La Vall de Boí
La Vall de Boí | |
---|---|
![]() | |
Localización | |
País | ![]() |
Comunidade autónoma | ![]() |
Provincia | Lleida |
Comarca | Alta Ribagorça |
Xeografía | |
Altitude | 1.111 msnm |
Superficie | 219,49 km² |
Demografía | |
Poboación | 1.052 hab. (2012) |
Densidade | 4,79 hab/km² |
Outros datos | |
Código postal | 25528 |
Alcalde | Joan Perelada Ramon (IPVB-PM) |
www.valldeboi.cat |
La Vall de Boí é un municipio catalán da provincia de Lleida, situado na comarca da Alta Ribagorça. No seu centro atópase o val de Boí, que dá nome ao municipio. É un conxunto de vales e serras da parte nororiental da comarca, da que é o municipio máis extenso, entre o Val de Barravés e a Vall Fosca.
A cabeceira do municipio é Barruera, que lle dera nome ata 1996. Inclúe a entidade municipal descentralizada de Durro i Saraís, procedente do antigo municipio de Durro, actualmente integrado no de La Vall de Boí.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Limita ao norte co municipio de Naut Aran, ao nordés con Espot, ao leste con La Torre de Cabdella e Sarroca de Bellera, ao sur con El Pont de Suert, e ao oeste con Vilaller. Desde o val pode accederse ao Parque Nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici.
O municipio está formado por dez entidades de poboación: Barruera, Boí, Caldes de Boí, Cardet, Cóll, Durro, Erill la Vall, Pla de l'Ermita, Saraís e Taüll.
Historia[editar | editar a fonte]
A historia do val iníciase seguramente a principios do século IX coa creación dos primeiros condados cristiáns. Pertencente nun principio ao condado de Tolosa (finais do século VIII), que toma estas terras baixo a protección de san Guillerme, curmán de Carlomagno, a súa historia quedou unida á do condado de Ribagorça, cuxos condes foron os seus señores feudais durante dous séculos. Foi establecida a Baronía de Erill cuxos membros residían no castelo de Erill-Castell do que non queda ningún vestixio. Durante o século XI, o val foi incluído no condado de Pallars ata que finalmente foi anexionado pola coroa de Aragón durante o século XII.
Durante moitos séculos foi un val illado e descoñecido. Alcanzou o seu máximo desenvolvemento durante o século XIII en que unha pequena poboación chamada Taüll chegou a contar con catro igrexas. A situación do val, limítrofe con outros condados, permitiu a creación de numerosos castelos, hoxe en día moi mal conservados. As numerosas igrexas que se construíron no área mostran a alta densidade de poboación que tivo no seu momento esta zona pirenaica.
No ano 2000, a UNESCO declarou Patrimonio da Humanidade o conxunto de igrexas románicas do val.
Demografía[editar | editar a fonte]
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2000 | 2012 |
---|---|---|---|---|---|
1.202 | 1.074 | 1.059 | 526 | 870 | 1.052 |
Lugares de interese[editar | editar a fonte]
Todo o románico do municipio é Patrimonio da Humanidade.
- Igrexa románica de Sant Feliu de Barruera
- Igrexa románica de Sant Salvador de Barruera
- Igrexa románica de Santa Maria de Cardet
- Igrexa románica de Santa Maria de Cóll
- Igrexa románica da Nativitat de Durro
- Igrexa románica de Sant Quirc de Durro
- Igrexa románica de Sant Llorenç de Saraís
- Igrexa románica de Santa Eulàlia d'Erill la Vall
- Igrexa románica de Sant Cristòfol d'Erill la Vall
- Igrexa románica de Sant Joan de Boí
- Igrexa románica de Sant Pere de Boí
- Igrexa románica de Santa Maria de Taüll
- Igrexa románica de Sant Climent de Taüll
- Igrexa románica de Sant Martí de Taüll
- Igrexa románica de Sant Quirc de Taüll
- Parque Nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici.
- Cap des Creuetes.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Vall de Boí ![]() |
- Sitio oficial do concello (en catalán)
- Información da Generalitat de Catalunya (en catalán)
- Información do Institut d'Estadística de Catalunya (en catalán)