Cala Galdana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 39°56′17.8″N 3°57′35.7″L / 39.938278, -3.959917

Cala Galdana

Cala Galdana ou Cala Santa Galdana é unha praia semicircular e rodeada de piñeiros situada no sur da illa de Menorca, a 7 km da localidade de Ferreries.[1] O seu nome procede do árabe Guad-al Ana.

Nela desembocan os torrentes de Algendar e Algendaret. A cala e o torrente de Algendar pertencen ao concello de Ferreries, e a urbanización de Serpentona, situada ao outro lado do torrente, ao termo municipal de Ciutadella. Preto da cala atópase o barranco de Algendar.

A praia conta dende outubro de 2008 cun Sistema de Xestión Ambiental certificado segundo a norma UNE ISO 14001:2004, para a xestión municipal da praia de Cala Galdana.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [hhttps://www.platgesdebalears.com/ca/playa/cala-galdana "Informació de platges"]. platgesdebalears.com. Consultado o 26 de agosto de 2021. 
  2. Cala Galdana Ajuntament de Ferreries

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]