Filipe VI de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Filipe VI de España
Rei de España
Filipe VI de España

Coroación19 de xuño de 2014
Nome completoFelipe Juan Pablo Alfonso de Todos los Santos de Borbón y Grecia
Nacemento30 de xaneiro de 1968 (56 anos)
Madrid, España España
ConsorteLetizia Ortiz Rocasolano (2004-)
Descendencia
  • Casa realCasa de Borbón
    Himno realMarcha Real
    ProxenitoresXoán Carlos I de España
    Sofía de Grecia

    Escudo de Filipe VI de España
    Na rede
    IMDB: nm0697610 Dialnet: 1974025 WikiTree: Bourbon-88 Editar o valor em Wikidata

    Filipe VI de España, de nome completo Felipe Juan Pablo Alfonso de Todos los Santos de Borbón y Grecia, nado en Madrid o 30 de xaneiro de 1968, é o rei de España, título polo que ostenta a xefatura do Estado e o mando supremo das Forzas Armadas.

    É o fillo máis novo de Xoán Carlos I de España e Sofía de Grecia. Logo da abdicación do seu pai o 2 de xuño de 2014, ascendeu ao trono o 19 do mesmo mes e ano co nome de Filipe VI, ao ser proclamado perante as Cortes Xerais.[1]

    Está casado con Letizia Ortiz, raíña consorte de España, coa que ten dúas fillas, a princesa Leonor e a infanta Sofía.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    O Rei
    A Raíña consorte

    O rei Xoán Carlos
    A raíña Sofía

    O 8 de febreiro de 1968 foi bautizado no Palacio da Zarzuela polo Arcebispo de Madrid, recibindo os nomes de Filipe Xoán Paulo Afonso de Todos os Santos de Borbón e Grecia; Filipe, por Filipe V, o primeiro Borbón que ocupou o trono de España; Xoán, polo seu avó paterno, Xoán de Borbón, conde de Barcelona, Paulo polo seu avó materno, o rei Paulo de Grecia, Afonso polo seu bisavó, o rei Afonso XIII, nese momento, o último rei que reinara en España, e de Todos os Santos, por tradición da casa real española. Os seus padriños foron o conde de Barcelona, Xoán de Borbón, e a raíña viúva Vitoria Uxía de España.

    Ostentou por Real Decreto entre 1977 e 2014 os títulos históricos dos herdeiros dos diferentes reinos hispanos: Príncipe de Asturias, Príncipe de Xirona, Príncipe de Viana, Duque de Montblanc, Conde de Cervera e Señor de Balaguer como herdeiro dos Reinos de Castela, Aragón, Navarra, Cataluña, Valencia e Mallorca. As súas orixes proveñen de 1388, 1351, 1424, 1387, 1351, 1413, respectivamente. Tamén podía ostentar o título de Príncipe de Xaén. Tiña o tratamento de Alteza Real.

    Recibiu a formación militar na Academia Xeral Militar de Zaragoza, a Escola Naval Militar de Marín e a Academia Xeral do Aire de San Javier, exercendo agora os cargos de Comandante do Corpo Xeral das Armas do Exército de Terra de Infantaría, Capitán de Corveta do Corpo Xeral da Armada e Comandante do Corpo Xeral do Exército do Aire. Tras finalizar o seu período militar comezou a súa formación académica (Dereito na Universidade Autónoma de Madrid e mestrado en Relacións Internacionais na Edmund Walsh School of Foreign Service da Universidade de Georgetown).

    O 1 de novembro de 2003 anunciou o seu compromiso matrimonial coa xornalista asturiana Letizia Ortiz Rocasolano. A voda celebrouse o 22 de maio de 2004 na catedral de Santa María a Real da Almudena de Madrid. O 31 de outubro de 2005 ás 1:45 horas, Letizia Ortiz deu a luz a unha nena, Leonor de Borbón, primoxénita do herdeiro do trono e segunda na liña sucesoria da Coroa española.

    O 29 de abril de 2007, naceu a súa segunda filla, bautizada como Sofía de Borbón de Todos os Santos. A nova infanta naceu por cesárea como Leonor, pesou 3,310 quilos e mediu 50 centímetros. Ocupa o primeiro lugar na sucesión ó trono de España.

    O 19 de xuño de 2014 foi proclamado Rei polas Cortes Xerais, logo da aprobación da Lei pola que se acetaba a abdicación do seu pai o Rei Xoán Carlos I.

    Títulos, honores e nomeamentos[editar | editar a fonte]

    A Constitución Española, no seu título II, artigo 56, parágrafo 2, designa que o rei pode facer uso doutros títulos e dignidades, polo xeral referidas a entidades históricas, e que estiveron tradicionalmente asociadas á Coroa española:[2]

    Ascendencia[editar | editar a fonte]

     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    16. Afonso XII, Rei de España
     
     
     
     
     
     
     
    8. Afonso XIII, Rei de España
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    17. Arquiduquesa María Cristina de Austria
     
     
     
     
     
     
     
    4. Infante Xoán, Conde de Barcelona
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    18. Príncipe Henrique de Battenberg
     
     
     
     
     
     
     
    9. Princesa Vitoria Uxía de Battenberg
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    19. Princesa Beatriz do Reino Unido
     
     
     
     
     
     
     
    2. Xoán Carlos I, Rei de España
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    20. Príncipe Afonso, Conde de Caserta
     
     
     
     
     
     
     
    10. Príncipe Carlos de Borbón-Dúas Sicilias
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    21. Princesa Antonieta das Dúas Sicilias
     
     
     
     
     
     
     
    5. Princesa María das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    22. Filipe, Conde de París
     
     
     
     
     
     
     
    11. Princesa Luísa de Orleáns
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    23. Princesa María Isabel de Orleáns
     
     
     
     
     
     
     
    1. Filipe VI, Rei de España
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    24. Xurxo I, Rei de Grecia
     
     
     
     
     
     
     
    12. Constantino I, Rei de Grecia
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    25. Gran Duquesa Olga Constantinovna de Rusia
     
     
     
     
     
     
     
    6. Paulo I, Rei de Grecia
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    26. Frederico III, Emperador de Alemaña
     
     
     
     
     
     
     
    13. Princesa Sofía de Prusia
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    27. Vitoria, Princesa Real
     
     
     
     
     
     
     
    3. Princesa Sofía de Grecia e Dinamarca
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    28. Ernesto Augusto, Príncipe herdeiro de Hanover
     
     
     
     
     
     
     
    14. Ernesto Augusto III, Duque de Brunswick
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    29. Princesa Tyra de Dinamarca
     
     
     
     
     
     
     
    7. Princesa Federica de Hannover
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    30. Guillerme II, Emperador de Alemaña
     
     
     
     
     
     
     
    15. Princesa Vitoria Luisa de Prusia
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    31. Princesa Augusta Vitoria de Schleswig-Holstein
     
     
     
     
     
     

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado (19 de xuño de 2014). "Ley Orgánica 3/2014, de 18 de junio, por la que se hace efectiva la abdicación de Su Majestad el Rey Don Juan Carlos I de Borbón". Boletín Oficial del Estado (148): 46396. ISSN 0212-033X. 
    2. Royal Styles Spain. En heráldica.org
    3. Debido á gran cantidade de títulos asociados á Monarquía Hispánica, só se escribían os máis importantes, terminando a lista cun «etc.» Referíndose así a títulos secundarios e en desuso. Estes son: Rei de Hungría, Dalmacia e Croacia Duque de Limburgo, Lotaringia, Luxemburgo, Güeldres, Estiria, Carniola, Carintia e Württemberg Landgrave de Alsacia Príncipe de Suabia Conde Palatino de Borgoña Conde de Artois, Hainaut, Namur, Gorizia, Ferrete e Kyburgo Marqués de Oristán e Gocíano Margrave do Sacro Imperio Romano e Burgau Señor de Salins, Malinas, a Marca Eslovena, Pordenone e Trípoli.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Outros artigos[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Xoán Carlos de Borbón
    (como Príncipe de España)

    Príncipe de Asturias

    1977 - 2014
    Sucesor:
    Leonor de Borbón
    Predecesor:
    Xoán Carlos I de España

    Rei de España

    2014 -
    Sucesor:
    No cargo
    Predecesor:
    Cristina de Borbón e Grecia

    Seúl 1988

    Abandeirado de España nos Xogos Olímpicos de verán

    España Barcelona 1992
    Sucesor:
    Luis Doreste

    Atlanta 1996