Eurozona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
     Países da Eurozona      Países da ERM II      outros membros da UE      países fóra da UE que adoptaron ó Euro

A eurozona ou zona euro é unha rexión europea que agrupa aos países da Unión Europea que teñen como moeda oficial o euro (€). O Banco Central Europeo é o responsábel da política monetaria na zona euro.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A eurozona foi creada en 1999 por 11 países da Unión Europea. Posteriormente incorporáronse Grecia o 1 de xaneiro de 2001, Eslovenia o 1 de xaneiro de 2007, Malta e Chipre o 1 de xaneiro de 2008, Eslovaquia o 1 de xaneiro do 2009, Estonia o 1 de xaneiro de 2011 e Letonia o 1 de xaneiro de 2014.

Os 18 países membros da zona euro son: Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia,Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal.

Ademais destes 18 países existen outros fóra da Unión Europea que tamén teñen o euro como moeda única. Entre eles están Mónaco, San Mariño, Cidade do Vaticano (que emiten os seus propios euros grazas a que teñen acordos legais coa Unión Europea), Andorra (ten acordos legais coa Unión Europea pero non emite euros propios), Kosovo e Montenegro (non teñen acordos legais coa Unión Europea).

Os países da Unión Europea que non están na eurozona son: Bulgaria, Croacia, Dinamarca, Reino Unido, Suecia, Hungría, Lituania, Polonia, República Checa e Romanía.