Sufraxio universal
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
O sufraxio universal consiste na dotación do dereito ao voto a toda a poboación adulta dun Estado independentemente da súa raza, sexo, crenzas ou condición social.
O logro do sufraxio universal deuse a partir dunha evolución na democracia. Trala Revolución Francesa o poder político comenzou a estares en mans de cámaras de representantes polo que era necesario regula-lo seu sistema de elección. Así comezou o sufraxio censatario no que votaban só homes que cumprisen unha serie de requisitos de nivel de instrución, de renda e de clase social; pasando polo sufraxio masculino (segunda metade do século XIX), no que podían votar tódolos homes que soubesen ler e escribir. Ata a inclusión do sufraxio feminino (século XX en diante), analfabetos (século XX) e xentes de tódalas razas (segunda metade do século XX).
Limitacións ao sufraxio universal[editar | editar a fonte]
Malia ser considerado un fito da democracia e algo imprescindible en todo sistema político moderno, ao longo da historia dos séculos XIX e XX, e incluso na actualidade, a presenza do sufraxio universal en moitos países non foi posible debido a diversas políticas, grupos de presión ou réximes políticos.
No pasado numerosas sociedades negaron o dereito a votar baseándose tamén en diferenzas de raza ou etnia. Por exemplo, durante a era do apartheid non estaba permitido o voto a razas que no fosen a branca en Suráfrica. Igualmente acontecía na época de pre-dereitos civís nos Estados Unidos onde, aínda que os afroamericanos tiñan tecnicamente dereito a votar, negábaselles o seu exercicio mediante intimidacións e outros medios. O Ku Klux Klan formado trala guerra civil estadounidense foi unha das organizacións que destacou neste cometido.
Moitos sistemas de sufraxio universal exclúen constitucional e legalmente a votantes potenciais, como os residentes de nacionalidade estranxeira, cidadáns convictos e enfermos mentais. No derradeiro caso arguméntase que se trata de persoas que non teñen vontade libre ou persoas carentes de raciocinio para decidi-las súas accións, os cales poderían ser premidos ou intencionados por terceiros. No caso dos convictos, arguméntase que parte do castigo (reclusión ou privación de liberdade) inclúe a restrición dos dereitos cidadáns como o sufraxio. No caso dos estranxeiros, a calidade de votante atópase ligada á posesión da cidadanía no Estado onde se reside. Porén, as lexislacións e dereitos constitucionais polo xeral conceden o dereito ao sufraxio (eleccións locais e/ou nacionais) previa residencia por un período de tempo.
Houbo momentos nos que aos militares se lles negou o dereito ao voto. Esta privación do dereito ao voto imposto en determinados países (por exemplo, na Francia da III república) tivo motivos complexos. Por unha parte, tratou de impedir a presión dos oficiais sobre os soldados, que deformaría o voto (tales feitos non eran estraños durante o Consulado ou o II Imperio en Francia e incluso en certas repúblicas suramericanas actuais). Trátase, por outra parte, de evita-la intrusión da política no exército, como prexudicial para a disciplina militar.
Cronoloxía do sufraxio universal por países[editar | editar a fonte]
A continuación amósase unha listaxe cronolóxica de países e a data na que se logrou implantar por vez primeira o sufraxio universal.
Europa[editar | editar a fonte]
Alemaña: 1871
- Revogado durante a Alemaña nazi (1933-1945)
Finlandia: 1906 (nas eleccións locais: 1917)
Noruega: 1913
Dinamarca: 1915 (con Islandia)
Rusia: 1917
Austria: 1918
República Checa: 1918
Eslovaquia: 1918
Estonia: 1918
Hungría: 1918
Luxemburgo: 1919
Países Baixos: 1919
Polonia: 1919
Suecia: 1921
Irlanda: 1922
Lituania: 1922
Romanía: 1923
Reino Unido: 1928
España: 1933 (recoñecido na Constitución do 1 de outubro de 1931)
- Revogado durante a Ditadura de Franco (1939-1975)
Francia: 1944
Italia: 1945
Bélxica: 1948
Grecia: 1952
Portugal: 1976
Liechtenstein: 1984
Suíza: 1990
Asia e Oceanía[editar | editar a fonte]
Nova Zelandia: 1893
Sri Lanka: 1931
Turquía: 1931
Xapón: 1945
Israel: 1948
India: 1950 (como parte da súa constitución)
Malaisia: 1955
Australia: 1962 (previamente non outorgado aos aborixes australianos a nivel federal)
Iraq: 2005
América[editar | editar a fonte]
Uruguai: 1932
Arxentina: 1951 (recoñecido na lei 13.010 do 9 de setembro de 1947)
Bolivia: 1952
México: 1953
- 1947: sufraxio universal a nivel municipal
Colombia: 1956
Canadá: 1960
Estados Unidos: 1965
Chile: 1970