En 1978 celebrou o seu primeiro congreso nacional que elixiu como presidente a Adolfo Suárez e como secretario xeral a Rafael Arias Salgado. Nas eleccións de 1979 tivo o 34.84% dos votos e 168 escanos. O crecemento da UCD continuou ata 1981 pero a partir dese momento os conflitos internos e os problemas económicos deses anos acabaron por prexudicar seriamente ao partido, en xaneiro de 1981 Suárez renunciou á presidencia do goberno, substituíuno Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo e o intento de golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 cando se realizaba a votación de investidura do novo presidente agudizaron os problemas internos da UCD, Suárez deixou a UCD e formou en xuño o Centro Democrático y Social, Fernández Ordóñez e os socialdemócratas integráronse no PSOE, Miguel Herrero e outros tres deputados marcharon a Alianza Popular ao igual que os democristiáns de Óscar Alzaga, o grupo parlamentario centrista quedou reducido a 151 escanos e Calvo Sotelo tivo que convocar eleccións para o 28 de outubro de 1982 que gañaron por maioría absoluta os socialistas, a UCD presentou como candidato a Landelino Lavilla e resultou na desfeita electoral do partido que tivo o 6.77% dos votos e tan só 11 escanos (5 procedentes de Galicia), tras a disolución do partido, nos territorios onde mantivera unha certa forza deu orixe a partidos rexionalistas ou nacionalistas como foi o caso de Galicia onde a UCD local serviu de base para a formación de Coalición Galega pero no conxunto de España a base electoral e os militantes da UCD transferiuse a Alianza Popular e en menor medida ao PSOE.