Nicolás Salmerón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nicolás Salmerón
Nicolas Salmeron.jpg
Nicolás Salmerón Alonso
Escudo del Gobierno Provisional y la Primera República Española.svgPresidente do Goberno da Primeira República
Período: 18 de xullo de 1873 - 7 de setembro de 1873
Antecesor: Francesc Pi i Margall
Sucesor: Emilio Castelar y Ripoll
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 10 de abril de 1838
Lugar: Flag of Spain (1785-1873 and 1875-1931).svgAlhama de Almería, Almería, España
Falecemento: 20 de setembro de 1908
Lugar: Francia Pau, Francia
Organización: Partido Progresista de España
Republicanismo unitario
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): {{{cargos}}}
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Político, historiador, filósofo e catedrático.
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Nicolás Salmerón Alonso, nado en Alhama de Almería o 10 de abril de 1838 e finado en Pau (Francia) o 20 de setembro de 1908, foi un político e filósofo español, que chegou a Presidente do Poder Executivo da Primeira República Española durante un mes e medio no ano 1873. Dimitiu do seu cargo por negarse a asinar unha pena de morte. Foi catedrático de Historia Universal na Universidade de Oviedo e de Metafísica na Universidade de Madrid. Estudou as teorías de Krause, que inspiraron á Institución Libre de Ensino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai foi médico, e o seu irmán máis vello, Francisco Salmerón (1822-1878) foi político e xurista. Estudou o ensino en Almería. Máis tarde viaxou a Granada onde estudou Dereito e Filosofía, sendo co-discípulo de Francisco Giner de los Ríos. En Madrid foi influenciado pólas teorías de Krause a través de Julián Sanz del Río, o seu profesor. En 1858, foi profesor de Filosofía no Instituto de San Isidro de Madrid e ao ano seguinte foi nomeado profesor axudante na Facultade de Letras da Universidade Central.

O 13 de xullo de 1869 obtivo a cátedra de Metafísica na Universidade Central. En 1867 foi detido polas súas actividades revolucionarias no seo do Partido Demócrata, a carón de Francesc Pi i Margall, pasando cinco meses no cárcere.

Durante o Sexenio Democrático (1868-1874) foi un dos líderes do republicanismo, a pesar das diferenzas doutrinais que tiña de federalismo Pi i Margall. No ano 1871 foi elixido deputado por Badaxoz.

A Primeira República[editar | editar a fonte]

Coa proclamación da República en 1873, foi nomeado Ministro de Gracia e Xustiza do goberno de Estanislao Figueras. Tentou reformar o sistema xudicial e establecer unha lexislación secular.

Trala dimisión de Pi i Margall, as Cortes Constituíntes nomeárono Presidente do Poder Executivo[1]con 193 votos contra 93[2]de Pi i Margall, cargo que exerceu entre o 18 de xullo e o 7 de setembro de 1873. A situación de todo o período foi especialmente crítica, o que o levou a non poder controlar as sublevacións cantonais que xurdían en España. Os seus problemas co Exército no foron menores durante o seu período presidencial, e a súa negativa a asinar a pena capital obligarono a dimitir. Dous días despois de abandonar o cargo foi elixido Presidente do Congreso dos Deputados. Os enfrontamentos co seu sucesor, Emilio Castelar, axudaron involuntariamente ó golpe de Estado do xeneral Pavía que, xunto co de Arsenio Martínez Campos o 29 de decembro de 1874, deron fin a primeira experiencia republicana en España.

Restauración da Monarquía[editar | editar a fonte]

Estatua de Nicolás Salmerón en Almería

No 1874 regresa a súa cátedra de Metafísica, pero coa Restauración borbónica verase privado da plaza o 17 de xullo de 1875 nun amplo proceso de depuración universitaria. Aínda que tratou de manter un despacho de avogados en Madrid, a situación obligouno a partír cara o exilio en París, onde xunto a Manuel Ruiz Zorrilla fundou o Partido Republicano Progresista. Non volveu a España ata 1885, trala amnistía de Práxedes Mateo Sagasta de 1881, e puido recuperar a súa cátedra. Foi de novo deputado no 1886 e despois ininterrompidamente de 1893 ata 1907.

Finou en Pau, Francia o 20 de setembro de 1908, mentres estaba de vacacións. No ano 1915 trasladaron os seus restos ó monumento funerario levantado no cemiterio civil de Madrid, á dereita do mausoleo de Pi i Margall, o seu predecesor na presidencia da República. No seu epitafio aparece unha glosa realizada por Georges Clemenceau (primeiro ministro francés de 1907 a 1912), e recordase que deixou o poder por non asinar unha sentencia de morte.


Escudo del Gobierno Provisional y la Primera República Española.svg
Primeira República española

Segue a:
Francesc Pi i Margall
Nicolás Salmerón
Precede a:
Emilio Castelar y Ripoll
Presidente do Goberno de España

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nicolás Salmerón
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Nicolás Salmerón

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Escudo del Gobierno Provisional y la Primera República Española.svg
Presidentes do Goberno da Primeira República Española
Estanislao Figueras | Francesc Pi i Margall | Nicolás Salmerón Alonso | Emilio Castelar