Rif

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación do Rif.

O Rif (en árabe: الريف; en bérber: Arif) é unha rexión montañosa do norte de Marrocos, na costa do mar Mediterráneo, entre as cidades de Tetuán e Nador. Era unha das cinco divisións administrativad nas que se dividía o Protectorado Español de Marrocos, con capital en Al-Hoceima (antiga Villa Sanjurjo).

Trátase dunha rexión tradicionalmente illada e desfavorecida. Os seus habitantes son bérberes, e o idioma materno da maioría da poboación é o rifeño ou tarifit, aínda que a maioría tamén fala o árabe, que é a lingua oficial. As principais linguas estranxeiras son o castelán e o francés.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]