTC)
- Perfecto Estevo, póñome xa. Grazas polas túas achegas coas referencias do nome. Breogan2008 (conversa) 13 de xaneiro de 2023 ás 12:00 (UTC)
Regador[editar a fonte]
Ola Breogán. Recentemente editei o artigo Regador e creo que xa se pode quitar o marcador de wikificar. Poderías botarlle unha ollada? Mark Gasoline (conversa) 14 de xaneiro de 2023 ás 17:02 (UTC)
- Boas Mark. Si, o formato está mellor. Ao artigo non lle viñan mal unhas referencias. Se queres bótolle man eu e aquelámolo entre os dous. Paréceche? Saúdos.  Breogan2008 (conversa) 14 de xaneiro de 2023 ás 17:43 (UTC)
- Eu non teño nin idea de onde atopar referencias, pero se che parece ben quítolle o marcador de wikificar. --Mark Gasoline (conversa) 14 de xaneiro de 2023 ás 17:48 (UTC)
- Acabo de botarlle un ollo ao artigo en inglés e ese ten varias fontes. Non é moi extenso, un día que teñas un rato libre podes traducir. Saúdos e grazas. Un abrazo, compañeiro. --Mark Gasoline (conversa) 14 de xaneiro de 2023 ás 17:54 (UTC)
- Paréceme perfecto. Saúdos Breogan2008 (conversa) 14 de xaneiro de 2023 ás 17:56 (UTC)
- Acabo de botarlle un ollo ao artigo en inglés e ese ten varias fontes. Non é moi extenso, un día que teñas un rato libre podes traducir. Saúdos e grazas. Un abrazo, compañeiro. --Mark Gasoline (conversa) 14 de xaneiro de 2023 ás 17:54 (UTC)
- Eu non teño nin idea de onde atopar referencias, pero se che parece ben quítolle o marcador de wikificar. --Mark Gasoline (conversa) 14 de xaneiro de 2023 ás 17:48 (UTC)
Empresas de audiovisual de Galicia[editar a fonte]
Boas, Breo! Como vai todo?
Estaba a crear subcategorías en Categoría:Empresas de Galicia. Anímaste a facer Categoría:Empresas de audiovisual de Galicia, que á súa vez inclúa Categoría:Produtoras de cinema de Galicia. Coidas que o tema dá de si? Xa me contarás. Moi agradecido!! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de xaneiro de 2023 ás 08:37 (UTC)
- Boas Estevo, botareille un ollo ás categorías que me comentas. A única da que non estou moi seguro é a de Empresas de audiovisual de Galicia. Ao meu ver estarían dentro de Categoría:Produtoras de cinema de Galicia ou Categoría:Produtoras de televisión de Galicia. Doulle unha volta e dígoche. Un saúdo. Breogan2008 (conversa) 20 de xaneiro de 2023 ás 09:23 (UTC)
Xosé Miranda[editar a fonte]
Ola, Breo! Desfixen a túa edición no artigo de Xosé Miranda porque, efectivamente, está xa xubilado. Graciñas por amañar os lins nos artigos de lugares da Estrada! En breve Cabeza Quiles vai sacar un libro da toponimia de Ribeira. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 25 de xaneiro de 2023 ás 12:37 (UTC)
- Perfecto, pensei que era un vandalismo. Grazas a ti pola aclaración. Breogan2008 (conversa) 25 de xaneiro de 2023 ás 12:40 (UTC)
Android APK[editar a fonte]
Comentasme que podría facer edicións nunha subpáxina de usuario pero non sei como se fai.
Un saudo.
Pablo131415 Pablo131415 (conversa) 26 de xaneiro de 2023 ás 12:19 (UTC)
- Boas Pablo, faise creando unha páxina co teu nome de usuario diante, despois unha / e logo o título do artigo. Déixoche a ligazón co título do artigo preparado por que se queres probar >>> Usuario:Pablo131415/APK (formato). Aquí podes facer tantas edicións como queiras antes de que o artigo estea listo para ser publicado. Saúdos Breogan2008 (conversa) 26 de xaneiro de 2023 ás 12:26 (UTC)
- Creo que xa a teño lista a publico xa ¿Ou teño que pasar algunha revisión? Pablo131415 (conversa) 30 de xaneiro de 2023 ás 08:33 (UTC)
- Boas Pablo, non vexo diferenza entre o que fixeches na páxina de probas e a páxina que xa che eliminaron. O contido segue cos mesmos problemas que che comentou Estevo noutra conversa. Propóñeche unha cousa, porque non fas a tradución do primeiro parágrafo do artigo que xa existe en castelán? Xa ten un formato, redacción e referencias que che poden servir de exemplo, o único que tes que facer é traducilo ben. Despois podo facerlle eu un repaso e sinalarche calquera erro que puidera haber. Paréceche? Un saúdo. Breogan2008 (conversa) 30 de xaneiro de 2023 ás 09:29 (UTC)
- Creo que xa a teño lista a publico xa ¿Ou teño que pasar algunha revisión? Pablo131415 (conversa) 30 de xaneiro de 2023 ás 08:33 (UTC)
Galegos de Barcelona[editar a fonte]
Ola, Breogán! Como vai?
Coma noutras ocasións, de novo veño romperche a cabeza. Anímaste a crear, dentro de Categoría:Emigración galega, a Categoría:Galegos de Barcelona? Coido que daría bastante de si, e temos o precedente de Categoría:Galegos de Madrid e Categoría:Galegos do País Vasco. Xa me contarás. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 3 de febreiro de 2023 ás 10:22 (UTC)
- Edito: acabo de decatarme de que xa existe Categoría:Galegos de Cataluña. Desculpa a molestia! --Estevo(aei)fálame aquí 3 de febreiro de 2023 ás 10:24 (UTC)
- Perde conta Estevo! Non é molestia ningunha. Saúdos. Breogan2008 (conversa) 3 de febreiro de 2023 ás 10:26 (UTC)
Eliminación rápida[editar a fonte]
Ola, Breogán. Mira que che digo... Falaches coa autora do artigo de Sica Romero? Busquei a conversa e non a atopei. Xabier Cid Talk 2 me, please 4 de febreiro de 2023 ás 19:45 (UTC)