Saltar ao contido

Tour de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaTour de Francia
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Nome oficialTour de France (1903–) Editar o valor en Wikidata
TipoGrandes Voltas Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
EpónimoFrancia Editar o valor en Wikidata
OrganizadorAmaury Sport Organisation
Société du Tour de France (en) Traducir
L'Auto (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deUCI WorldTour Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia Editar o valor en Wikidata
Vixencia1903 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Organización
PresidenteChristian Prudhomme (2005–) Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialletour.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: letour Twitter: LeTour Instagram: letourdefrance Youtube: UCSpycUnuU0IVF7gGIhGojhg Pinterest: letourdefrance Editar o valor en Wikidata

O Tour de Francia ("Volta" a Francia) é unha competición ciclista por etapas, a máis afamada de todas, que se disputa en Francia e outros países limítrofes durante tres semanas do mes de xullo. Comezou a celebrarse en 1903 con periodicidade anual que só foi interrompida entre 1915 a 1918 por mor da primeira guerra mundial e desde 1940 ata 1946 pola segunda guerra mundial.

Constitúe, polo tanto, a carreira máis importante dentro da clasificación ciclista que establece a UCI ProTour; xunto coa Vuelta Ciclista a España e o Giro de Italia constitúe o grupo das Grandes Voltas de tres semanas.

O primeiro Tour tivo lugar no ano 1903, como unha iniciativa do diario L'Auto. Pouco a pouco, foi adquirindo prestixio como carreira ciclista ata, na actualidade, elevarse á posición de evento ciclista máis importante do ano. Na actualidade, e a diferenza dos seus comezos (nos que tiña poucas etapas pero moi longas), o Tour ten 21 etapas e 2 días de descanso para os corredores.

O Tour adoita ter lugar en territorio francés; así e todo, é moi frecuente que unha ou varias etapas comecen, rematen ou pasen por outros países, como Italia, España, Suíza, Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos, Alemaña e incluso o Reino Unido ou Irlanda.

O percorrido do Tour cambia tódolos anos. Na primeira etapa, adoita haber un prólogo (breve contra o reloxo individual); a continuación, unha primeira semana na que non se atravesan grandes dificultades montañosas; unha contra o reloxo; e a continuación o paso polas dúas grandes cadeas montañosas (Pireneos e Alpes ou Alpes e Pireneos, a anos alternos); logo, outra contra o reloxo que ten lugar o penúltimo día; e, ó final, unha etapa chá que remata nos Campos Elisios de París. Tamén é habitual que haxa na primeira semana unha contra o reloxo por equipos.

Na actualidade, e tras 16 anos so a dirección de Jean-Marie Leblanc, o director do Tour é Christian Prudhomme.

Lance Armstrong co maillot jaune.

Ó igual que outras carreiras ciclistas, o Tour de Francia ten diferentes clasificacións, ó primeiro clasificado das cales se lle dan determinadas mallas:

  • Maillot jaune (amarelo) ó líder da clasificación xeral da carreira (o gañador).
  • Maillot vert (verde) para o ciclista que acadou maior número de puntos na clasificación dos sprints (que se obteñen ós finais das etapas e nos sprints intermedios).
  • Maillot à pois rouges (a puntos vermellos) para aquel que ten maior número de puntos na clasificación da montaña (estes puntos obtéñense ó pasar nos primeiros postos polo cume dos montes. Canto maior sexa a categoría das montañas, maior é a cantidade de puntos).
  • Maillot blanc (branco) para o ciclista novo (de menos de 25 anos) que mellor clasificado está.

Outras clasificacións teñen outras formas de se sinalaren:

  • A clasificación da combatividade. Cada día, os xuíces escollen o corredor máis combativo da etapa anterior e proporciónanlle un dorsal (o número que levan nas costas) vermello para o distinguir.
  • A clasificación por equipos. Para calculala, súmanse os tempos de carreira dos tres primeiros corredores do equipo. Tódolos ciclistas do equipo que ocupa o primeiro lugar nesta clasificación reciben un dorsal amarelo.

Como en tódalas demais carreiras, o campión do mundo pode levar a malla arco-da-vella que o diferencia, e os campións nacionais poden levar a malla do seu propio país.

A carreira

[editar | editar a fonte]

No respectivo ás etapas de contra o reloxo e de montaña, o Tour funciona como tódalas demais Grandes Voltas. Porén, ten certos detalles que o diferencian:

Contra o reloxo por equipos

[editar | editar a fonte]

Na meirande parte dos Tours, adoita haber unha contra o reloxo por equipos na primeira semana. Porén, este feito deu lugar a moitas críticas a raíz de que Lance Armstrong, que dispuña dun equipo moi forte, se distanciaba moito dos seus rivais, con equipos máis modestos. Para tentar solucionalo, o Tour estableceu unha norma na contra o reloxo por equipos, que tamén recibiu gran cantidade de críticas.

Esta norma di que o máximo tempo que pode perder o segundo equipo respecto do primeiro clasificado é de 20 segundos. No caso do terceiro, son 30 segundos (tamén respecto do primeiro); o cuarto, 40; e así sucesivamente ata o décimo quinto clasificado, que pode perder como máximo 2 minutos 30 segundos (150 s). A partir de aí, as diferenzas van de 5 en 5 segundos.

Por exemplo, se nunha carreira o segundo equipo chega con 5 minutos de atraso respecto do primeiro, cóntase como se só perdese 20 segundos. Pola contra, se chega a 5 segundos este tempo manténselle.

As bonificacións e as chegadas

[editar | editar a fonte]

Durante todo o Tour (diferenciándose nisto, por exemplo, da Vuelta a España, que só o fai na primeira semana), os corredores que chegan nos primeiros postos á meta reciben unha bonificación que lles desconta segundos (20 ó primeiro, 12 ó segundo, 8 ó terceiro).

En 2006 decidiuse que a aqueles ciclistas que caesen nos últimos 3 quilómetros de cada etapa se lles daría o tempo que conseguirían se non caesen.

En 2008 suprimíronse as bonificacións.

Historial do Tour de Francia

[editar | editar a fonte]

Os podios marcados coa frase "Vacante" son o resultado da decisión da UCI de eliminar a Lance Armstrong e a Levi Leipheimer do historial do Tour de Francia por dopaxe.

Corredor Edicións
Francia Bernard Hinault5208
Bélxica Eddy Merckx5107
Francia Jacques Anquetil5018
España Miguel Indurain50012
Chris Froome4116
Greg LeMond3118
Francia Louison Bobet30111
Bélxica Philippe Thys30010
Luxemburgo Nicolas Frantz2206
Francia Antonin Magne21110
Italia Ottavio Bottecchia2104
Italia Gino Bartali2108
Francia André Leducq2109
Francia Laurent Fignon21010
Francia Bernard Thévenet21011
Francia Firmin Lambot20110
España Alberto Contador2003
Italia Fausto Coppi2003
Bélxica Sylvère Maes2006
Francia Lucien Petit-Breton2009
Galicia Óscar Pereiro Sío1006
Galicia Vicente López Carril0019
Pódios do Tour de Francia
Edicións Primeiro Segundo Terceiro
2020---
2019 Egan Bernal Geraint ThomasPaíses Baixos Steven Kruijswijk
2018 Geraint ThomasPaíses Baixos Tom Dumoulin Chris Froome
2017 Chris Froome Rigoberto UránFrancia Romain Bardet
2016 Chris FroomeFrancia Romain Bardet Nairo Quintana
2015 Chris Froome Nairo QuintanaEspaña Alejandro Valverde
2014Italia Vincenzo NibaliFrancia Jean-Christophe PéraudFrancia Thibaut Pinot
2013 Chris Froome Nairo QuintanaEspaña Joaquim Rodríguez
2012 Bradley Wiggins Chris FroomeItalia Vincenzo Nibali
2011Australia Cadel EvansLuxemburgo Andy SchleckLuxemburgo Frank Schleck
2010Luxemburgo Andy Schleck Denis MenchovEspaña Samuel Sánchez
2009España Alberto Contador (2)Luxemburgo Andy SchleckVacante
2008España Carlos SastreAustralia Cadel Evans Denis Menchov
2007España Alberto ContadorAustralia Cadel EvansVacante
2006Galicia Óscar PereiroAlemaña Andreas KlodenEspaña Carlos Sastre
2005VacanteItalia Ivan BassoEspaña Francisco Mancebo
2004VacanteAlemaña Andreas KlodenItalia Ivan Basso
2003VacanteAlemaña Jan Ullrich Alexander Vinocurov
2002VacanteEspaña Joseba BelokiLituania Raimondas Rumšas
2001VacanteAlemaña Jan UllrichEspaña Joseba Beloki
2000VacanteAlemaña Jan UllrichEspaña Joseba Beloki
1999VacanteSuíza Alex ZülleEspaña Fernando Escartín
1998Italia Marco PantaniAlemaña Jan Ullrich Bobby Julich
1997Alemaña Jan UllrichFrancia Richard VirenqueItalia Marco Pantani
1996Dinamarca Bjarne RiisAlemaña Jan UllrichFrancia Richard Virenque
1995España Miguel Indurain (5)Suíza Alex ZülleDinamarca Bjarne Riis
1994España Miguel Indurain (4) Pëtr UgrumovItalia Marco Pantani
1993España Miguel Indurain (3)Suíza Tony RomingerPolonia Zenon Jaskuła
1992España Miguel Indurain (2)Italia Claudio ChiappucciItalia Gianni Bugno
1991España Miguel IndurainItalia Gianni BugnoItalia Claudio Chiappucci
1990 Greg LeMond (3)Italia Claudio ChiappucciPaíses Baixos Erik Breukink
1989 Greg LeMond (2)Francia Laurent FignonEspaña Pedro Delgado
1988España Pedro DelgadoPaíses Baixos Steven Rooks Fabio Parra
1987 Stephen RocheEspaña Pedro DelgadoFrancia Jean-François Bernard
1986 Greg LeMondFrancia Bernard HinaultSuíza Urs Zimmermann
1985Francia Bernard Hinault (5) Greg LeMond Stephen Roche
1984Francia Laurent Fignon (2)Francia Bernard Hinault Greg LeMond
1983Francia Laurent FignonEspaña Ángel ArroyoPaíses Baixos Peter Winnen
1982Francia Bernard Hinault (4)Países Baixos Joop ZoetemelkPaíses Baixos Johan van der Velde
1981Francia Bernard Hinault (3)Bélxica Lucien Van ImpeFrancia Robert Alban
1980Países Baixos Joop ZoetemelkPaíses Baixos Hennie KuiperFrancia Raymond Martin
1979Francia Bernard Hinault (2)Países Baixos Joop ZoetemelkPortugal Joaquim Agostinho
1978Francia Bernard HinaultPaíses Baixos Joop ZoetemelkPortugal Joaquim Agostinho
1977Francia Bernard Thévenet (2)Países Baixos Hennie KuiperBélxica Lucien Van Impe
1976Bélxica Lucien Van ImpePaíses Baixos Joop ZoetemelkFrancia Raymond Poulidor
1975Francia Bernard ThévenetBélxica Eddy MerckxBélxica Lucien Van Impe
1974Bélxica Eddy Merckx (5)Francia Raymond PoulidorGalicia Vicente López Carril
1973España Luis OcañaFrancia Bernard ThévenetEspaña José Manuel Fuente
1972Bélxica Eddy Merckx (4)Italia Felice GimondiFrancia Raymond Poulidor
1971Bélxica Eddy Merckx (3)Países Baixos Joop ZoetemelkBélxica Lucien Van Impe
1970Bélxica Eddy Merckx (2)Países Baixos Joop Zoetemelk Gösta Pettersson
1969Bélxica Eddy MerckxFrancia Roger PingeonFrancia Raymond Poulidor
1968Países Baixos Jan JanssenBélxica Herman Van SpringelBélxica Ferdinand Bracke
1967Francia Roger PingeonEspaña Julio JiménezItalia Franco Balmamion
1966Francia Lucien AimarPaíses Baixos Jan JanssenFrancia Raymond Poulidor
1965Italia Felice GimondiFrancia Raymond PoulidorItalia Gianni Motta
1964Francia Jacques Anquetil (5)Francia Raymond PoulidorEspaña Federico Bahamontes
1963Francia Jacques Anquetil (4)España Federico BahamontesEspaña José Pérez Francés
1962Francia Jacques Anquetil (3)Bélxica Joseph PlanckaertFrancia Raymond Poulidor
1961Francia Jacques Anquetil (2)Italia Guido CarlesiLuxemburgo Charly Gaul
1960Italia Gastone NenciniItalia Graziano BattistiniBélxica Jan Adriaensens
1959España Federico BahamontesFrancia Henry AngladeFrancia Jacques Anquetil
1958Luxemburgo Charly GaulItalia Vito FaveroFrancia Raphaël Géminiani
1957Francia Jacques AnquetilBélxica Marcel JanssensAustria Adolf Christian
1956Francia Roger WalkowiakFrancia Gilbert BauvinBélxica Jan Adriaensens
1955Francia Louison Bobet (3)Bélxica Jean BrankartLuxemburgo Charly Gaul
1954Francia Louison Bobet (2)Suíza Ferdi KüblerSuíza Fritz Schär
1953Francia Louison BobetFrancia Jean MalléjacItalia Giancarlo Astrua
1952Italia Fausto Coppi (2)Bélxica Stan OckersEspaña Bernardo Ruiz
1951Suíza Hugo KobletFrancia Raphaël GéminianiFrancia Lucien Lazarides
1950Suíza Ferdi KüblerBélxica Stan OckersFrancia Louison Bobet
1949Italia Fausto CoppiItalia Gino BartaliFrancia Jacques Marinelli
1948Italia Gino Bartali (2)Bélxica Briek SchotteFrancia Guy Lapébie
1947Francia Jean RobicFrancia Edouard FachleitnerItalia Pierre Brambilla
1940-1946Non se disputou
1939Bélxica Sylvère Maes (2)Francia René ViettoBélxica Lucien Vlaemynck
1938Italia Gino BartaliBélxica Félicien VervaeckeFrancia Victor Cosson
1937Francia Roger LapébieItalia Mario ViciniSuíza Leo Amberg
1936Bélxica Sylvère MaesFrancia Antonin MagneBélxica Félicien Vervaecke
1935Bélxica Romain MaesItalia Ambrogio MorelliBélxica Félicien Vervaecke
1934Francia Antonin Magne (2)Italia Giuseppe MartanoFrancia Roger Lapébie
1933Francia Georges SpeicherItalia Learco GuerraItalia Giuseppe Martano
1932Francia André Leducq (2)Alemaña Kurt StöpelItalia Francesco Camusso
1931Francia Antonin MagneBélxica Jef DemuysereItalia Antonio Pesenti
1930Francia André LeducqItalia Learco GuerraFrancia Antonin Magne
1929Bélxica Maurice DewaeleItalia Giuseppe PanceraBélxica Jef Demuysere
1928Luxemburgo Nicolas Frantz (2)Francia André LeducqBélxica Maurice Dewaele
1927Luxemburgo Nicolas FrantzBélxica Maurice DewaeleBélxica Julien Vervaecke
1926Bélxica Lucien BuysseLuxemburgo Nicolas FrantzItalia Bartolomeo Aymo
1925Italia Ottavio Bottecchia (2)Bélxica Lucien BuysseItalia Bartolomeo Aymo
1924Italia Ottavio BottecchiaLuxemburgo Nicolas FrantzBélxica Lucien Buysse
1923Francia Henri PélissierItalia Ottavio BottecchiaFrancia Romain Bellenger
1922Bélxica Firmin Lambot (2)Francia Jean AlavoineBélxica Félix Sellier
1921Bélxica Léon ScieurBélxica Hector HeusghemFrancia Honoré Barthélémy
1920Bélxica Philippe Thys (3)Bélxica Hector HeusghemBélxica Firmin Lambot
1919Bélxica Firmin LambotFrancia Jean AlavoineFrancia Eugène Christophe
1915-1918Non se disputou
1914Bélxica Philippe Thys (2)Francia Henri PélissierFrancia Jean Alavoine
1913Bélxica Philippe ThysFrancia Gustave GarrigouBélxica Marcel Buysse
1912Bélxica Odile DefrayeFrancia Eugène ChristopheFrancia Gustave Garrigou
1911Francia Gustave GarrigouFrancia Paul DubocFrancia Émile Georget
1910Francia Octave LapizeLuxemburgo François FaberFrancia Gustave Garrigou
1909Luxemburgo François FaberFrancia Gustave GarrigouFrancia Jean Alavoine
1908Francia Lucien Petit-Breton (2)Luxemburgo François FaberFrancia Georges Passerieu
1907Francia Lucien Petit-BretonFrancia Gustave GarrigouFrancia Émile Georget
1906Francia René PottierFrancia Georges PasserieuFrancia Louis Trousselier
1905Francia Louis TrousselierFrancia Hippolyte AucouturierFrancia Jean-Baptiste Dortignacq
1904Francia Henri CornetFrancia Jean-Baptiste DortignacqBélxica Aloïs Catteau
1903Francia Maurice GarinFrancia Lucien PothierFrancia Fernand Augereau

Palmarés por países

País Vitorias 2.º lugar 3.º lugar Total Último gañador
Francia Francia 36 (21) 30 33 99 Bernard Hinault en 1985
Bélxica Bélxica 18 (10) 15 18 51 Lucien van Impe en 1976
España España 12 (7) 6 12 30 Alberto Contador en 2009
Italia Italia 10 (7) 16 15 41 Vincenzo Nibali en 2014
Reino Unido 6 (3) 2 4 12 Geraint Thomas en 2018
Luxemburgo Luxemburgo 5 (4) 6 3 14 Andy Schleck en 2010
Estados Unidos 3 (1) 1 2 6 Greg LeMond en 1990
Dinamarca Dinamarca 3 (2) 1 1 5 Jonas Vingegaard en 2023
Países Baixos Países Baixos 2 (2) 11 4 17 Joop Zoetemelk en 1980
Suíza Suíza 2 (2) 4 3 9 Hugo Koblet en 1951
Eslovenia Eslovenia 2 (1) 3 - 5 Tadej Pogačar en 2021
Alemaña Alemaña 1 8 - 9 Jan Ullrich en 1997
Colombia 1 3 2 6 Egan Bernal en 2019
Australia Australia 1 2 1 4 Cadel Evans en 2011
Irlanda 1 - 1 2 Stephen Roche en 1987
Galicia Galiza 1 - 1 2 Óscar Pereiro en 2006
Rusia Rusia - 1 1 2 -
Austria Letonia - 1 - 1 -
Portugal Portugal - - 2 2 -
Austria Austria - - 1 1 -
Suecia - - 1 1 -
Polonia Polonia - - 1 1 -
Lituania Lituania - - 1 1 -
Kazakhstán - - 1 1 -
Ecuador - - 1 1 -
  • Entre parénteses o número de ciclistas diferentes que conseguiron vitorias para cada país.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]