Moeda
Unha moeda é un ben económico que ten tres funcións: é un instrumento de unidade de conta, é un instrumento de troco e é un instrumento de reserva de valor. A moeda particular dun país denomínase divisa. As divisas flutúan entre si dentro do mercado monetario mundial (Forex). Deste xeito, podemos establecer distintos tipos de cambio entre divisas que varían en función de diversas variables económicas coma o crecemento económico, a inflación e o consumo interno dunha nación. As divisas máis estendidas debido á política poscolonial son o franco e a libra.
A moeda aparece en forma de pezas metálicas, chamadas moedas ou en forma de pezas de papel, chamados billetes. Tamén se presenta como "diñeiro de plástico" (tarxetas de crédito), como talóns, cheques ou notas promisorias.
Habitualmente, cada país ten establecida polo menos unha moeda oficial sobre o seu territorio presentada baixo diferentes medios de pago tamén de curso legal. En cambio, varios países poden:
- empregar a mesma moeda (como o euro cos países membros da Unión monetaria europea, ou como Liechtenstein en unión monetaria con Suíza, co franco suízo);
- adoptar unha divisa estranxeira como unidade monetaria legal, como é o caso de Panamá e o Ecuador (co dólar estadounidense), ou da Cidade do Vaticano, San Marino, Mónaco e Andorra, e, de facto, Kosovo e Montenegro (co euro).
Por motivos prácticos, unha divisa adoitan ter subdivisións, legais ou tradicionais: 1/1000 (os millimos do dinar tunisiano), 1/100 (os céntimos do euro), 1/20, 1/10, 1/8, 1/4 (o cuarto de dólar estadounidense) etc.
Historia[editar | editar a fonte]
- Véxase tamén: Historia da moeda en Galicia.
Desde os tempos prehistóricos os seres humanos trocaban os seus bens, en cada grupo humano foise impoñendo unha peza que servía de referente para o intercambio ata que esa peza pasou a representar unha certa cantidade de bens, que non se podía manipular facilmente e que acabou por dar orixe en Asia Menor á moeda como peza de metal que tiña un peso e unha lei garantida polo soberano ou polo estado. A aparición do papel moeda, coñecido na China desde o século VIII e no mundo occidental desde o século XVII supuxo outro chanzo no desenvolvemento da moeda.
A tradición dos cambistas vai unida á aparición do diñeiro e da banca unidas ao comercio, como verdadeiro propiciador da profesión. Son aspectos que van unidos durante moitos séculos. En especial, quizais, foi na Europa medieval onde aflorando moitas cidades que cuñaron a súa propia moeda, cando se comezou a detectar unha profesionalización do oficio.[1]
No último terzo do século XIX, coa aparición do patrón ouro,[2] e da Unión Monetaria Latina[3] establecéronse oficialmente as primeiras paridades reguladas entre as divisas de cada país. O primeiro, en moitos casos de facto, non foi abandonado ata 1914.[4]
No período de entreguerras xa non se puido volver restaurar o sistema, entre moitas outras razones, porque moitas economías se mostraban fortemente desestabilizadas e porque a produción de ouro era escasa.[5] Na década de 1920, pouco antes da Gran Depresión de 1929, eran trinta e catro países os que adoptaran de novo o Patrón Cambios Ouro.[6][7] Coas crises, durante a década de 1930, as condicións en Europa non melloraron, facendo que varios países abandonasen o patrón ouro.[8]
Houbo que agardar a finais da segunda guerra mundial, 1944, a que se asinasen os acordos de Bretton Woods dos que xurdiu o Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial coa finalidade de lograr a estabilidade dos cambios de divisas.[9] Como consecuencia da Guerra de Vietnam, rompéronse os acordos en 1971. Despois de 1976, e da desaparición do sistema de cambio fixo, o FMI tomou un papel preponderante ante países en desenvolvemento e crises financeiras internacionais.
Lista de divisas[editar | editar a fonte]
- Acerbaixán - Manat acerbaixano
- Afganistán - Afgani
- Albania - Lek
- Alemaña - Euro
- Alxeria - Dinar alxeriano
- Andorra - Euro
- Angola - Kwanza
- Antiga e Barbuda - Dólar do Caribe Oriental
- Arabia Saudita - Riyal
- Armenia - Dram
- Arxentina - Peso arxentino
- Australia - Dólar australiano
- Austria - Euro
- Bahamas - Dólar bahamés
- Bahrain - Dinar bahrainí
- Bangladesh - Taka
- Barbados - Dólar barbadés
- Bélxica - Euro
- Belize - Dólar belizense
- Benín - Franco CFA
- Belarús - Rublo belaruso
- Birmania - Kyat
- Bolivia - Boliviano
- Bosnia e Hercegovina - Marco convertible
- Botswana - Pula
- Brasil - Real
- Brunei - Dólar bruneiano
- Bulgaria - Lev
- Burkina Faso - Franco CFA
- Burundi - Franco burundiano
- Bután - Ngultrum
- Cabo Verde - Escudo caboverdiano
- Camboxa - Riel
- Camerún - Franco CFA
- Canadá - Dólar canadense
- Casaquistán - Tenge
- República Centroafricana - Franco CFA
- Chad - Franco CFA
- República Checa - Coroa checa
- Chile - Peso chileno
- China - Iuan
- Chipre - Euro
- Colombia - Peso colombiano
- Comores - Franco comoriano
- República do Congo - Franco CFA
- República Democrática do Congo - Franco congolés
- Corea do Norte - Won norcoreano
- Corea do Sur - Won surcoreano
- Costa do Marfil - Franco CFA
- Costa Rica - Colón costarriqueño
- Croacia - Euro
- Cuba - Peso cubano
- Djibuti - Franco djibutiano
- Dinamarca - Coroa dinamarquesa
- Dominica - Dólar do Caribe Oriental
- República Dominicana - Peso dominicano
- Ecuador - Dólar estadounidense
- Emiratos Árabes Unidos - Dirham dos Emiratos Árabes Unidos
- Eritrea - Nakfa
- Eslovaquia - Euro
- Eslovenia - Euro
- España - Euro
- Estados Unidos - Dólar estadounidense
- Estonia - Euro
- Eswatini - Lilangeni
- Etiopía - Birr
- Exipto - Libra exipcia
- Fidxi - Dólar fidxiano
- Filipinas - Peso filipino
- Finlandia - Euro
- Francia - Euro
- Gabón - Franco CFA
- Gambia - Dalasi
- Ghana - Novo cedi
- Granada - Dólar do Caribe Oriental
- Grecia - Euro
- Guatemala - Quetzal
- Güiana - Dólar güianés
- Guinea - Franco guineano
- Guinea-Bissau - Franco CFA
- Guinea Ecuatorial - Franco CFA
- Haití - Gourde
- Honduras - Lempira
- Hungría - Forint
- Iemen- Rial iemení
- India - Rupia india
- Indonesia - Rupiah [10]
- Irán - Rial iraniano
- Iraq - Dinar iraquí
- Irlanda - Euro
- Islandia - Coroa islandesa
- Israel - Novo shekel
- Italia - Euro
- Kenya - Xilin kenyano
- Kirguizistán - Som kirguiz
- Kiribati - Dólar australiano
- Kuwait - Dinar kuwaití
- Laos - Kip
- Lesotho - Loti
- Letonia - Euro
- Líbano - Libra libanesa
- Liberia - Dólar liberiano
- Libia - Dinar libio
- Liechtenstein - Franco suízo
- Lituania - Litas
- Luxemburgo - Euro
- Macedonia do Norte - Denar
- Madagascar - Ariary
- Malaisia - Ringgit
- Malaui - Kwacha de Malawi
- Maldivas - Rufiyaa
- Malí - Franco CFA
- Malta - Euro
- Marrocos - Dirham marroquí
- Illas Marshall - Dólar estadounidense
- Mauricio - Rupia mauriciana
- Mauritania - Ouguiya
- México - Peso mexicano
- Micronesia - Dólar estadounidense
- Moldavia - Leu moldovo
- Mónaco - Euro
- Mongolia - Tugrik
- Montenegro - Euro
- Mozambique - Metical
- Namibia - Dólar namibio
- Nauru - Dólar australiano
- Nepal - Rupia nepalesa
- Nicaragua - Córdoba
- Níxer - Franco CFA
- Nixeria - Naira
- Noruega - Coroa norueguesa
- Nova Zelandia - Dólar neozelandés
- Omán - Rial omaní
- Países Baixos - Euro
- Palau - Dólar estadounidense
- Panamá - Balboa
- Papúa Nova Guinea - Kina
- Paquistán - Rupia paquistaní
- Paraguai - Guaraní
- Perú - Nuevo sol
- Polonia - Złoty
- Portugal - Euro
- Qatar - Rial qatarí
- Reino Unido - Libra esterlina
- Romanía - Leu romanés
- Ruanda - Franco ruandés
- Rusia - Rublo ruso
- Saint Kitts e Nevis - Dólar do Caribe Oriental
- Illas Salomón - Dólar das Illas Salomón
- O Salvador - Dólar estadounidense
- Samoa - Tala
- San Marino - Euro
- San Tomé e Príncipe - Dobra
- San Vicente e as Granadinas - Dólar do Caribe Oriental
- Santa Lucía - Dólar do Caribe Oriental
- Seychelles - Rupia seichelesa [10]
- Senegal - Franco CFA
- Serbia - Dinar serbio
- Serra Leoa - Leone
- Singapur - Dólar singapuriano
- Siria - Libra siria
- Somalia - Xilin somalí
- Sri Lanka - Rupia srilankesa
- Sudán - Libra sudanesa
- Sudán do Sur - Libra sursudanesa
- Suecia - Coroa sueca
- Suíza - Franco suízo
- República Surafricana - Rand
- Suriname - Dólar surinamés
- Tailandia - Baht
- Tanzania - Xilin tanzano
- Taxiquistán - Somoni
- Timor Leste - Dólar estadounidense
- Togo - Franco CFA
- Tonga - Pa'anga
- Trinidad e Tobago - Dólar de Trinidad e Tobago
- Tunisia - Dinar tunisiano
- Turkmenistán - Manat turcomán
- Turquía - Lira turca
- Tuvalu - Dólar australiano
- Ucraína - Hryvnia
- Uganda - Novo xilin ugandés
- Uruguai - Peso uruguaio
- Uzbekistán - Som uzbeko[10]
- Vanuatu - Vatu
- Vaticano - Euro
- Venezuela - Bolívar venezolano
- Vietnam - Dong vietnamita
- Xamaica - Dólar xamaicano
- Xapón- Ien
- Xeorxia- Lari
- Xordania - Dinar xordano
- Zambia - Kwacha zambiano
Outros territorios[editar | editar a fonte]
- Abkhazia - Rublo ruso
- Akrotiri e Dhekelia - Euro
- Alderney - Libra esterlina, libra de Guernsey
- Anguila - Dólar do Caribe Oriental
- Artsakh - Dram
- Aruba- Florín de Aruba
- Illa de Ascensión- Libra esterlina
- Bermudas - Dólar bermudano
- Bonaire - Dólar estadounidense
- Illas Caimán - Dólar das Illas Caimán
- República Turca do Norte de Chipre - Lira turca
- Illas Cocos - Dólar australiano
- Illas Cook - Dólar das Illas Cook, dólar neozelandés
- Curaçao - Florín das Antillas Neerlandesas
- Illas Feroe - Coroa feroesa, coroa dinamarquesa
- Guam - Dólar estadounidense
- Guernsey - Libra de Guernsey, libra esterlina
- Hong Kong - Dólar de Hong Kong
- Illa de Jersey - Libra de Jersey
- Kosovo - Euro
- Macau - Pataca
- Illas Malvinas - Libra malvinense
- Illa de Man - Libra manesa, libra esterlina
- Illas Marianas do Norte - Dólar estadounidense
- Illa Montserrat - Dólar do Caribe Oriental
- Niue - Dólar neozelandés
- Nova Caledonia - Franco CFP
- Osetia do Sur - Rublo ruso
- Palestina - Novo shekel, dinar xordano
- Illas Pitcairn - Dólar neozelandés
- Polinesia Francesa - Franco CFP
- Porto Rico - Dólar estadounidense
- Saba - Dólar estadounidense
- Sáhara Occidental - Dinar alxeriano, ouguiya, dirham marroquí, peseta saharauí
- San Eustaquio - Dólar estadounidense
- Santa Helena - Libra de Santa Helena
- Sint Maarten - Florín das Antillas Neerlandesas
- Somalilandia - Xilin somalí
- Taiwán - Novo dólar taiwanés
- Territorio Británico do Océano Índico - Dólar estadounidense
- Transnistria - Rublo transnistriano
- Tristan da Cunha - Libra de Santa Helena
- Illas Turcas e Caicos - Dólar estadounidense
- Illas Virxes Británicas - Dólar estadounidense
- Illas Virxes Estadounidenses - Dólar estadounidense
- Wallis e Futuna - Franco CFP
- Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur - Libra esterlina
- Xibraltar - Libra xibraltareña
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Rodríguez-Flores, Carlos (9 de novembro de 2015). "Los cambios de moneda en la Edad Media" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2019. Consultado o 21 de marzo de 2019.
- ↑ García Ruiz 1992, p. 58
- ↑ García Ruiz 1992, p. 59
- ↑ García Ruiz 1992, p. 60
- ↑ García Ruiz 1992, p. 67
- ↑ García Ruiz 1992, p. 69
- ↑ (Varela Parache 1968, p. 87)
- ↑ García Ruiz 1992, pp. 69-70
- ↑ Varela Parache 1968, p. 92
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Dosil López, Benxamín; Riveiro Costa, Xesús (2004). Galinova Editorial, ed. Dicionario de ortografía da lingua galega. ISBN 84-9737-040-6.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moeda ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Varela Parache, Manuel (1968). "El oro en el sistema de Bretton Woods". Revista de economía política (en castelán) (50): 85–113. ISSN 0034-8058. Archived from the original on 14 de agosto de 2020. Consultado o 26 de abril de 2019.
- Viales Hurtado, Ronny José (agosto de 2008). "La evolución histórica de la moneda y de los sistemas monetarios. Bases conceptuales para estudiar la historia monetaria de Costa Rica del siglo XVI a la década de 1930". Diálogos. Revista Electrónica de Historia (San Pedro de Montes de Oca (Costa Rica): Universidad de Costa Rica) 9 (2): 267–291. ISSN 1409-469X. Archived from the original on 23 de abril de 2019. Consultado o 23 de abril de 2019.
- Vázquez de Prada, Valentín (1999). Historia Económica Mundial. Pamplona: EUNSA. p. 412. ISBN 9788431316679.
- García Ruiz, José Luis (1992). "Patrón oro, banca y crisis (1875-1936). Una revisión desde la historia económica". Cuadernos de estudios empresariales (en castelán) (2): 57–86. ISSN 1131-6985.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Coleccionismo de moeda
- Historia da moeda en Galicia
- Moeda cuñada en Galicia
- Moeda da Antiga Roma
- Moeda da Antiga Grecia
- Moeda grega da Península Itálica e Sicilia
- Peto (recipiente)