Comunidade autónoma
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
| Comunidade autónoma | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||
Unha comunidade autónoma é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do Estado español, está dotada de certa autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.
Características
[editar | editar a fonte]A estrutura do Estado Español en Comunidades Autónomas recóllese na Constitución española de 1978. O artigo 2 recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que compoñen o Estado. Esta disposición baséase na premisa da unidade indisoluble do estado español, que aparece citada como patria común de todos os españois. Non obstante, dende diversos sectores nacionalistas[1] ou de esquerdas[2] este segundo artigo constitucional é presentando coma un punto excluínte e de discordia ao negar o dereito de autodeterminación aos pobos que a día de hoxe están baixo a tutela do Estado, tendo especial relevancia aqueles considerados nacións.
O texto da Constitución establece os poderes que poden ser asumidos polas Comunidades Autónomas e aqueles que só se lle poden atribuír ó Estado.
A división política e administrativa de España ten a forma de 17 comunidades autónomas, ademais de Ceuta e Melilla, cuns estatutos de autonomía que lles outorgan o rango de Cidades autónomas.
A promulgación da Constitución Española de 1978, que recolle o dereito de autonomía das nacionalidades e rexións que compoñen o estado español, supuxo un cambio total con respecto ao réxime anterior, que se baseaba en plans centralizados tradicionais. Isto daba resposta a un problema que xa xurdira repetidamente na historia de España como resultado das diferentes identidades sobre as que se construíu a unidade do estado español. Unha parte significativa da povoación nega aínda hoxe que concorde con esta unidade do estado español mentres non se recoñeza totalmente a existencia de soberanía nacional das nacións do estado minorizadas.
Tras a ratificación da Constitución Española, e como resultado da posta en funcionamento dos principios contidos no Título VIII, no curso duns poucos anos completouse o proceso de instauración das 17 Comunidades Autónomas e foron aprobados os seus estatutos. Foron tamén dotadas do seu propio órgano de goberno e institucións representativas.
Comunidades Autónomas de España
[editar | editar a fonte]
As dúas cidades autónomas son:
Comunidades autónomas por superficie
[editar | editar a fonte]Lista de comunidades autónomas españolas ordenadas por superficie.
| Lugar | Nome | Superficie en Km² |
Porcentaxe |
|---|---|---|---|
| 1 | Castela e León | 94.223 | 18,6% |
| 2 | Andalucía | 87.268 | 17,2% |
| 3 | Castela-A Mancha | 79.463 | 15,7% |
| 4 | Aragón | 47.719 | 9,4% |
| 5 | Estremadura | 41.634 | 8,2% |
| 6 | Cataluña | 32.114 | 6,3% |
| 7 | Galicia | 29.574 | 5,8% |
| 8 | Comunidade Valenciana | 23.255 | 4,6% |
| 9 | Rexión de Murcia | 11.313 | 2,2% |
| 10 | Principado de Asturias | 10.604 | 2,1% |
| 11 | Navarra | 10.391 | 2,1% |
| 12 | Comunidade de Madrid | 8.028 | 1,6% |
| 13 | Illas Canarias | 7.447 | 1,5% |
| 14 | País Vasco | 7.234 | 1,4% |
| 15 | Cantabria | 5.321 | 1 % |
| 16 | A Rioxa | 5.045 | 1,0% |
| 17 | Illas Baleares | 4.992 | 1 % |
| 18 | Ceuta | 19 | 0 % |
| 19 | Melilla | 12 | 0 % |
| T o t a l | 505.988 | 100% | |
Comunidades autónomas por poboación
[editar | editar a fonte]Lista de comunidades autónomas españolas ordenadas por poboación (datos do padrón municipal de habitantes, INE á data 01/01/2025).
| Lugar | Nome | Poboación | Porcentaxe | Densidade |
|---|---|---|---|---|
| 1 | Andalucía | 8 676 713 | 17,66 % | 99,43 hab./km² |
| 2 | Cataluña | 8 124 126 | 16,54 % | 252,98 hab./km² |
| 3 | Comunidade de Madrid | 7 113 886 | 14,48% | 886,13 hab./km² |
| 4 | Comunidade Valenciana | 5 425 182 | 11,04 % | 233,29 hab./km² |
| 5 | Galicia | 2 714 741 | 5,53 % | 91,79 hab./km² |
| 6 | Castela e León | 2 401 221 | 4,89 % | 25,48 hab./km² |
| 7 | País Vasco | 2 242 343 | 4,56 % | 309,97 hab./km² |
| 8 | Illas Canarias | 2 258 866 | 4,60 % | 303,33 hab./km² |
| 9 | Castela-A Mancha | 2 126 378 | 4,33 % | 26,76 hab./km² |
| 10 | Rexión de Murcia | 1 586 989 | 3,23 % | 140,28 hab./km² |
| 11 | Aragón | 1 364 621 | 2,78 % | 28,60 hab./km² |
| 12 | Illas Baleares | 1 249 844 | 2,54 % | 250,37 hab./km² |
| 13 | Estremadura | 1 053 345 | 2,14 % | 25,30 hab./km² |
| 14 | Principado de Asturias | 1 015 128 | 2,07 % | 95,73 hab./km² |
| 15 | Navarra | 683.854 | 1,39 % | 65,81 hab./km² |
| 16 | Cantabria | 593.623 | 1,21 % | 111,56 hab./km² |
| 17 | A Rioxa | 326.803 | 0,67 % | 64,78 hab./km² |
| 18 | Ceuta | 83.587 | 0,17 % | 4.398,26 hab./km² |
| 19 | Melilla | 87.067 | 0,18 % | 7.255,58 hab./km² |
| T o t a l | 49 128 297 | 100 % | 97.09 hab/km² | |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O PNV advirte que a unidade non se impón
- ↑ "A anomalía democrática da constitución española" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09/06/2019. Consultado o 21/06/2009.